Novas

Novas

XUNTANZA PROXECTO ARCE

Premendo nas seguintes imaxes, verás unha reportaxe sobre todo o que aconteceu esta fin de semana de xuntanza ARCE: realización dun maio, saúdo do Ilmo Sr. Alcalde e a Concelleira de Educación,  visita pola ría de Vigo, paseo polas rúas de Santiago e navegando pola ría de Arousa.

 

BENVIDA NO COLEXIO COÑECENDO O ENTORNO

 

Máis información no Lar de frianciño

BENVIDAS/OS Á XUNTANZA DO PROXECTO ARCE

O proxecto Arce "Un bosque para leer e navegar" está chegando ó seu fin, con tal motivo, mestras dos colexios agrupados (Joan Rebull, Reus; El Llano, Gijón; El Jardín de arena, Alcázar de SanJuan) chegaron o xoves 10 de maio a nosa cidade. 

 

O venres  recibímolas no noso colexio. Presentámonos todos e todas, visitaron as aulas do noso centro, estivemos a preparar a memoria deste proxecto tan fructífero e  á unha entre todos e todas  fixémoslle un recibimiento  moi especial,  na que estivo presente o Ilmo. Sr. Alcalde de Vigo acompañado da Concelleira de Educación encargados xunto coa nosa directora de dar a benvida  ás nosas convidadas.

Para este momento, a Anpa, da man de María Alonso,  preparou a construción dun maio e a composición dunhas coplas, que fixeron as delicias de todos/as os presentes. Despois todos xuntos/as entoamos a canción: O verde mola!

Rematamos o acto cun  intercambio de agasallos.

A continuación podes ver unhas fotos dos mellores momentos:

No seguinte vídeo podedes escoitar as coplas dos maios:

 

MOITAS GRAZAS, A TODOS E TODAS, OS QUE FIXERON POSIBLE UN DÍA TAN ESPECIAL!

CANCIÓN O VERDE MOLA

REPASA A CANCIÓN "O VERDE MOLA"

Deixámoste un enlace ao blog da nosa Biblioteca (preme na imaxe)

ÁRBORE

XA CHEGA O NADAL

Imos a coñecer un símbolo natural  do Nadal: a flor de Pascua ou Ponsettia

Por estas datas moitos motivos comezan a engalanar as nosas casas, coles, rúas, escaparates... Desde a agrupación Arce e co gallo do noso proxecto "Un bosque para ler e nevegar" imos traballar os elementos naturais do Nadal, máis en concreto a Flor de Pascua ou Ponsettia coñecida por todos e todas. Pero sabes de onde procede e como chegou ata as nosas casas?

 

A continuación tedes unha escolma de enlaces, para coñecer en profundidade a flor de Pascua ou Ponsettia

 

INFORMACIÓN 


invernadero

 

 

Coidados e cultivo da planta

adorno

 

 

Lendas e símbolos do Nadal

flor de pascua

 

 

 

A flor de Pascua ou estrela de Nadal

oleo

 

 

Pinta on-line unha flor de pascua

 

Despois de ter lido os anterios enlaces  seguro que xa saberás porque a Flor de Pascua tamén enche as nosas rúas, casas...polo Nadal

Agora terás que desmostrar todo o que sabes nas seguintes actividades interactivas. (PREME NO DEBUXO)

  • Recomendadas para infantil e 1º ciclo de primaria

lim flor de pascua

 

  • Recomendadas para o 2º e 3º ciclo de primaria

 

flor depascua

 

DECORANDO A NOSA FLOR EN FAMILIA

FLOR PARA DECORAR

 

Seguro que tes moitas e boas ideas para facer a vosa flor de pascua en familia. Sempre nos sorprendedes agradablemente  cos vosos traballos, e esta ano non será menos, estamos seguros. De todas maneiras deixámosvos aquí uns exemplos para queles que necesiten inspiración:

MANUALIDAD

FLOR DE PASCUA FLOR DE PASCUA
PAPEL DE SEDA CART0LINA(PREME NA IMAXE)
FIELTRO
FLOT CON BOTELLA FAROLILLO BROCHES
BOTELLA DE PLÁSTICO (PREME NA IMAXE)
PLÁSTICO CARTOLINA (PREME NA IMAXE)
 FLORES DE FIELTRO  FLOR  FLOR DE FIELTRO
TEA CARTOLINA FIELTRO
FLOR DE PAPEL FLOR FLOR DE PAPEL
PAPEL TEA PAPEL
CLIP FLOR DE MANOS  CORONA
TEA (PREME NA IMAXE)
PAPEL PLÁSTICO
FILIGRANA ORIGAMI CROCHÉ
 PAPEL FILIGRANA
 PAPEL  LA

2ª XUNTANZA PROXECTO ARCE

O 31 de marzo do 2011, partimos cara ás Terras da Mancha, o motivo a 2ª xuntanza do proxecto Arce, Agrupaciones Escolares, do que formamos parte, co proxecto "Un bosque para leer e navegar". Esta vez o lugar de encontro foi Alcázar de San Juan, na provincia de Ciudad Real. O colexio anfitrión foi "Jardín de Arena",por certo... anfitrións perfectos.

Nesta xuntanza fixemos balance do traballado realizado ata o momento, tamén aproveitamos para  organizar o que faremos o vindeiro trimestre e sobre todo preparar a viaxe que farán os nenos e nenas de sexto o curso vindeiro á cidade de Reus.

Só estivemos tres días, pero  foi tan intenso o alí vivido que dificilmente o esqueceremos. Deixámosvos unhas imaxes da nosa estancia no colexio Jardín de Arena de Alcázar de  San Juan. Podedes ver como fomos recibidos, distintas estancias do colexio...


Durante a sesión de traballo houbo unha roda de prensa, na que fomos entrevistados por distintas prensa locais e radio. No seguinte enlace podedes ter acceso as novas escritas:

Enlace aos xornais

Powered by Drupal - Design by artinet