Tecnoloxía

Profesorado do departamento e programacións 2023-24

Acordos tomados polo Departamento de Tecnoloxía para a realización de actividades entre o 6 e o 22 de xuño e posterior avaliación

Na ESO, dende o 6 ata o 22 de xuño do 2022 o Departamento de Tecnoloxía chegou ao acordo de deseñar para estes días dous tipos de actividades:

    • unhas actividades de reforzo para o alumnado que non alcanzaron a nota mínima necesaria para aprobar a materia; é dicir, que non alcanzaron as competencias mínimas propostas na programación.

    • Outras  actividades de ampliación para aquel alumnado  que si  acadaron as competencias.

Ao final da realización das actividades de reforzo se fará unha proba para comprobar que dito alumnado adquiriu as competencias non acadadas anteriormente. 

A nota final  do alumnado pendente, nas avaliacións que ten suspensas, terá en conta tanto as actividades realizadas na aula durante nese período (20% da nota) como a nota sacada na proba obxectiva que se realizará ao final de ditas actividades (80% da nota).

Con respecto ao alumnado que xa ten aprobada a materia, nestes días se realizarán actividades de ampliación que poden subir a nota ata un máximo de 0,5 puntos sobre a nota final xa obtida.

No Bacharelato, como hai proba extraordinaria en xuño a programación non se modifica.

Seguimento das materias do departamento de Tecnoloxía durante a suspensión da actividade lectiva

As materias que dependen deste departamento: Tecnoloxía, TIC, Iniciación á Programación, Tecnoloxía Industrial II e Electrotecnia seguirán funcionando a través dos cursos da aula virtual, como ata agora, durante a suspensión temporal da actividade lectiva.

Ante calquera dúbida, o alumnado debe utilizar o sistema de mensaxería das aulas virtuais. Deben ver tamén os foros creados para o seguimento das clases durante esta suspensión temporal da actividade lectiva.

As mulleres no mundo das TIC. Encontro con Cristina Rey

Ao abeiro do movemento 11febrero.org, nacido para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, hoxe,  7 de  febreiro, visitou o noso centro Cristina Rey Fungueiro, enxeñeira informática. Mantivo un encontro co alumnado de 4º  de  ESO  e  de  bacharelato que  cursa  as  materias  de  TIC, Tecnoloxía e  Introdución  á  programación.  Nel  deu conta da súa experiencia profesional no mundo da tecnoloxía facendo fincapé na importancia de que as mulleres se acheguen a este ámbito laboral e na necesidade de erradicar calquera tipo de estereotipo. Ao  mesmo  tempo  puxo  en  valor  a importante tarefa  desenvolvida  por  mulleres    que  traballaron  no  ámbito  da  tecnoloxía  pero  que  son  moi  descoñecidas.

A  actividade  foi  programada polo  dpto. de  Tecnoloxía.

Visita ao parque eólico de Sotavento

O pasado  xoves, día 7,  o  alumnado  de  4º  de  ESO  visitou  o parque eólico  experimental  de  Sotavento.

A  actividade  foi  organizada conxuntamente polos  departamentos  de  Bioloxía- Xeoloxía, Física-Química  e  Tecnoloxía.

Charla: NETiqueta

O luns 14 de xaneiro o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar a especialista en oratoria, comunicación e tecnoloxía Mar Castro, dentro do programa Cibercooperantes do MEE, nunha charla titulada NETiqueta.

1º Bach. TECNOLOXÍA INDUSTRIAL

INFORMÁTICA 4º ESO

 

 

Distribuir contido