Actividades |
Finaliza a viaxe a Italia do alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO, no que foi un amplo periplo comprendido entre o Lazio e a Lombardia. Foron sete días intensos de coñecemento dunha ampla parte do país transalpino En Roma, o alumnado coñeceu impoñentes xoias arquitectónicas como o Panteón de Agripa, o Coliseo ou o impresionante conxunto urbanísitco que se desenvolve en torno á Vía dil Corso. Houbo ocasión tamén de admirar o máis representativo do legado artístico e histórico que se conserva na cidade do Vaticano. Dende as orillas do Tiber, a viaxe continuó cara o norte, hacia á Toscana, podendo facer parada en Asis e Siena. En Florencia o alumando paseou en torno aos grandes símbolos do Quatroccento: il Duomo, coroado pola impresionante cúpula de Brunelleschi, á Piazza dellla Signoria, en tono á Galería Uffizi, a Ponte Vecchio... E dende a cidade do río Arno á dos Canais, Venecia, onde se visitou San Marcos e as súas evocadoras pontes como Rialto ou Os Suspiros. En definitiva, sete días inolvidables de viaxe na búsqueda do coñecemento nunha terra que marcou as orixes e a Historia de Europa.
|
|||
Estase a desenvolver nesta semana a viaxe escolar a Andorra, organizada por vicedirección e dirixida ao alumnado de 4º da ESO. As actividades deportivas de esquí desenvolvéronse en Grandvalira, un dos principais complexos dedicados a este deporte nos Pirineos, con máis de 300 km esquiables. O alumnado aproveitou tamén a viaxe para visitar e desfrutar do centro termolúdico de Caldea, considerado na actualidade un dos balnearios de maiores dimensións de Andorra.
|
|||
LIGAZÓN "ESCOLAS SEN RACISMO. ESCOLAS POLA PAZ E O DESENVOLVEMENTO" TEST DE TOLERANCIA |
|||
Colaboración que o IES do Milladoiro ca FUNDACIÓN BARRIÉ que está a promover un estudio sobre “Redes Sociais, Videoxogos e Apostas entre os adolescentes galegos”, coordinado polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rial Boubeta. |
|||
No IES do Milladoiro celebramos o venres, 8 de abril, o Día Internacional do Pobo Xitano cunha celebración musical que veu precedida pola exposición de carteis conmemorativos e a lectura dun manifesto, que podedes escoitar e ver no seguinte vídeo: |
|||
PANXOLIÑA 2021/2022 |
|||
Hoxe o alumnado de Bacharelato e 3º e 4º da ESO asistiu á representación teatral de Foot, levada a cabo por Pallasos en rebeldía. Escrita polo historiador norteamericano de orixe palestina, Rasid Khalidi, Foot é un monólogo no que un futbolista palestino conta todas as dificultades polas que ten que pasar un equipo de fútbol desa terra para clasificarse para unha competición internacional, co trasfondo do longo conflito palestino-israelí. Moitas grazas á compañía de Iván Prado pola súa actuación. |
|||
Padlet é a ferramenta TIC utilizada polas profesoras Raquel Rodríguez (Matemáticas) e María Calviño (Inglés) para amosarnos a variedade culinaria das diferentes latitudes e contornos xeográficos. Se queres deixarte levar por esta proposta larpeira, podes visitar o realizado polos grupos de 2º ESO E e F, premendo nas seguintes ligazóns: |
|||
Hoxe xoves, o IES do Milladoiro realizou un pequeno acto na biblioteca do centro para congratular á nosa alumna Alba Diez Mariño, de 1º de Bacharelato A, por obter uns dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2020/2021 e convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A vicedirectora, Ana Isabel Sande, en representación do equipo directivo, fixo entrega dun diploma e un pequeno agasallo . Felicitamos a Alba por este premio e por toda a sua traxectoria académica e de apoio e defensa do alumnado a través do seu posto de representante no Consello Escolar. |
|||
O pasado 21 de maio o noso alumnado de 2º de bacharelato celebrou o seu acto de graduación; un acto atípico dadas as circunstancias, pero tamén cheo de emocións.
|
|||
Durante os días 11 e 18 de novembro tivo lugar o segundo obradoiro do proxecto Jamm-in!, "Joint Artistic Methologies for Migrants Inclusión" (Metodoloxías artísticas para a inclusión e integración de persoas migrantes). |
|||
O CiMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) e o resto de Centros Singulares da USC (CiQUS, CiTIUS e IGFAE) organizan o vindeiro sábado, 28 de novembro, a 4ª Xornada de Portas Abertas, que este ano se celebrará en formato virtual. Trátase dunha xornada de divulgación científica dirixida ao público xeral e que ofrecerá charlas en directo, visitas virtuais aos laboratorios e mesmo experimentos. Calquera persoa poderá conectarse a través da web https://cienciasingular.usc.es/ |
|||
Dende hai varios cursos o noso centro participa cun grupo de alumnos e alumnas no proxecto educativo EpDLab (Educación para o Desenvolvemento-Laboratorio), proxecto realizado grazas á participación da ONG Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e no que se traballa a educación para o desenvolvemento (racismo, xenofobia, igualdade de xénero, consumo responsable, cooperación, coidado do medio...) a través da creación de contidos multimedia. Realizaranse dous obradoiros trimestrais de 100 minutos de duración (dúas sesións lectivas). Tendo en conta a situación actual, o EpDLab continúa para o alumnado participante a través dunha aula virtual que xa empezou a funcionar o curso pasado logo do confinamento. Nesta aula os alumnos e alumnas participan no proxecto vendo vídeos, facendo actividades interactivas e creando o contido multimedia. Este curso o proxecto desenvólvese co alumnado de 2º ESO C, que hoxe, 26 de novembro, tivo o primeiro obradoiro. Pode accederse a toda a información sobre o proxecto en http://epdlab.gal/
|
|||
Hoxe, 17 de novembro, arrancou o Proxecto Jamm-in!, “Joint Artistic Methodologies for Migrants Inclusion” (Metodoloxías artísticas para a inclusión e integración de persoas migrantes). Trátase dun proxecto asociado á aprendizaxe para a innovación no ámbito da xuventude, financiado polo programa Erasmus+ da UE e desenvolvido polo Colectivo Daquíedacolá (hoxe estiveron con nós Ángela Fraga María e Brais Fernándes Álvarez). Neste arquivo pode atoparse máis información sobre o Jamm-in! O proxecto lévase a cabo co alumnado dos grupos de 3º de ESO D e E do profesor Manuel Maseda. Co seu desenvolvemento a arte é entendida como un elemento transformador que permite a achega ás intelixencias múltiples.
|
|||
Dende hai varios cursos o noso centro participa cun grupo de alumnos e alumnas no proxecto EpDLab (Educación para o Desenvolvemento-Laboratorio), proxecto realizado grazas á participación da ONG Agareso e no que se traballa a educación para o desenvolvemento (racismo, xenofobia, igualdade de xénero, consumo responsable, cooperación, coidado do medio...) a través da creación de contidos multimedia mediante aplicacións móbiles. O proxecto realízase normalmente con obradoiros mensuais presenciais de 100 minutos, pero dado que a situación actual o impide, o EpDLab continuará, para o alumnado participante (2º ESO PMAR este curso) a través dunha aula virtual. Nesta aula os alumnos e alumnas poderán participar no proxecto vendo vídeos, facendo actividades interactivas e creando o contido multimedia cos seus dispositivos desde a casa. O proxecto pode seguirse na web https://epdlab.gal/ |
|||
Hoxe, 28 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO da materia de Cultura Científica realizou unha ecoauditoría coa axuda dun membro de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). O alumnado procedeu á revisión das papeleiras dos diferentes espazos do centro (aulas, sala de profesorado, patio, despachos, corredores...) e fixo breves enquisas tanto a docentes como a membros do persoal non docente. Dos resultados desta análise, e tamén dos derivados das enquisas que ten que cubrir o alumnado participante, sairán na sesión da vindeira semana propostas que permitan a mellora do tratamento do lixo no centro. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
|
|||
O venres 21 de febreiro celebramos a festa de Entroido: o ximnasio foi o escenario elixido para que as diferentes comparsas puideran desfilar, bailar e representar o tema común (Somos iguais, somos diferentes).O acto contou con dous presentadores de excepción: María e Adán. Aínda que na fase de concurso o xurado non tivo nada fácil a súa tarefa, finalmente resultaron premiados os grupos de 1º ESO A e 2º de bacharelato B.
|
|||
O alumnado de 1º de bacharelato asistiu hoxe, 17 de febreiro, a unha representación da obra Invisibles na Casa da Cultura de Bertamiráns (actividade organizada en colaboración co Concello). Tres mulleres, Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez, deron vida a sete testemuños reais e unidos por un fío condutor: a violencia de xénero. A representación, a cargo de Redrum Teatro, está baseada na obra homónima de Montse Fajardo, quen ao final acabou por sumarse ás actrices para manter un coloquio co público asistente buscando a concienciación e a sensibilización da nosa rapazada.
|
|||
Desde hoxe, 6 de febreiro, e ata o luns 10, temos a sorte de contar no centro con membros da FSG (Fundación Secretariado Gitano) que están a dar charlas para o alumnado de 1º e 2º de ESO. Os encontros, que procuran a participación activa por parte do alumnado, están integrados no programa Promociona e teñen como finalidade dar a coñecer a historia e cultura do pobo xitano (bandeira, himno, lingua, persoeiros... ). Neste enlace pode obterse máis información sobre o labor desenvolvido pola FSG, presente nas sete grandes cidades galegas. |
|||
Por quinto curso consecutivo o IES do Milladoiro participa no proxecto EpDLab (Educación para o desenvolvemento. Laboratorio) no que o alumnado traballa contidos como igualdade, interculturalidade, consumo responsable e cooperación a través das novas tecnoloxías. Así, durante este primeiro trimestre do curso os alumnos e alumnas de 2ª E traballaron contidos como a igualdade e os roles de xénero, o racismo, a xenofobia, o uso da linguaxe en relación a estes contidos nos medios de comunicación e nas redes sociais… Tamén crearon os seus propios produtos transmedia (carteis, vídeos e memes) aprendendo a manexar app`s de edición de imaxe ou dobraxe de vídeos. Recordamos que este proxecto foi artellado pola ONG Agareso, con financiación de Cooperación Galega , e nel participan cinco centros de Galicia: o noso IES e outros catro de Bueu, Viana do Bolo, Silleda e Brión, así coma un centro educativo da República Dominicana. Podedes ver os traballos do alumnado na web do proxecto: https://epdlab.gal/institutos/ies-de-milladoiro/, e ter máis información sobre o proxecto no número 22 da revista dixital Convives.
|
|||
Hoxe, 10 de decembro, chegou ao remate o obradoiro de prácticas teatrais para fomentar a autoestima levado a cabo por membros do recoñecido grupo de teatro Chévere. O alumnado que puido gozar desta actividade (organizada pola ANPA e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade) foi o de 3º ESO D e 3º PMAR. |
|||
O martes celebramos o Magosto no instituto; á última hora da tarde alumnado, familias e profesorado compartimos castañas e conversa grazas á organización da ANPA.
|
|||
O venres, 25 de outubro, o mago Kenneth ofreceu no noso centro, e no marco do XIV Festival de Maxia de Ames, un espectáculo de maxia e humor para o alumnado de 1º de ESO. |
|||
A USC, seguindo co programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC (no que o centro viña participando), vai pór en marcha "Encontros virtuais" para os estudantes e as súas familias entre o 6 e o 8 de abril a través da web da USC. A páxina concreta estará dispoñible dende o sábado, 4 de abril, na dirección https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais. A través desta páxina o alumnado poderá atopar presentacións das titulacións, obradoiros e retos, opinións de alumnos/as sobre a titulación, concursos, unha videoconferencia para cada titulación, etc. O estudantado terá un enlace para interactuar por videoconferencia cos/as responsables da titulación para aclarar posibles dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
|
|||
A figura de Antón Fraguas foi homenaxeada no noso centro mediante os traballos realizados polo alumnado do EDLG e coa representación de Quen ten un mestre etnógrafo? |
|||
O alumnado participante nunha saída do noso centro o día 21 de febreiro deixou o autobús manchado e moi sucio. Tras as lóxicas queixas da empresa, queremos facer públicas as desculpas do alumnado involucrado e as de todo o centro. |
|||
Os regueifeiros Josinho Porto e Sara Marchena iniciaron na arte da regueifa o alumnado de 1º de ESO nunhas divertidas sesións celebradas o 25 de marzo grazas á colaboración do concello de Ames. Información sobre o concurso Enreguéifate: AQUÍ |
|||
Aproveitamos o plan do MEC de fomento da lectura para invitar á nosa biblioteca a Cándido Pazó, actor, guionista, director teatral, narrador oral e autor, entre outras obras, d'A piragua, obra que está a ler o alumnado de 2º de Bacharelato. |
|||
O proxecto interdepartamental "Mulleres traballadoras" empeza a dar os seus froitos. Na semana do 8 de marzo empezouse coa exposición de traballos realizados en diferentes cursos en distintas materias e linguas. |
|||
O martes 12 de marzo o noso centro recibiu a visita de 54 alumnos e alumnas acompañados de catro profesores do Lycée Thépot de Quimper, na Bretaña francesa. |
|||
