Orientación

Departamento de Orientación

Profesorado 2023/24  

Plan de

orientación

          Medidas extraordinafrias de atención á diversidade         
         

María José Fandiño García (P. T.)

M.ª Carmen Garabal Gómez (xef. dep.)

Elisa Pereira Lojo (P.T)  

       

 

 

 

 

 

DIVERSIDADE-ORIENTACIÓN

 

 

 

 

 

 

Xornada Coloquio de Orientación Vocacional. dirixida ao alumnado de 1º Bacharelato

O 9  de maio desenvolveuse no salón de actos do IES do Milladoiro unha xornada-coloquio de orientación vocacional, organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 1º Bacharelato., contando con colaboración de nais e pais de alumnado, De maneira xenerosa, participaron  distintos profesionais que  compartiron  a súa perspectiva do mundo laboral e a proxección de carreira persoal en diferentes ámbitos

A actividade desenvolveuse baixo un programa no que se desenvolveron as seguintes actividades:

  • 16:30h. Breve charla sobre itinerarios conducentes a estudos universitarios. desenvolvida por Pablo Taboada Antelo, doutor en Física da  USC. e que xirou  sobre a formación na universidade e oferta formativa da USC. Vinculacións estudos
  •  17:00h. Mesa coloquio: na que participaron convidados con formación en distintas áreas de coñecemento, e que falaron desde a súa experiencia persoal sobre os estudos que os levaron ás profesións que exercen; a relación coas expectativas que tiñan; se foi a súa primeira opción ou unha alternativa; formas diversas de chegar a postos como o seu ou outros relacionados co seu traballo. De maneira que poida ser inspirador e orientador para o alumnado na súa próxima toma de decisións e comezo de proxecto de carreira persoal.
  •  17:30 h. Conversa co alumnado. Momento no que os alumnos e alumnas fixeron as súas preguntas e compartiron  inquedanzas cos convidados

 

Convidados mesa redonda:

  • Carmen Pampín: é licenciada en Química, fixo doutoramento e traballa en GalChimia S.A., compañía galega dedicada a síntese química aplicada a I+D, empresa que fundou e sita en Touro . QUÍMICA. CIENCIA
  • Iria Rodriguez Arias. Directora Técnica de Nanogap, empresa dita en Milladoiro que se constitúe no 2006 como start-up do grupo Nanomag da Universidad de Santiago de Compostela, co fin de producir e comercializar nanopartículas, así como colaborar co desenvolvemento de novos materiais basados nas propiedades que ofrece a nanotecnoloxía. INTELIXENCIA ARTIFICIAL
  • Carmela Vaamonde Calviño: naceu no Milladoiro, é ex-alumna do centro e graduada en PEDAGOXÍA. CIENCIAS SOCIAIS.
  • Marta Vega Lorenzo: letrada da Xunta de Galicia e licenciada, así mesmo, graduada tamén en Psicoloxía, área na que tamén exerceu. DEREITO. CIENCIAS XURÍDICAS
  • Daniel Suárez Sóñora: naceu no Milladoiro, é ex -alumno de Ventín e graduado en Farmacia. Traballa na farmacia que está situada na praza Manuel Murguía no Milladoiro. FARMACIA. CIENCIAS DA SAÚDE

A moderación e dinamización do coloquio correu a cargo de Enma Araujo, periodista de "La Voz de Galicia"

Estas xornadas foron obxecto de atención por parte dos medios de comunicación. Amosamos, a continuación, ligazón ao artigo de "La Voz de Galicia", adicada ás mesmas:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2023/05/10/coloquios-inspirar-vocaciones-estudiantes-mayores-ies-do-milladoiro/00031683725112800856363.htm

Bolsas e axudas. Alumnado con necesidade específica de apoio educativo

LIGAZÓN A MÁIS INFORMACIÓN

ACCESO AO SERVIZO ONLINE

MÁIS INFORMACIÓN

INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Xornada Coloquio de Orientación Vocacional. dirixida ao alumnado de 4º ESO

O 2  de maio desenvolveuse no salón de actos do IES do Milladoiro unha xornada-coloquio de orientación vocacional, organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 4º ESO., contando con colaboración de nais e pais de alumnado, De maneira xenerosa, participaron  distintos profesionais que  compartiron  a súa perspectiva do mundo laboral e a proxección de carreira persoal en diferentes ámbitos

 

A actividade desenvolveuse baixo un programa no que se desenvolveron as seguintes actividades:

  • 16:30h. Breve charla sobre itinerarios conducentes a estudos universitarios. desenvolvida por Pablo Taboada Antelo, doutor en Física da  USC. e que xirou  sobre a formación na universidade e oferta formativa da USC. Vinculacións estudos
  •  17:00h. Mesa coloquio: na que participaron convidados con formación en distintas áreas de coñecemento, e que falaron desde a súa experiencia persoal sobre os estudos que os levaron ás profesións que exercen; a relación coas expectativas que tiñan; se foi a súa primeira opción ou unha alternativa; formas diversas de chegar a postos como o seu ou outros relacionados co seu traballo. De maneira que poida ser inspirador e orientador para o alumnado na súa próxima toma de decisións e comezo de proxecto de carreira persoal.
  •  17:30 h. Conversa co alumnado. Momento no que os alumnos e alumnas fixeron as súas preguntas e compartiron  inquedanzas cos convidados

 

Convidados mesa redonda:

  • Francisco Vilar: traballa na empresa NTT Managed en soporte de aplicacións empresariais Microsoft e estudou FP-Informática de Xestión. (Pai de dous alumnos do centro). INFORMÁTICA
  •  Ana Portals Caamaño: cociñeira e propietaria do restaurante Solleiros. HOSTELERÍA.- Traxectoria profesional neste sector e formación
  •  Javier Rivas Varela: estudou na Escola Mestre Mateo e traballou no eido das artes plásticas. Logo decidiu orientar a súa profesión cara ao mundo da tatuaxe, ten un negocio no Milladoiro. ARTES PLÁSTICAS
  •  Rosa Pais Lago: Licenciada, estudou Ciencias Económicas e dirixe Empresa e negocio de Xestión en Bertamiráns. ECONOMÍA - empresa
  •  Susana García Ducros. Filóloga, ten unha empresa de tradución propia. TRADUCIÓN. HUMANIDADES
  •  A moderación e dinamización do coloquio correu a cargo de Emma Araújo, xornalista de La Voz de Galicia

 

Información. Recurso de reposición bolsas de estudo. Convocatoria xeral 22/23

Todos/as  aqueles/as que teñan a bolsa denegada, non estean nas listaxes (clicando no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html ) ou non estean dacordo cocontía teñen aberta a posibilidade de interpoñer un recurso de reposición.

PRAZO DE PRESENTACION RECURSO REPOSICION BOLSAS 22/23 CONVOCATORIA XERAL:

 

 04/04/2023 ao 03/05/2023.

 

ONDE PRESENTAR RECURSO DIRIXIDO A SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO?

 

UNIDADE

  •  

ENDEREZO

REXISTRO

  • •.Estado 

XEFATURA TERRITORIAL DE CULTURA, EDUCACION FP e  UNIVERSIDADE. (Xunta-A CORUÑA)

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos

Seccion  de Bolsas de Estudo

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

  • •.Concellos 

  • •.Xunta 

  • •.Outros órganos Administrativos 

SERVIZO DE CORREOS

  • •.Ordinario 

  • •.Cerrtificado (Sempre e cando queira ter constancia do seu envío) 

TELEMATICO

 

 

PARA DESCARGAR IMPRESO DO RECURSO CLICAR NO SEGUINTE ENLACE:

https://www.becasalestudio.com/wp-content/uploads/2014/06/ModeloRecursoReposicionBecas2021.pdf

NO GOOGLE:

ESCRIBINDO: Recurso de reposicion becas mec

e clicando na entrada: RECURSO DE REPOSICIÓN

 

Convocatoria de Bolsas e axudas xerais. Ministerio de Educación y Formación Profesional. Curso 2023/2024

AS BOLSAS XERAIS PARA O CURSO 2023/2024 PÓDENSE SOLICITAR DO 27 DE MARZO AO 17 DE MAIO DE 2023

Poderán ser beneficiarios das distintas contías  os alumnos e alumnas que no ano académico 2023/2024 cursen: 

  • Bacharelato

  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados

  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior

  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores

  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

  • Ensinanzas deportivas

  • Estudos relixiosos superiores

  • Formación Profesional de Grao Básico

  • Estudos Universitarios

 

ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS (FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS)

 

ESTUDOS UNIVERSITARIOS (GRADO, MÁSTER)

 

SEDE ELECTRÓNICA

Bolsas. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Convocatoria de bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado de algunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Altas capacidades 
  • Trastornos de espectro autista
  • Trastornos da conduta ou da comunicación e a linguaxe.

Pódense pedir para os seguintes niveis non universitarios:

 

Máis información

 

Acceso ao Servizo Online

 

Descarga da Resolución de 13 de maio de 2022 pola que se convocan axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

 

INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

 

Talleres de Orientación e identidade vocacional

Día Internacional do Pobo Xitano no IES do Milladoiro

No IES do Milladoiro celebramos o venres, 8 de abril, o Día Internacional do Pobo Xitano cunha celebración musical que veu precedida pola exposición de carteis conmemorativos e a lectura dun manifesto, que podedes escoitar e ver no seguinte vídeo:

Día Internacional do Pobo xitano

O 8 de abril celébrase o día internacional do Pobo Xitano. É unha data importante para nós porque o 8 de abril de 1971 recoñeceuse por primeira vez a nosa identidade como pobo. Si, hai tan só 50 anos que a nosa lingua, historia e cultura xitanas se respectan oficialmente. Desde entón temos bandeira e mesmo himno. 

Os xitanos españois somos de etnia romaní, procedente do Noroeste da India, desde onde os nosos antepasados emigraron ata establecerse en España hai máis de 600 anos. O que nos mantén unidos é en primeiro lugar o noso peculiar idioma romaní, que se transmitiu oralmente de xeración en xeración xunto cun conxunto de tradicións e costumes presididas pola alegría de vivir que nos caracteriza e diferenza. Adoitamos estar sempre xuntos, formando unha gran familia na que compartimos case todo. Non perdemos a oportunidade de gozar da vida bailando e cantando.

Sabías que somos a minoría étnica máis numerosa e discriminada de Europa e a máis antiga de España?, e a máis rexeitada polo resto da poboación por mor dos estereotipos que tenden a asociarnos con actividades delituosas. O 90% somos xente normal, igual que vós. Só se coñecen determinados aspectos superficiais da nosa vida cotiá esaxerados que xeran rexeitamento e discriminación. Pero, moito máis alá dos tópicos, tamén hai xitanos avogados ou políticos.

Queremos que coñezades a situación para que nos axudedes a cambiala. Non nos incluades nese 10% de delincuentes porque non todos somos iguais, nós somos xitanos de ben. Pénsao, a ninguén se lle ocorrería xulgarte por algún delincuente que poida haber na túa familia ou que viva no teu barrio. Pois isto mesmo pedimos nós.

O noso pobo leva séculos sendo vítima de racismo, discriminado e marxinado ata o punto de que a palabra “xitano” utilízase para descualificar a alguén pola súa orixe ou pola cor da súa pel. Incluso o dicionario da Real Academia Española define o termo xitano como "trapacero". Vivímolo na nosa pel a diario e en todos os ámbitos. Van sendo horas de desterrar estas ideas e terminoloxía que tanto nos fai sufrir. Imaxínaste como nos sentimos cando nos dixeron “ti acabarás de delincuente ou como moito vendendo no mercadiño".

Pedimos a vosa colaboración para que isto comece a cambiar. E, finalmente, para acabar con alegría queremos que nos acompañedes cantando e bailando.

 

 

SINATURA DE CONVENIO DE COLABORACIÓN CON SECRETARIADO XITANO

No marco do programa Quéda-t, tivo lugar a sinatura do convenio de colaboración ca Fundación Secretariado Xitano, que leva tempo vinculada con nós, a través da súa presenza na rede do IES do Milladoiro. 

Co convenio entre o noso centro e esta asociación, preténdese desenvolver o "programa Promociona", que intenta obter taxas máis altas de éxito escolar na ESO, promover a continuidade de estudos postobrigatorios e reducir o abandono escolar temperán. Para iso desenvolveranse actuacións co alumnado, familias, centro escolar  e outros axentes, a través do traballo do orientador educativo do programa, Pablo Méndez Trigo.  Dende o centro esperamos que esta iniciativa supoña un paso máis no desenvolvemento de iniciativas e actividades  da Asociación Secretariado Xitano no Milladoiro.

BOLSAS. ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS APOIO EDUCATIVO. FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

BOLSAS E AXUDAS: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

 

BOLSAS E AXUDAS: FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Neuroque? Neuropsicoloxía

 

Hoxe, 22  de  febreiro, o  alumnado de  1º  de  bacharelato B tivo  a oportunidade  de  asistir  a  unha  videoconferencia a  cargo da  profesora  da  Facultade de  Psicoloxía  Dolores  Rodríguez  Salgado. A  relatora,  ademais  de  facer  fincapé  no  obxecto  de  estudo  da  Neuropsicoloxía,  explicoulle  ao  alumnado as  distintas  saídas  profesionais  relacionadas  con  esta  disciplina  clínica.

A  actividade  foi organizada polo  departamento  de  Orientación  en  relación  ao programa  A  Ponte  levado  a  cabo pola USC.

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Aberta  a  convocatoria  de  bolsas  e  axudas  para  alumnado  con  nescesidade  específica  de apoio  educativo  para  o  curso  académico  2020-2021. O prazo  de  solicitude  rematará o 30 de  setembro. A  través  deste  enlace pode  accederse  a  toda  a  información  ao  respecto.

Para   calquera  aclaración  ou  consulta non  dubide  en  contactar co  centro  educativo.

Oferta de graos universitarios en Galicia curso 2020-2021

No Anexo podedes consultar a oferta actualizada de graos nas tres universidades de Galicia: UVIGO, USC, UDC.

Anexo: oferta de graos universitarios en Galicia curso 2020-2021

 

 

Oferta FP Dual

Dende a Rede Galega de Dinamización da FP Dual queren chegar ao alumnado que aínda quedan prazas libres para os novos ciclos que se ofertan na modalidade de FP Dual o próximo curso. Por isto, achégase no Anexo o resumo da oferta prevista na provincia de A Coruña. No mes de Setembro, volvería abrirse un novo proceso de selección se quedasen prazas dispoñibles.

Anexo:Oferta FP DUAL prevista 2020 provincia A Coruña

Calendario de admisión a ciclos. Curso 2020/21

Para todos aqueles que esteades interesados en facer un ciclo formativo para o seguinte curso, no Anexo atoparedes  o calendario de admisión a ciclos formativos para o curso 2020/21.

Ademais na seguinte ligazón tedes toda a información xeral de admisión a ciclos http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral .

Guía de estudos superiores 2020 de La Voz de Galicia

 
La Voz de Galicia publicou a guía de estudos superiores "Que quero estudar?".
 
Trátase dunha guía moi completa na que se informa de toda a oferta de estudos universitarios, estudos de FP e outras ensinanzas, organizados nas catro ramas de coñecemento: Artes, Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias.
 
Na guía (que está no anexo) podedes atopar unha descrición básica de cada un dos estudos superiores, os centros donde se ofertan, as condicicóns de acceso, as notas de corte e as saídas profesionais. Tamén inclúe información sobre becas e residencias.
 
Tamén podedes atopar a información empregando este buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/, a través do que navegarás empregando diferentes criterios de búsqueda.
 

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.

Nos anexos atópanse tanto a resolución como o novo calendario das probas de acceso.

Do confinamento á exclusión

IGAXES (ONG para o futuro da infancia e a xuventude en risco) elaborou un documento, que se atopa no anexo, donde se analiza o impacto que a crise sanitaria ten na infancia e a xuventude máis vulnerables en Galicia e que pode ser de interese e reflexión para todos/as.

Benestar Emocional

O Equipo de Orientación Específico da Coruña proporciona, no documento anexo, unha serie de enlaces de interese xeral para o coidado do Benestar Emocional do alumnado.

Ademais, tamén ofrece unha serie de recomendacións con ligazóns a algunhas asociacións que atenden a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Orientación 1º, 2º e 3º da ESO

O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO tedes nos anexos varios documentos con información que vos pode resultar de interese de cara ao curso que ven:

- Orientación 1º (2º e 3º da ESO respectivamente) 2019-20: con información sobre a promoción de curso, estructura do sistema educativo, elección de materias, etc.

- Caderno de orientación académica para cada curso (1º,2º e 3º da ESO) moi completo de Mónica Diz.

 

Espero que esteades todos ben e moito ánimo.

Orientación 4º da ESO

O alumnado de 4º da ESO tendes á vosa disposición nos anexos varios documentos que seguro pos poden resultar de interese de cara ao voso futuro académico-profesional:

- Orientación 4º ESO 19-20: con información sobre a titulación, estructura do sistema educativo, o bacharelato, webs de interese, etc.

- Un caderno de orientación académica para alumnado de 4º da ESO moi completo, de Mónica Diz.

- Táboa de ponderacións para ABAU.

- Modalidades preferentes de bacharelato para o acceso a ciclos superiores.

- Recursos abertos para o autocoñecemento e a autorientación.

 

Espero que esteades todos ben e moito ánimo!

Orientación 1º de Bacharelato

O alumnado de 1º de bacharelato ten a súa disposición nos anexos varios documentos que lle poden ser de interese:

- Orientación 1º bac: con información sobre a promoción de curso, estructura do sistema educativo, elección de materias, páxinas web de interese.

- Modalidades de bacharelato preferentes e materias vinculadas para o acceso a ciclos de grao superior.

- Táboa de ponderación para ABAU.

- Recursos abertos para o autocoñecemento e autoorietnación.

 

Espero que esteades todos ben e moito ánimo.

Orientación Bacharelato

O alumnado de Bacharelato (especialmente o de 2º), ten a súa disposión nos anexos, dous documentos que lle poden ser de gran utilidade:

- Opcións_bacharelato_2º: donde se recollen diferentes páxinas webs sobre estudos universitarios, a FP e sobre outras ensinanzas non universitarias.

- Recursos abertos autoorientación: donde se recollen diversos recursos abertos para desarrollar o autocoñecemento.

Espero que esteades a pasar estas semanas o mellor posible.

Blogue de orientación para "autoorientarse"

Recoméndase ó alumnado aproveitar estes días para "autoorientarse" con recursos de interese dispoñibles no seguinte blogue de orientación de Mónica Diz:

https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/03/recopilacion-de-recursos-para.html

 

Aquí tamén atoparedes moitas cousas que vos poden ser de interese (diferentes tipos de estudos, acceso á universidade, técnicas de estudo, etc.).

Exención de francés de 2º da ESO e reforzo de 3º PMAR

O alumnado de Exención de Francés de 2º da ESO ten a súa disposición nos anexos os seguintes caderniños de actividades:

- 2ºESO.exención-2ºid_matemáticas_repaso_reforzo

2ºESO.exención-2ºid_lengua-castellana_repaso_reforzo

 

Así mesmo, o alumnado de 3º PMAR que ten clases de reforzo, ten a súa disposición nos anexos o seguinte caderniño de actividades:

- 3ºPMAR.matemáticas_cálculo-básico

Calquera dúbida ou consulta poderedes facela no seguinte correo: orientacion.milladoiro@gmail.com

Exención de francés de 1º da ESO

O alumnado de Exención de Francés de 1º ESO (A+B+C+D+E) ten as súa disposición as seguintes webs que poden ser de utilidade:

Ademais, neste enlace de Google Drive, tedes unha carpeta, na que se irán colgando diversos materiais e  que  será  actualizada continuamente.

Recordade facer as fichas que tedes sen rematar nas vosas casas.Tódalas dúbidas no correo electrónico orientacion.milladoiro@gmail.com.

Información importante do Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación irá subindo á páxina web do centro no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/taxonomy/term/86 os recursos que pensamos que poden ser útiles para o alumnado e familias neste período de corentena.

 As dúbidas e consultas serán atendidas no correo electrónico que vos facilitamos a continuación: orientacion.milladoiro@gmail.com. No corpo do correo debe ir a seguinte información: Nome e Apelidos do alumno/a+Curso + Nome do profesor/a ao que vai destinado (Ana/Vanesa/Anxo).

Este mesmo correo está a disposición de todas as familias e alumnado para que nos poidan consultar o que precisen.

  • Aquel alumnado, que estando matriculado no centro, ten concedida outro tipo de escolarización, seguirá o mesmo proceso de comunicación que ata agora.
  • O alumnado que ten concedida a Exención de Francés en 1º e 2º da ESO pode utilizar os recursos que deixaremos aquí colgados. Por suposto, teñen prioridade todas as actividades das vosas materias, todo o material que vos deixan os/as profesores/as tanto na aula virtual como na web.
  • O alumnado de Adquisición de Linguas (Inmersión) ten a súa disposición:

 

Materiais para todos/as estes días

Como xa sabemos, todos/as debemos gardar estrictamente o período de corentena ao longo dos vindeiros días e permanecer nas nosas casas, aquí van algunhas propostas que poden servir para facer esta situación un pouco máis levadeira.

Distribuir contido