Visita a Ventín

O venres 12 de abril,  xusto antes de comezar as vacacións de Semana Santa, o alumnado dos  clubs de lectura de 1º, 2º e 3º de ESO visitou o seu antigo colexio. Dentro do marco da colaboración entre as bibliotecas da contorna esta actividade, como sucedeu en anos anteriores, estivo chea de emoción e alegría polo reencontro co antigo profesorado. Alí, de xeito simultáneo en varias aulas de 6º de Primaria,  levaron a cabo lecturas dos poemas que máis gustaron dos lidos durante as reunión dos clubs de lectura. Tamén houbo fragmentos de prosa e de teatro.