Orientación |
|
|||
Convocatoria de bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado de algunha das seguintes situacións:
Pódense pedir para os seguintes niveis non universitarios:
INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
|
|||
|
|||
No IES do Milladoiro celebramos o venres, 8 de abril, o Día Internacional do Pobo Xitano cunha celebración musical que veu precedida pola exposición de carteis conmemorativos e a lectura dun manifesto, que podedes escoitar e ver no seguinte vídeo: |
|||
O 8 de abril celébrase o día internacional do Pobo Xitano. É unha data importante para nós porque o 8 de abril de 1971 recoñeceuse por primeira vez a nosa identidade como pobo. Si, hai tan só 50 anos que a nosa lingua, historia e cultura xitanas se respectan oficialmente. Desde entón temos bandeira e mesmo himno. Os xitanos españois somos de etnia romaní, procedente do Noroeste da India, desde onde os nosos antepasados emigraron ata establecerse en España hai máis de 600 anos. O que nos mantén unidos é en primeiro lugar o noso peculiar idioma romaní, que se transmitiu oralmente de xeración en xeración xunto cun conxunto de tradicións e costumes presididas pola alegría de vivir que nos caracteriza e diferenza. Adoitamos estar sempre xuntos, formando unha gran familia na que compartimos case todo. Non perdemos a oportunidade de gozar da vida bailando e cantando. Sabías que somos a minoría étnica máis numerosa e discriminada de Europa e a máis antiga de España?, e a máis rexeitada polo resto da poboación por mor dos estereotipos que tenden a asociarnos con actividades delituosas. O 90% somos xente normal, igual que vós. Só se coñecen determinados aspectos superficiais da nosa vida cotiá esaxerados que xeran rexeitamento e discriminación. Pero, moito máis alá dos tópicos, tamén hai xitanos avogados ou políticos. Queremos que coñezades a situación para que nos axudedes a cambiala. Non nos incluades nese 10% de delincuentes porque non todos somos iguais, nós somos xitanos de ben. Pénsao, a ninguén se lle ocorrería xulgarte por algún delincuente que poida haber na túa familia ou que viva no teu barrio. Pois isto mesmo pedimos nós. O noso pobo leva séculos sendo vítima de racismo, discriminado e marxinado ata o punto de que a palabra “xitano” utilízase para descualificar a alguén pola súa orixe ou pola cor da súa pel. Incluso o dicionario da Real Academia Española define o termo xitano como "trapacero". Vivímolo na nosa pel a diario e en todos os ámbitos. Van sendo horas de desterrar estas ideas e terminoloxía que tanto nos fai sufrir. Imaxínaste como nos sentimos cando nos dixeron “ti acabarás de delincuente ou como moito vendendo no mercadiño". Pedimos a vosa colaboración para que isto comece a cambiar. E, finalmente, para acabar con alegría queremos que nos acompañedes cantando e bailando.
|
|||
No marco do programa Quéda-t, tivo lugar a sinatura do convenio de colaboración ca Fundación Secretariado Xitano, que leva tempo vinculada con nós, a través da súa presenza na rede do IES do Milladoiro. Co convenio entre o noso centro e esta asociación, preténdese desenvolver o "programa Promociona", que intenta obter taxas máis altas de éxito escolar na ESO, promover a continuidade de estudos postobrigatorios e reducir o abandono escolar temperán. Para iso desenvolveranse actuacións co alumnado, familias, centro escolar e outros axentes, a través do traballo do orientador educativo do programa, Pablo Méndez Trigo. Dende o centro esperamos que esta iniciativa supoña un paso máis no desenvolvemento de iniciativas e actividades da Asociación Secretariado Xitano no Milladoiro. |
|||
BOLSAS E AXUDAS: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
BOLSAS E AXUDAS: FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOSENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL |
|||
No Anexo podedes consultar a oferta actualizada de graos nas tres universidades de Galicia: UVIGO, USC, UDC. Anexo: oferta de graos universitarios en Galicia curso 2020-2021
|
|||
Dende a Rede Galega de Dinamización da FP Dual queren chegar ao alumnado que aínda quedan prazas libres para os novos ciclos que se ofertan na modalidade de FP Dual o próximo curso. Por isto, achégase no Anexo o resumo da oferta prevista na provincia de A Coruña. No mes de Setembro, volvería abrirse un novo proceso de selección se quedasen prazas dispoñibles. |
|||
Para todos aqueles que esteades interesados en facer un ciclo formativo para o seguinte curso, no Anexo atoparedes o calendario de admisión a ciclos formativos para o curso 2020/21. Ademais na seguinte ligazón tedes toda a información xeral de admisión a ciclos http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral . |
|||
La Voz de Galicia publicou a guía de estudos superiores "Que quero estudar?".
Trátase dunha guía moi completa na que se informa de toda a oferta de estudos universitarios, estudos de FP e outras ensinanzas, organizados nas catro ramas de coñecemento: Artes, Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias.
Na guía (que está no anexo) podedes atopar unha descrición básica de cada un dos estudos superiores, os centros donde se ofertan, as condicicóns de acceso, as notas de corte e as saídas profesionais. Tamén inclúe información sobre becas e residencias.
Tamén podedes atopar a información empregando este buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/, a través do que navegarás empregando diferentes criterios de búsqueda.
|
|||
Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo. A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Nos anexos atópanse tanto a resolución como o novo calendario das probas de acceso. |
|||
IGAXES (ONG para o futuro da infancia e a xuventude en risco) elaborou un documento, que se atopa no anexo, donde se analiza o impacto que a crise sanitaria ten na infancia e a xuventude máis vulnerables en Galicia e que pode ser de interese e reflexión para todos/as. |
|||
O Equipo de Orientación Específico da Coruña proporciona, no documento anexo, unha serie de enlaces de interese xeral para o coidado do Benestar Emocional do alumnado. Ademais, tamén ofrece unha serie de recomendacións con ligazóns a algunhas asociacións que atenden a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. |
|||
O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO tedes nos anexos varios documentos con información que vos pode resultar de interese de cara ao curso que ven: - Orientación 1º (2º e 3º da ESO respectivamente) 2019-20: con información sobre a promoción de curso, estructura do sistema educativo, elección de materias, etc. - Caderno de orientación académica para cada curso (1º,2º e 3º da ESO) moi completo de Mónica Diz.
Espero que esteades todos ben e moito ánimo. |
|||
O alumnado de 4º da ESO tendes á vosa disposición nos anexos varios documentos que seguro pos poden resultar de interese de cara ao voso futuro académico-profesional: - Orientación 4º ESO 19-20: con información sobre a titulación, estructura do sistema educativo, o bacharelato, webs de interese, etc. - Un caderno de orientación académica para alumnado de 4º da ESO moi completo, de Mónica Diz. - Táboa de ponderacións para ABAU. - Modalidades preferentes de bacharelato para o acceso a ciclos superiores. - Recursos abertos para o autocoñecemento e a autorientación.
Espero que esteades todos ben e moito ánimo! |
|||
O alumnado de 1º de bacharelato ten a súa disposición nos anexos varios documentos que lle poden ser de interese: - Orientación 1º bac: con información sobre a promoción de curso, estructura do sistema educativo, elección de materias, páxinas web de interese. - Modalidades de bacharelato preferentes e materias vinculadas para o acceso a ciclos de grao superior. - Táboa de ponderación para ABAU. - Recursos abertos para o autocoñecemento e autoorietnación.
Espero que esteades todos ben e moito ánimo. |
|||
O alumnado de Bacharelato (especialmente o de 2º), ten a súa disposión nos anexos, dous documentos que lle poden ser de gran utilidade: - Opcións_bacharelato_2º: donde se recollen diferentes páxinas webs sobre estudos universitarios, a FP e sobre outras ensinanzas non universitarias. - Recursos abertos autoorientación: donde se recollen diversos recursos abertos para desarrollar o autocoñecemento. Espero que esteades a pasar estas semanas o mellor posible. |
|||
Recoméndase ó alumnado aproveitar estes días para "autoorientarse" con recursos de interese dispoñibles no seguinte blogue de orientación de Mónica Diz: https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/03/recopilacion-de-recursos-para.html
Aquí tamén atoparedes moitas cousas que vos poden ser de interese (diferentes tipos de estudos, acceso á universidade, técnicas de estudo, etc.). |
|||
O alumnado de Exención de Francés de 2º da ESO ten a súa disposición nos anexos os seguintes caderniños de actividades: - 2ºESO.exención-2ºid_matemáticas_repaso_reforzo - 2ºESO.exención-2ºid_lengua-castellana_repaso_reforzo
Así mesmo, o alumnado de 3º PMAR que ten clases de reforzo, ten a súa disposición nos anexos o seguinte caderniño de actividades: - 3ºPMAR.matemáticas_cálculo-básico Calquera dúbida ou consulta poderedes facela no seguinte correo: orientacion.milladoiro@gmail.com |
|||
O alumnado de Exención de Francés de 1º ESO (A+B+C+D+E) ten as súa disposición as seguintes webs que poden ser de utilidade:
Ademais, neste enlace de Google Drive, tedes unha carpeta, na que se irán colgando diversos materiais e que será actualizada continuamente. Recordade facer as fichas que tedes sen rematar nas vosas casas.Tódalas dúbidas no correo electrónico orientacion.milladoiro@gmail.com. |
|||
O Departamento de Orientación irá subindo á páxina web do centro no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/taxonomy/term/86 os recursos que pensamos que poden ser útiles para o alumnado e familias neste período de corentena. As dúbidas e consultas serán atendidas no correo electrónico que vos facilitamos a continuación: orientacion.milladoiro@gmail.com. No corpo do correo debe ir a seguinte información: Nome e Apelidos do alumno/a+Curso + Nome do profesor/a ao que vai destinado (Ana/Vanesa/Anxo). Este mesmo correo está a disposición de todas as familias e alumnado para que nos poidan consultar o que precisen.
|
|||
Como xa sabemos, todos/as debemos gardar estrictamente o período de corentena ao longo dos vindeiros días e permanecer nas nosas casas, aquí van algunhas propostas que poden servir para facer esta situación un pouco máis levadeira. |
|||
Todo o alumnado e os seus pais/nais/titores legais do IES do Milladoiro poderán manter a comunicación continuada para calquer tipo de consulta co Departamento de Orientación a través do seguinte mail:
orientacion.milladoiro@gmail.com |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
