"Encontros virtuais" da USC

A  USC, seguindo  co  programa  A Ponte entre  o  Ensino  Medio  e  a  USC (no  que o  centro  viña  participando), vai pór  en marcha  "Encontros  virtuais" para os  estudantes  e  as  súas  familias  entre  o  6  e  o  8  de  abril a  través  da  web  da  USC.  A  páxina  concreta  estará  dispoñible  dende o sábado, 4  de abril, na dirección https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais.

A  través  desta páxina  o  alumnado  poderá  atopar  presentacións  das  titulacións, obradoiros  e  retos, opinións  de  alumnos/as sobre  a  titulación, concursos, unha  videoconferencia  para  cada  titulación, etc. O  estudantado  terá  un  enlace  para  interactuar  por  videoconferencia  cos/as  responsables  da  titulación  para  aclarar  posibles  dúbidas. No  enlace  indicaranse  os horarios  de  cada  unha das  videoconferencias.