Convivencia |
|
|||
Grazas á colaboración cos E. A. do Xelmirez I e coa súa coordinadora de convivencia Carme Moure, tivemos a sorte de coñecer á nosa formadora Jeni Herbón. É un verdadeiro luxo poder ver o noso alumnado voluntario implicado na formación e con vontade de querer mudar o mundo a mellor. Parabéns a todo este alumnado activista que deu un paso á fronte, tan importante para o noso centro educativo. Poder contar con alumnado e profesorado formado para axudar na mellora da convivencia positiva é un almeiro para a esperanza!!! Grazas tamén ás familias e ao profesorado pola confianza depositada no proxecto. |
|||
A caixa de correo de convivencia serve para recoller suxestións, situacións persoais, queixas, denuncias de agresións ou situacións conflitivas… que desexe facer o alumnado. Estas solicitudes de intervención, presentadas por medio desta caixa de correo, serán aquelas para as que a persoa demandante non atopou outra canle máis directa e conficencial. Na caixa de correo poderá depositarse o modelo facilitado no que se recollan:
A situación que te incomoda e que che gustaría mudar.
Previamente á xestión das mensaxes da caixa de correo de convivencia, haberá unha primeira intervención das persoas compoñentes da Coordinadora de Convivencia para seleccionar aquelas mensaxes que polo seu contido ou características precisen ser dirixidas a outras instancias
A xestión das caixas de correo sempre vai a ser un proceso seguro e discreto, que garantirá a confidencialidade da información recollida a través deste medio e das investigacións posteriores. Os escritos poderán obterse nos seguintes lugares:
Nas columnas en revisteiros, a carón das caixas de correo.
DESCARGA ESCRITO DE CAIXA DE CONVIVENCIA
SE NON SE TEN ESCRITO OFICIAL, PÓDESE EMPREGAR UN ESCRITO Á MAN
As caixas de correo están situadas na planta superior e na intermedia nas columnas centrais. MÁIS INFORMACIÓN DESCARGABLE
INFOGRAFÍA CAIXA CORREO DE CONVIVENCIA EXPLICACIÓN CAIXA CORREO DE CONVIVENCIA
MÁIS INFORMACIÓN PROTOCOLO EQUIPOS DE AXUDA IES DO MILLADOIRO
|
|||
CLASIFICACIÓN 1º TRIMESTRE 1º PUESTO: 3º ESO E 2º PUESTO: 2º BAC A 3º PUESTO: 1º BAC A 4º PUESTO: 4º ESO A 5º PUESTO: 4º ESO B 6º PUESTO 2º ESO E 7º PUESTO 2º ESO D PREMIO TRIMESTRAL :Invitación a unha consumición de bebida nunha hora de titoría na cafetería para todos os membros do grupo. Premio final de curso: saída programada |
|||
A convivencia é unha das bases fundamentais do instituto, por iso imos premiar aquelas alumnas e alumnos que a favorezan. Un dos aspectos que teremos en conta é a limpeza do noso espazo. A Olimpíada deste curso 2022/2023, a nosa VI OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA, terá como lema “Desfruta do teu instituto”, co propósito de que o alumnado comprenda que o respecto polos espazos repercute nun mellor clima de convivencia no Centro. A Olimpíada pretende premiar aqueles aspectos da limpeza e o coidado das aulas e do Centro con puntos (de 0 a 50) que se irán acumulando ata final de trimestre e de curso. Na Olimpíada non se terán en conta os danos existentes antes do inicio do concurso, reflectidos na acta do estado inicial da aula. CREACIÓN DUNHA COMISIÓN Para levar a cabo a avaliación da Olimpíada haberá unha comisión formada por unha profesora, dous membros do alumnado, un membro de Anpa Milla e un membro do persoal de limpeza do Centro. Esta comisión revisará as aulas e dependencias do centro polo menos unha vez ao mes, de forma aleatoria e en horario que pode variar. En cada revisión obterase unha puntuación que será acumulativa. Debemos ter presente que os baños son un espazo compartido por todos e todas e que os temos que coidar.
Debemos colaborar todo o alumnado e o profesorado no mantemento da limpeza dos corredores nos recreos; para facilitar isto, haberá vasoiras e recolledor nos corredores.
“SE A OLIMPÍADA QUERO GAÑAR LIXO NON DEBO TIRAR"
"SE A OLIMPÍADA QUERO GAÑAR O CENTRO DEBO COIDAR"
|
|||
|
|||
Este venres desenvolverase no noso centro unha nova actividade, dentro do seminario "Ao son da convivencia". Trátase da sesión "A onde queremos ir?", na que se pretende coñecer un exemplo de boas prácticas procedente de Euskadi. Lur Olabarri (orientadora da eskola de Otxandio), Nagore Aguirrebeitia (directora do centro) e Íñigo Ramos (coordinador de orientación pedagóxica) veñen ao IES do Milladoiro a amosarnos o seu proxecto educativo, que recentemente acaba de ser recoñecido co premio Joxe Mari Auzmendi. O faladoiro versará sobre convivencia e boas prácticas no contorno da comunidade educativa. |
|||
O pasado 16 de febreiro rematamos a primeira fase do Proxecto de formación do profesorado "Ao son da convivencia: o Milladoiro que queremos", un traballo de reflexión colectivo no que participaron representantes de toda a Comunidade Educativa. Foron catro sesións de debate moi intensas e interesantes, nas que nos coñecemos mellor entre nós e deseñamos conxuntamente futuros camiños que seguir para mellorar a convivencia no centro. Debemos agradecer a todas as persoas/entidades que se achegaron ao proxecto para achegar a súa visión de futuro. Damos as grazas tamén á persoa formadora e facilitadora do DAFO, Brais Fernandes, polo seu bo facer e a implicación emocional co proxecto. |
|||
Durante a semana do 27 ao 31 de xaneiro o alumnado de 1º de ESO coñeceu aos seus titores e titoras de 3º de ESO. Levouse a cabo unha sesión dirixida polo departamento de Orientación onde se realizaron diferentes actividades para potenciar o coñecemento mutuo: xogos de adiviñas, cuestionarios para titores e titorandos e carteis a favor dunha convivencia positiva. |
|||
Como cada curso, arrancamos no centro co TEI (Titoría Entre Iguais). Cada alumno/a de 1º de ESO terá unha persoa titora de 3º de ESO co fin de promover unha convivencia positiva e previr o acoso escolar. Comezamos levando a cabo unhas sesións de sensibilización co alumnado de 1º de ESO do 13 ao 17 de xaneiro e continuamos coas sesións de formación dos titores e titoras de 3º de ESO entre os días 20 e 24. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
A IV Olimpíada de Convivencia chegou á súa fin. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Na II Olimpíada da Convivencia o grupo premiado pola súa constancia foi 4º ESO A. Os premiados poderán desfrutar o martes, 20 de xuño, dunha xornada lúdica e deportiva no ximnasio Squash.
A Olimpíada de Convivencia pretende que o alumnado tome conciencia dos espazos públicos como propios, se implique na súa conservación e mantemento, e leve a cabo boas prácticas ambientais. Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e destacamos a boa colaboración, esixencia e implicación dos alumnos/as voluntarios/as, das ANPA e do persoal non docente . NORABOA!
|
|||
|
|||
|
|||
Preme na imaxe para consultar os resultados de xaneiro: |
|||
