Física e Química

Profesorado do departamento e programacións 2023-24

Profesorado

Sobrado Taboada, Cristina  (XD)
Rodríguez Castro, Antonio Manuel
Calvo Lodeiro, Mª José

Programacións

Reacción

O club de ciencias presentou o traballo realizado no curso escolar 2021-2022, no que participou alumnado de 1º e 2º de bacharelato. No seguinte vídeo pódense ver as distintas experiencias que levaron a cabo. Os experimentos realizados no presente curso foron:

  • Combustión espontánea, por Nuria Chan, Juan Calvo e Carlos Lago.
  • Explosión cunha pinga de auga, por Claudia Bretaña e Laura Rozas.
  • Pasta de dentes para elefantes, por Alba Diez, Xabier Nóvoa e Alejandro Tato.
  • Xeo instántaneo, por Manuel Caamaño, Paula Dacunha e Nerea Suárez.
  • Sodio en auga, por Aldara Gómez e Alba Mosquera.

“A ciencia é unha forma de pensar, moito máis que un corpo de coñecementos”, Carl Sagan


XXXIX Olimpíada galega de química

Os alumnos Manuel Caamaño Mayo e Juan Calvo Iglesias, de 2º A de bacherelato, acudiron (acompañados do seu profesor/preparador Carlos Varela) á facultade de química da USC para representar o noso centro na XXXIX OLIMPÍADA GALEGA DE QUÍMICA. Dende aquí queremos transmitirlles  todo o noso ánimo e o orgulloso que está o centro de contar con eles. Ánimo e boa sorte!

Obradoiros da SXGQ

O pasado venres, 11 de febreiro, o  Departamento de Física e Química do noso centro organizou uns obradoiros dirixidos ao alumnado de 3º da ESO, co gallo do Día Internacional da muller e a nena na Ciencia

Foi unha actividade moi interesante, na que o alumnado puido desfrutar dunha serie de experimentos, realizados pola Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ)

Masterclass no IGFAE: Día Internacional da muller e a nena na Ciencia

 

En representación das nosas alumnas acudiu Alba Diez Mariño, que desfrutou das conferencias impartidas e participou activamente dun experimento realizado con datos reais, obtidos no CERN, e a posterior discusión dos seus resultados mediante vídeo-conferencia con científicos do CERN e membros  de centros de investigación de Roma e São Paulo.

Agradecemos ás investigadoras do IGFAE, que fixeron posible esta xornada, o seu traballo: Sibylle Driezen, Martina Feijoo Fontán, Ana Garbayo Peón, Beatriz García Plana, Alessandra Gioventù, Alicia Muñoz Ramos, Sara Sellam e Verónica Villa Ortega.

SXGQ

As encargadas de desenvolver o faladoiro científico que se levou a cabo no noso centro o venres, 11 de febreiro, por parte do Comité de Igualdade,  co gallo do Día Internacional da muller e a nena na Ciencia, recomendan que visitemos os recursos da SXGQ (Sociedade Xuvenil Galega de Química). Trástase dun grupo de persoas, moitas delas universitarias, interesadas no campo da Química e no uso da nosa lingua, a través da realización de diferentes proxectos e actividades. Ademais da súa páxina web, podes saber máis sobre este grupo e este campo científico tan interesante e cheo de perspectivas de futuro como é a Química, visitando os seus perfís en instagram, twitter ou facebook.

11F no IES do Milladoiro

Deixamos  aquí o  vídeo que  reflicte a  homenaxe que  as  alumnas   do noso  IES  lle  quixeron  render  a algunhas  das  científicas  máis  importantes  do panorama  internacional  con motivo  da  conmemoración  do  Día Internacional  da  Muller  e  da  Nena  na  Ciencia. A  través  de  diálogos  de  gran  viveza  e  orixinalidade  o público  asistente  puido  achegarse  de  xeito  lúdico  aos  logros  dunha  serie  de  mulleres  que  dedicaron  a  súa  vida  á  ciencia.

A  actividade  foi  organizada  polo  departamento de  Física  e  Química  e  o  Comité  de  Igualdade   e  serviu para  pór  en  valor  o  papel  fundamental  das mulleres  no  eido científico, pero tamén  reivindicar  a  igualdade  de  xénero  e  lograr  unha  maior  participación  e  inclusión  das  mulleres  e  das nenas  no  mundo  da  ciencia  e  da  tecnoloxía.

Determinación experimental da taxa de renovación do aire nas nosas aulas

Nas  tardes  dos días  4  e  11  de novembro  un  grupo  de  alumnos  e  alumnas  de  1º  de  bacharelato iniciou  un  estudo   que  permitirá   determinar  a  taxa  de  renovación do  aire nos  distintos  espazos  do centro. 

Ecoauditoría: propostas de mellora.

O  venres, 6  de  marzo, o  alumnado  da  materia  de  Cultura  científica  rematou  a  ecoaditoría  iniciada  a  semana  pasada. Logo  da  análise  do  tratamento  do  lixo  levado  a  cabo  no  centro  e  tamén  das  enquisas  realizadas,  os  alumnos  e  alumnas   realizaron  un  esquema  no  que  quedaro  reflectidas  as  súas  propostas  de  mellora.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

 

O  Día Internacional da  Muller  e  da  Nena  na  Ciencia  foi  celebrado hoxe, 11  de  febreiro,  no  noso  IES  coa  realización dun cartel por  parte  da  rapazada  do EDLG e  que  foi  colocado  na  parede  central  do corredor  do  Andar 0 xunto  con  algunhas  sinopses  biográficas  de importantes científicas.

 

 

 

Ao  mesmo  tempo, o  dpto.   de  Física  e  Química  organizou  a  actividade  Científicas  que  experimentan para  o  alumnado  de  2º  de  ESO:  o  alumnado tivo a  oportunidade  de   participar ao  longo  da  mañá na  realización  de  diversos  experimentos  dirixidos  por  catro   mulleres. 

 

                                            

"O neutrón é manso"

 

Hoxe, 19  de  decembro, o  alumnado  de  bacharelato  de  Ciencias  e  o  de  4º  ESO B  asistiu a  unha  charla  de  divulgación  científica  impartida  polo  profesor  de  Física  Teórica  da  USC e  investigador  do  IGFAE (Instituto  Galego  de  Física  de  Altas  Enerxías), Javier  Mas  Solé.

A  charla  levou  por  título  O  neutrón  é  manso e  centrouse  na  importancia  desta  partícula  subatómica  na  formación  de  todos  os  elementos  da  táboa  periódica, conmemorando  así  o  150  aniversario  da  mesma.

A  actividade  foi organizada polo  Dpto. de  Física  e  Química.

Encontro co profesor Ben Feringa, Premio Nobel de Química 2016

O pasado martes 9 de maio, catro alumnos do IES do Milladoiro, acompañados pola súa profesora de Química, tiveron o pracer de asistir a un encontro co Premio Nobel de Química 2016, Ben Feringa.

XXXVI Olimpíada Galega de Química 2019

O venres 22 de marzo tiveron lugar na Facultade de Química da USC as probas da XXXVI edición das Olimpíadas Galegas de Química.

Visita ao CIQUS

O pasado mércores 21 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º bacharelato puideron desfrutar coa visita ás instalacións do CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC) e participar nunha actividade dirixida que trata de achegar aos estudantes unha visión actual e atractiva da investigación en Química, dar a coñecer a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, e amosar a actividade cotiá nun moderno centro de investigación.

Charla de Jorge Mira (USC)

O pasado venres 4 de maio, o alumnado das materias Cultura científica e Ciencias aplicadas de 4º ESO e o de 1º BACH. A tivo a oportunidade de escoitar o profesor Jorga Mira, da Facultade de Física da USC, na charla " A que distancia está o ceo?", dentro do programa EDUMOTIVA da Consellería de Educación. Queremos agradecer a súa colaboración ás familias que axudaron a que esta charla fose posible e á profesora Irene García.

Física recreativa: Clickonphysics

O venres 16 de marzo, o alumnado de Física de 1º e 2º de Bacharelato e 4º de ESO asistiu a unha charla de José Benito Vázquez Dorrío, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, e realizou con el unha serie de actividades manipulativas. O conferenciante gabou o comportamento e a actitude do noso alumnado, que gozou moito coa actividade. Neste enlace podemos ver algunhas fotos.

Conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O 11 de febreiro foi declarado pola ONU Día internacional da muller e da nena na ciencia. Para conmemoralo, o IES do Milladoiro acolleu o 19 de febreiro as científicas do Centro Oceanográfico de Vigo Olga Carretero e Elena Fagín, que falaron do papel das mulleres na ciencia nunha actividade organizada polo Departamento de Física e Química.

Mostra de ciencias

Os alumnos e alumnas de 2º PMAR convertíronse en profesores/as por un día e explicáronlles aos seus compañeiros de 1º ESO F algúns interesantes fenómenos físicos e químicos. Foi unha experiencia de traballo colaborativo na que todos desfrutaron e aprenderon moito.

Mostra de ciencias

Saída ao MUNCYT

Os días 19 e 20 de decembro os alumnos de 2º de ESO tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de química no MUNCYT (A Coruña).

Ciencia colaborativa

   Durante o mes de novembro, o alumnado de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional (CAAP) participou nun proxecto de ciencia colaborativa de ámbito mundial. O proxecto leva por nome The art of crystallitation e foi deseñado pola Royal Society of Chemistry. Neste enlace pódese acceder a toda a información, ós datos obtidos polo alumnado e a algunhas imaxes da actividade.

Excursión a GALICIENCIA

O xoves 23 de novembro o alumnado de 4º da ESO interesado acudirá á XI edición de GALICIENCIA no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense).

Proxecto AQUA

Neste curso escolar, todo o alumnado de 2º da ESO do IES do Milladoiro participa, desde o Departamento de Física e Química, no proxecto “AQUA” organizado pola fundación Ibercivis en colaboración co FECYT (Fundación Española da Ciencia e da Tecnoloxía).

CONCURSO SCI CHALLENGE 2017

Concurso: Sci Challenge 2017.

Nombre del proyecto: Magnetic Acceleration Space Shuttle (lanzadera espacial mediante aceleración magnética)

Autor: Jorge Expósito Patiño, 2ºA BAC.

Descripción: Este vídeo propone un método teórico para enviar objetos a órbita baja terrestre usando aceleración magnética. Este método supondría un gran descenso en los costes y emisiones contaminantes en este tipo de procedimientos.

 

Para la puntuación comunitaria online, el módulo de puntuación contará el número de visitas y la evaluación positiva en forma de "Me gusta".

Puedes visualizar el vídeo en el siguiente enlace: https://www.youtube.com/watch?v=Ckecuflnebw

 

DIRECTORIO DE RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Física 2º BAC

Solución Exame Temas 0 e 1

Solución Exame Temas 0 e 1_Bis

Solución Exame Tema 2

Solución Exame Recuperación 1T

Solución Exame Recuperación 2T

Solución Exame Temas 3 e 4

Solución Exame Temas 5 e 6

Solución Exame Tema 7

Solución Exame Temas 8 e 9

Ejercicios Ondas II

Ejercicios Ondas III

FORMULARIO

Problemas ABAU

  - gravitación

  - electromagnetismo

  - vibraciones y ondas

  - luz y óptica

  - fisicamoderna

1º BAC

Nuevos libros de Física y Química en la biblioteca

 

 

Distribuir contido