O TEI 19/20 bota a andar

Durante  a  semana  do  27  ao 31  de  xaneiro  o  alumnado  de  1º  de  ESO coñeceu aos  seus  titores  e titoras  de  3º  de  ESO. Levouse  a  cabo  unha  sesión  dirixida  polo   departamento de  Orientación onde  se  realizaron  diferentes  actividades  para  potenciar  o  coñecemento  mutuo: xogos  de  adiviñas, cuestionarios  para   titores  e  titorandos e   carteis  a  favor  dunha  convivencia positiva.