Visita ao Parlamento de Galicia

O Departamento de Economía asistiu este xoves co alumnado de 4º de ESO do IES do Milladoiro a unha visita guiada ó Parlamento de Galicia.

Os alumnos/as coñeceron de primeira man a historia deste edificio e dos valores democráticos que representa, así coma as tres funcións que se desenvolven nel: lexislativa, electiva e de control.

Tamén tiveron a oportunidade de contemplar as numerosas obras de arte que se atopan nos diferentes espazos do edificio, para rematar a visita cunha simulación de debate entre os representantes das tres clases que asistiron.

 

Xornada Coloquio de Orientación Vocacional. dirixida ao alumnado de 4º ESO

O 2  de maio desenvolveuse no salón de actos do IES do Milladoiro unha xornada-coloquio de orientación vocacional, organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 4º ESO., contando con colaboración de nais e pais de alumnado, De maneira xenerosa, participaron  distintos profesionais que  compartiron  a súa perspectiva do mundo laboral e a proxección de carreira persoal en diferentes ámbitos

 

A actividade desenvolveuse baixo un programa no que se desenvolveron as seguintes actividades:

  • 16:30h. Breve charla sobre itinerarios conducentes a estudos universitarios. desenvolvida por Pablo Taboada Antelo, doutor en Física da  USC. e que xirou  sobre a formación na universidade e oferta formativa da USC. Vinculacións estudos
  •  17:00h. Mesa coloquio: na que participaron convidados con formación en distintas áreas de coñecemento, e que falaron desde a súa experiencia persoal sobre os estudos que os levaron ás profesións que exercen; a relación coas expectativas que tiñan; se foi a súa primeira opción ou unha alternativa; formas diversas de chegar a postos como o seu ou outros relacionados co seu traballo. De maneira que poida ser inspirador e orientador para o alumnado na súa próxima toma de decisións e comezo de proxecto de carreira persoal.
  •  17:30 h. Conversa co alumnado. Momento no que os alumnos e alumnas fixeron as súas preguntas e compartiron  inquedanzas cos convidados

 

Convidados mesa redonda:

  • Francisco Vilar: traballa na empresa NTT Managed en soporte de aplicacións empresariais Microsoft e estudou FP-Informática de Xestión. (Pai de dous alumnos do centro). INFORMÁTICA
  •  Ana Portals Caamaño: cociñeira e propietaria do restaurante Solleiros. HOSTELERÍA.- Traxectoria profesional neste sector e formación
  •  Javier Rivas Varela: estudou na Escola Mestre Mateo e traballou no eido das artes plásticas. Logo decidiu orientar a súa profesión cara ao mundo da tatuaxe, ten un negocio no Milladoiro. ARTES PLÁSTICAS
  •  Rosa Pais Lago: Licenciada, estudou Ciencias Económicas e dirixe Empresa e negocio de Xestión en Bertamiráns. ECONOMÍA - empresa
  •  Susana García Ducros. Filóloga, ten unha empresa de tradución propia. TRADUCIÓN. HUMANIDADES
  •  A moderación e dinamización do coloquio correu a cargo de Emma Araújo, xornalista de La Voz de Galicia

 

II Olimpiada Xeográfica Junior de Galicia

Celebrouse a II Olimpiada Xeográfica Junior de Galicia na Facultade de Xeografía e Historia da USC, na que tivo lugar a participación do noso centro. Velaeiqui tedes algunhas imaxes de esa participación.

Delas Fest

O alumnado de 3º ESO estivo na Casa da Cultura para coñecer o Festival Feminista de Arte Urbana e Contextual, Delas fest, desenvolvido por 7H Cooperativa Cultural. Trátase do primeiro festival de arte urbano con perspectiva de xénero de Europa, no que se inclúen distintas accións como obradoiros. encontros, realización de murais... Unha interesante actividade que de deu a coñecer á repazada do noso centro

Euterpe, terceiro posto na Gala Final Quero Cantar 2023

Noraboa a Euterpe polo seu sensacional éxito na Gala Final "Quero Cantar" que se desenvolveu hoxe, 23 de abril de 2023, no Teatro Colón da Coruña. ontendo o terceiro posto no certame.

 

O IES do Milladoiro consegue o primeiro premio na fase comarcal do Club de debate

Participamos este venres 21 de abril na fase comarcal do Club de debate organizado polos Servizos de Normalización Lingüística de varios concellos galegos celebrada este ano en Teo.

 

Desde o IES do Milladoiro acudiron dous grupos: Xente que fala (composto por Diego Madarnás, Javier Conde, Andrea Caramés, Sara Antón , Mario Campos, e Óscar Pin) e Debáteme esta! formado por Clara Barral, Sara Rey, Emma Medina, Xiana Cambeiro, Martina Bretaña, Iago Varela, Anthony Rivera, Brayan Colina e Carmen Fandiño

 

O equipo Xente que fala tivo que debater co IES de Bertamiráns defendendo a postura a favor do tema do debate “Somos menos sociais coas redes sociais?” e co IES Eduardo Pondal de Santiago defendendo a postura en contra. O equipo Debáteme esta tivo que defender a postura a favor diante do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro e a postura en contra diante do CPI dos Dices de Rois.

 

Os gañadores da primeira xornada da primeira fase foron: Xente que fala (IES do Milladoiro) que conseguiu o primeiro premio, Ames a palabra (IES de Ames-Bertamiráns) que acadou o segundo premio e o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón que conseguiu o terceiro premio.

 

Estes tres equipos, xunto cos tres que pasen na segunda xornada comarcal que se vai celebrar o vindeiro luns, irán á fase final galega que se vai celebrar a principios de xuño.

Faladoiro con Juan Manuel Montilla (El Langui)

Hoxe o alumnado de valores de terceiro da ESO do noso IES tivo a sorte de escoitar, sentir e interiorizar toda a enerxía que desprendeu Juan Manuel Montilla (Langui). Un faladoiro emotivo e directo para achegarnos á convivencia positiva desde unha perspectiva moi persoal.
 
 
 
 
As vivencias narradas por este artista multidisciplinar fixeron que o noso alumnado ficara moi feliz e reflexivo ao rematar a súa exposición. Que non nos digan que non podemos
Obrigado mestre
 
 
 

Kahoot da Historia das Matemáticas

O alumnado de 1º e 2º ESO tivo oportunidade de participar no kahoot da historia das matemáticas o pasado venres 31 de marzo. Desde 15 días antes o alumnado tiña unhas fichas para resolver posibles preguntas cuxas respostas se atopaban na exposición da Historia das matemáticas que organizou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega durante o mes de marzo, mes das matemáticas.

O concurso estivo entretido e o alumnado participou activamente. Déronselle premios ás tres parellas que obtiveron máis puntuación, pero quedaron a pouca distancia varios dos seguintes clasificados. Noraboa para o alumnado gañador  e moitas grazas a todos e a todas as  participantes.

O primeiro premio foi para Sarah Uriona Vázquez e  Xiana Martina Alonso Castro de 2ºESO B

O segundo recibírono Yago Bouzas Durán e Miguel Franco González de  1ºESO D

e o terceiro  para Alicia Abelenda Pazos e Zoe Camila Alonso Castro de 2ºESO D

ESPAZOS PARA A REFLEXIÓN. CURSO 2022-2023

XORNADA INFORMATIVA SOBRE TDAH

PRESENTACIÓN IES DO MILLADOIRO. FUNDACIÓN INGADA

FUNDACIÓN INGADA

PROTOCOLO DE CONSENSO SOBRE TDAH NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA NO ÁMBITO EDUCATIVO E SANITARIO

 

XESTIÓN DE CONFLITOS E OS CAMIÑOS DA SEXUALIDADE

 

APROXIMACIÓN Á XESTIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS 

OS CAMIÑOS DA SEXUALIDADE

 

NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO.CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADE

 

 

CIBERSEGURIDADE.CONSELLOS PARA AS FAMILIAS


 

PRESENTACIÓN CONFERENCIA DE CIBERSEGURIDADE

POR UNA RED MÁS SEGURA INFORMANDO Y EDUCANDO

 

GUÍAS

GUÍA DE CIBERSEGURIDAD PARA TODOS

PASOS PARA EVITAR EL CIBERBULLYING

APRENDER A CONVIVIR CON LAS PANTALLAS

PASOS PARA EVITAR LA ADICCIÓN A LOS VIDEOJUEGOS

CONTROLES PARENTALES

MEDIACIÓN PARENTAL EN INTERNET: ITINERARIO

PRIVACIDAD Y SEGURIDAD EN INTERNET

PUBLICIDAD VERSIÓN PADRES

GUÍA SOBRE ADOLESCENCIA Y SEXTING: QUÉ ES Y CÓMO PREVENIRLO

ESQUEMA SEXTING

USO SEGURO DE JUGUETES CONECTADOS

MEDIACIÓN PARENTAL PARA EL USO RESPONSABLE DE INTERNET

SEGURIDAD EN REDES SOCIALES PARA FAMILIAS

PACTO FAMILIAR: COMPARTIR DISPOSITIVOS

PACTO FAMILIAR: MÓVIL

PACTO FAMILIAR: REDES SOCIALES

PACTO FAMILIAR: VIDEOCONSOLAS

PACTO FAMILIAR: TABLET

 

PROGRAMA DE JORNADAS ESCOLARES: GUIONES

 CIBERACOSO

CONTENIDOS INAPROPIADOS

PRESENTACIÓN FAMILIAS

MEDIACIÓN PARENTAL

NETIQUETA

PRIVACIDAD

USO EXCESIVO DE LAS TIC

USO SEGURO DE LAS TIC

VIRUS

 

 JORNADAS ESCOLARES: UNIDADES DIDÁCTICAS

CIBERACOSO

CONTENIDOS INAPROPIADOS

NETIQUETA

PRIVACIDAD

USO EXCESIVO DE LAS TIC

USO SEGURO DE LAS TIC

VIRUS

 

 

 

 

 

 

 

Preparación do grupo Euterpe para a Gala "Quero Cantar"

Hoxe fixemos sesión  promocional do grupo Euterpe. O video realizado será empregado para a presentación da súa actuación na Gala Final deo certame "Quero Cantar". Será  o próximo domingo, 23 de abril, ás 17:30 h no Teatro Colón da Coruña

Parabens para toda a rapazada pola seu esforzo e creatividade. E elmbrade que coma di a canción: "Con zocos córrese máis"

 

 

Saída didáctica a Portugal

O pasado martes 28 de marzo o alumnado de portugués de 1º ESO participou na saída didáctica a Portugal para poñer en  práctica o aprendido. Visitaron a Fábrica de Chocolate en Viana do Castelo,  onde recibiron as explicacións das guías, información que tiveron que trasladar ao seu caderno de campo. Logo subiron ata Santa Lucía, comeron no centro comercial de Viana e pola tarde foron a Braga onde realizaron un percorrido didáctico polo centro histórico.

"Ao son da paisaxe" replantamos árbores

 
O pasado xoves 23 de marzo realizamos unha nova actuación dentro do proxecto "Ao son da paisaxe", levando a cabo a replantación dunhas árbores que secaran na zona que fora plantada durante o curso 21-22.
 
 
Coa xenerosa colaboración da aula da natureza, de novo, conseguimos as árbores e mais a axuda na replantación. A actividade ía desenvolverse integramente no patio, pero por mor da chuvia houbo que reducción o tempo de estancia no exterior.
 
 
Nun primeiro memento as alumnas do Equipo de dinamización de 2º ESO, encargadas da xestión do proxecto, explicáronlles no corredor da entrada aos alumnos e alumnas de 1º ESO D como se desenvolvera a actividade o curso pasado e mais cales eran os seus obxectivos. Aproveitaron tamén ese espazo para facerlle unha entrevista ao persoal da aula da natureza que acudiu ao centro, co que xa enlazaron a explicarlle á rapazada de 1º ESO o necesario para que logo se axilizase a práctica, que non resultou doada debido ás adversas condicións metereolóxicas. Con todo, o noso alumnado implicouse a fondo na tarefa e deixaron ben chantados os carballos, castiñeiros e érbedos que faltaban.
 
 

Viaxe a Italia

Finaliza a viaxe a Italia do alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO, no que foi un amplo periplo comprendido entre o Lazio e a Lombardia. Foron sete días intensos de coñecemento dunha ampla parte do país transalpino

En Roma, o alumnado coñeceu impoñentes xoias arquitectónicas como o Panteón de Agripa, o Coliseo ou o impresionante conxunto urbanísitco que se desenvolve en torno á Vía dil Corso. Houbo ocasión tamén de admirar o máis representativo do legado artístico e histórico que se conserva na cidade do Vaticano. Dende as orillas do Tiber, a viaxe continuó cara o norte, hacia á Toscana, podendo facer parada en Asis e Siena.

En Florencia o alumando paseou en torno aos grandes símbolos do Quatroccento: il Duomo, coroado pola impresionante cúpula de Brunelleschi, á Piazza dellla Signoria, en tono á Galería Uffizi, a Ponte Vecchio... E dende a cidade do río Arno á dos Canais, Venecia, onde se visitou San Marcos e as súas evocadoras pontes como Rialto ou Os Suspiros.

En definitiva, sete días inolvidables de viaxe na búsqueda do coñecemento nunha terra que marcou as orixes e a Historia de Europa.

 

Programa "Entrevistas con Diego": Bernardo Penabade

"Temos que facer unha escola transformadora!"

Bernardo Penabade foi entrevistado por Diego Madarnás para falar dos proxectos que este profesor e dinamizador deseñou e puxo en marcha, desde hai anos, con moito éxito.

Se alguén quere saber sobre o Modelo Burela, o proxecto Neo e moitas máis cuestións de interese, porque "Burela e O Milladoiro teñen moitísimos puntos en común", segundo Penabade, este é o episodio que non debedes perder. 

Escoitade a entrevista completa para saber das propostas de intervención educativa que nos recomenda e do reto que lle lanza a Diego.

Radio teatro: O merlo branco

 Héctor Pin, Miguel Franco e Mateo Campos, alumnos de 1º ESO, estreáronse na radio facendo teatro lido. Escolleron, para comezar, a obra "O merlo branco", de Cándido Pazó. Aquí vos deixan a dramatización da primeira parte.

Na parte técnica tiveron a Gael Rodríguez (1º ESO) e Hugo Mateos (4º ESO), coa colaboración de  Erik Cadavid (3º ESO).

Homenaxeamos a Rosalía no IES: Concurso de recitado

O pasado martes 28 de marzo tivo lugar o concurso de recitado para 1º e 2º ESO.

Entregáronse os premios ás galardoadas este venres.

 

Participamos na Gala de Rosalía que organizou o concello de Ames

O noso IES participou, o pasado sábado 25 de febreiro,  na Gala de Rosalía que organizou o concello, coas seguintes actuacións:

Saínza Ruíz recitou "Eu ben vin estar o moucho" Claudia, Sara, Lena e Antía interpretaron as coplas que elas mesmas compuxeron: María Iglesias e mais Dora Iglesias interpetaron "Negra sombra"

A poeta e profesora do IES, Lara Rozados, recitou "Tecín soia a miña tea"

Programa especial para Radio Voz

O pasado 16 de febreiro viñeron dúas persoas de Radio Voz darnos unha breve charla e mais gravarnos un programa, que nós deseñamos e organizamos, para emitiren na súa radio.

Diego Madarnás conduciu o programa entrevistando a case todos os compañeiros e compañeiras que están a participar no MillaFalaDoiro.

Emítese mañá xoves 2 de marzo ás 16 horas en Radio Voz.

 

Homenaxeamos a Rosalía no IES: Faladoiro con María López Sández

María López Sández estivo no noso centro o pasado martes 28 de febreiro para pechar os actos que o EDLG desenvolveu en homenaxe a Rosalía. A profesora da USC desenvolveu un relatorio baixo o título "Rosalía ao son da paisaxe",  conectado co proxecto do mesmo nome ("Ao son da paisaxe") que estamos a desenvolver no Equipo de dinamización desde o curso pasado. A autora do Herbario de Rosalía fixo un percorrido pola intención de Rosalía en relación á paisaxe galega e presentoulle ao alumnado de 3º ESO o herbario elaborado a raíz da súa obra.

 Foi presentada aos seus compañeiros por Erik Cadavid, quen deu a coñecer tanto as súas obras ensaísticas como as súas novelas, das que temos exemplares na biblioteca. María L. Sández vai ler o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega o próximo 11 de marzo baixo o título: Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego.

Pechamos as xornadas dedicadas a Rosalía co enlace ao proxecto Ao son do paisaxe, plantando unhas roseiras cedidas pola Aula da natureza, xa que estas plantas, igual ca os pensamentos cos que decoramos o espazo Rosalía,  eran as preferidas da autora.

Homenaxeamos a Rosalía no IES: lecturas da obra

O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, unha das nosas autoras máis significativas. Tal e como anunciamos, desde o EDLG estivemos a organizar actividades para esa comemoración.

Entre o 23 e o 28 de febreiro durante os recreos, realizáronse as lecturas da obra de Rosalía no espazo que lle dedicamos á autora no corredor do 1º andar. O seguinte vídeo recolle a participación de gran parte da comunidade educativa.

 

 

IX Feira de Minerais de Santiago de Compostela

Este xoves 2 de marzo o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato asisitiu a varias das actividades ofertadas na IX Feira de Minerais de Santiago de Compostela en Área Central. Comezamos escoitando unha charla sobre "Minería espacial" impartida por María Araújo Fernández, profesora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía de Vigo. A continuación, realizamos un obradoiro de Identificación de minerais, impartido tamén pola Escola de Minas, e para rematar, outro obradoiro sobre Mineraloxía impartido polo Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego. Tamén tivemos tempo para observar os espectaculares exemplares de minerais e fósiles expostos nos postos de mercado da feira."

Convivencia dos Equipos A do Xelmírez I e o IES do Milladoiro

O martes, 28 de febreiro, desenvolveuse no noso centro o primeiro encontro dos Equipos de Axuda do IES Xelmírez I e os do noso centro.. Da man de Brais e as súas dinámicas, o alumnado e os docentes do centro compostelán nos ensinaron a súa experinecia de este modelo de axuda entre iguais, que acaba de iniciar a súa andaina no noso centro e que xa leva varios anos no Xelmírez I, onde o modelo de alumnado disposto a axudar ao seu grupo deu paso a presenza de alumnos cibermentores e medidadores. 

Grazas ao alumnado e profesorado do Xelmírez I por acudir ao noso centro e ensinarnos todo o que levan feito nun proxecto no que nos iniciamos os primeiros pasos

Ao son da paisaxe: María López Sández

MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ NO IES DO MILLADOIRO

Actividades arredor do Día de Rosalía

Volvemos do Entroido xusto o xoves 23 de febreiro, Día de Rosalía, momento en que comezan as actividades de homenaxe dunha escritora que tivo relación co noso concello. Así, durante os recreos desde o xoves 23 ao martes 28 vanse realizar lecturas da súa obra por parte de toda a comunidade educativa. Se non tes elixido un poema, desde o EDLG temos á disposición.

O martes 28 vaise celebrar o concurso de recitado (ver bases), ao que aínda vos podedes anotar, e ese mesmo día vai achegarse ao centro María López Sández para falarlle á rapazada de 3º ESO sobre a presenza da flora na súa obra, tal e como estudou para o seu recente libro: O herbario de Rosalía.

 Ademais destas actividades de lectura e recitado abertas á comunidade educativa en xeral,  vanse realizar outras, como a plantación de máis árbores de Rosalía, acción que comezou o curso pasado, así como a colocación dunhas roseiras na entrada do IES. Mais disto xa daremos conta no seu momento.

O entroido intercultural do IES do Milladoiro

Celebrouse o entroido intercultural no noso centro, con gran éxito e colaboración da nosa comunidade educativa e o noso entorno. O seu propósito foi mostrar o que nos define e enorgullece como centro: a nosa riqueza e diversidade cultural e o desexo de desenvolver con ela un modelo de convivencia positiva. Velaquí tedes algunhas imaxes dunha xornada que foi inolvidable

O Entroido Intercultural nos medios

Diferentes medios de comunicación recolleron as actividades desenvolvidas no Entroido Intercultural do IES do Milladoiro. Amosamos, seguidamente, as ligazóna a eses medios:

El Correo Gallego

Cadena COPE

AMSGO!

 

Programa "Entrevistas con Diego": María Iglesias

Diego Madarnás entrevistou desta vez á súa compañeira de clase, María Iglesias Bermúdez, estudante de 4º ESO e gañadora do Canta con Ames 2022, categoría xuvenil (ver vídeo da actución).

 

Novo programa no MillaFalaDoiro: Os cuartos de atrás

Bota a andar o novo programa dirixido por Carlota Ageitos e Yago Bouzas. Chámase "Os cuartos de atrás" (Backrooms) e xa gravaron dous episodios.

No primeiro episodio fan a presentación do programa:

 

E agora non perdades o segundo episodio:

Viaxe a Andorra

Estase a desenvolver nesta semana a viaxe escolar a Andorra, organizada por vicedirección e dirixida ao alumnado de 4º da ESO. As actividades deportivas de esquí desenvolvéronse en Grandvalira, un dos principais complexos dedicados a este deporte nos Pirineos, con máis de 300 km esquiables. O alumnado aproveitou tamén a viaxe para visitar e desfrutar do centro termolúdico de Caldea, considerado na actualidade un dos balnearios de maiores dimensións de Andorra.

 

Club de Ciencia. Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Entrega de premios

"Onte, o Club de Ciencia, fixo entrega dos premios da actividade realizada o venres para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Para esta entrega tivemos unhas invitadas moi especiais, Laura Rozas e Claudia Bretaña, exalumnas do centro que actuaron como Marie Curie e Marie Lavoisier e fixeron un experimento ante todas e todos os asistentes ao acto. Moitas grazas a todo o alumnado participante e parabéns aos gañadores: Yago Bouzas, Xoel Reinaldo e Sergio Abucide. E moitas grazas a Laura e Claudia por continuar con tanta implicación co centro, coa ciencia e reivindicando o papel da Muller en tódolos ámbitos "

Distribuir contido