Biblioteca |
PAZ LINGÜÍSTICA "Lela" de Castelao. Interpretación: María Iglesias (piano) e Dora Iglesias (frauta) |
|||
Actividades do Día Internacional da Non Violencia e a PAZ. Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Biblioteca. Departamento de Música 1º recreo |
|||
O equipo de biblioteca quere informar sobre a plataforma de lectura gratuita E-LBE-2. No mes de xaneiro levouse ao cabo un enriquecemento do catálogo con novos fondos en diversos formatos (Epub, audiolibros, podcasts...) e diferentes linguas. Durante o segundo trimestre, comeza unha nova serie de webinars de formación básica para os usuarios, aberta ao profesorado e ao alumnado. Sería interesante acudir, cando menos, a algunha das sesións segundo os seus horarios lectivos. Estas breves formacións on-line poden resultar moi útiles para comezar a utilizar este recurso de lectura co que conta a nosa biblioteca escolar. Para inscribirse: https://cdn.odilo.es/mailings/k12/IM_calendario_calendario_ene_feb_mar_2023_Xunta_20230103_v2.pdf Próxima formación: Mércores 1 de febreiro ás 17 horas
Achegamos toda a información na seguinte ligazón: Itinerario formativo E-LBE-2, 2º trimestre.
|
|||
![]() Este pasado venres entregáronse un primeiro premio e un accésit do concurso de relatos de terror que organizamos polo Samaín.
O xurado reuniuse o 29 de novembro do 2022 e acordou por unanimidade entregar o 1° Premio da modalidade A a Paula Ramos Vilar, de 1° da ESO D, pola obra Vaticinios. Así mesmo, o xurado decidiu outorgar un accésit, na mesma modalidade, a Gael Rodríguez López, por Un Nadal diferente.
![]() No acto de entrega de premios que se celebrou na biblioteca, a premiada e mais o galardoado co accésit resumíronlles aos asistentes os seus textos, e logo recibiron de mans do director do centro cadanseu vale para gastar na librería, así como cadanseu caderno.
|
|||
Para festexar o Día das Bibliotecas Escolares o luns 24 de outubro o Director do IES do Milladoiro fixo entrega dos diplomas que recoñecen o labor do voluntariado do pasado curso na Biblioteca Escolar dentro do marco das convocatorias de Bibliotecas Solidarias e de Radio na biblio. Asistiron tamén algúns dos novos axudantes que se preparan para apoiar co seu traballo a nosa biblioteca durante este curso. Na entrega de diplomas contamos coas interpretacións musicais dun alumno de 1º Bacharelato (Alejandro Buela) ao piano e a colaboración do departamento de Música. |
|||
|
|||
|
|||
O club de lectura do IES do Milladoiro foi a Betanzos, ao encontro co ilustre escritor grego Theodor Kallifatides, candidato ao Premio Nobel, que asinou un exemplar do libro Madres e hijos para a biblioteca do centro. |
|||
O luns 25 de outubro celebrouse na biblioteca do noso centro o Día das bibliotecas. Durante o 2º recreo o Director fixo entrega dos diplomas de voluntariado aos axudantes que colaboraron no programa "Radio na biblio" durante o pasado curso. Foron presentados os novos axudantes e houbo actuacións musicais organizadas polo departamento de Música. |
|||
Estimados pais e nais: O orzamento extraordinario do PLAMBE para o curso 2021-2022 é de 1550 €, que se investirá na súa maior parte no reforzo de lecturas obrigatorias e voluntarias. Este curso participamos en varias convocatorias: Clubs de lectura, Bibliotecas solidarias (axudantes de biblioteca), Radio na biblio, PLAMBE, etc. Continuamos a colaboración coas bibliotecas da contorna para editar dúas guías de lecturas recomendadas de Nadal e de verán, que publicamos no blog http://iesmilladoirobiblioteca.blogspot.com/. Estamos en contacto coa biblioteca Ánxel Casal de Santiago e coa Biblioteca Municipal do Milladoiro e aproveitamos para recomendar que o alumnado faga o carné desta biblioteca porque así poderá acceder á plataforma GaliciaLe: https://www.galiciale.gal/ Funcionamento da biblioteca O alumnado do centro terá acceso á utilización dos fondos de lectura, que se atopan na biblioteca.Levamos a cabo unha formación de usuarios para 1º de ESO. O préstamo está xa en marcha e funcionará tanto de xeito on-line como tamén presencial. Poderase levar en empréstito ata 3 recursos (libros, CD ou DVD), que deberán ser devoltos nun prazo de 15 días. É moi importante o respecto dos prazos de devolución, así como o coidado dos libros para evitar a súa deterioración ou extravío. Recordamos que aceptamos doazóns de lecturas, obrigatorias ou recomendadas, que xa non precisen e solicitamos a súa colaboración para recuperar todos os libros non devoltos á biblioteca. No caso de que o libro non apareza, debe ser comprado e restituído á biblioteca. Animamos á participación nos clubs de lectura para o cal temos aínda aberta a inscrición. O alumnado interesado pode anotarse na biblioteca. |
|||
|
|||
Se desexas coñecer a programación da bilbioteca do IES do Milladoiro para este curso 2019-20, preme a continuación: |
|||
A biblioteca do IES do Milladoiro dispón dun espazo duns 100 m², ademais dun espazo exterior usado frecuentemente para exposicións de traballos do alumnado, charlas sobre as exposicións realizadas por algún departamento, reunións dos clubs de lectura etc. Ofrece servizos de préstamo a domicilio, en sala, ás aulas e aos departamentos. Estamos aumentando o volume de fondos de consulta, tanto científicos e literarios como subscricións (revistas e xornais), DVD, recursos electrónicos etc. Conta con zona de postos informáticos para traballos por proxectos, preparación de actividades etc. É tamen un lugar para reunións e formación do profesorado: no curso 16/17 impartiuse na biblioteca unha formación sobre "Aprendizaxe por proxectos" ao coidado da profesora Luz Paramios. Nos cursos 16/17 e 17/18 foinos concedido, por parte da Consellería de Educación, o programa Plambe (Plan de mellora de bibliotecas escolares). |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
O pasado mércores 16 de decembro a biblioteca do IES do Milladoiro abriu as súas portas para dar a coñecer ás familias as diversas actuacións que se teñen levado a cabo na biblioteca durante o primeiro trimestre. Trátase da segunda ocasión na que se invita ás familias a coñecer e facer suxestións e aportacións sobre o funcionamento e organización da biblioteca.
|
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
