Axudas para estudos |
As datas de recollida dos libros prestados pola ANPA do IES do Milladoiro, ANPAMILLA, serán as seguintes:
O horario, en todos os casos, será de 16:30 a 18:30 horas, no corredor do piso intermedio do centro, situado xunto ó local da ANPA. |
|||
IMPORTANTE: PRAZO ATA O 22 DE XUÑO INCLUÍDO Está aberto o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2022/23. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO A asignación de libros de texto farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar. O alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais. Será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou para recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado de ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.
O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.
PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES Importante: o prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído). O alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia, pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.
FORMA DE ENTREGA DAS SOLICITUDES Ademais da presentación presencial no centro, poderá realizarse a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:
En ambos os casos o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para continuar coa tramitación. Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educatio matriculado en ESO que, a xuízo do centro docente non poida usar os libros de texto do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine.
DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR
ANEXO SOLICITUDE ANEXO II. COMPROBACIÓN DE DATOS DE MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR COPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU DOCUMENTO EQUIVALENTE, FIGURE O ALUMNO OU ALUMNA E DEMAIS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE DO ALUMNO OU ALUMNA OU CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.
DOCUMENTACIÓNXUSTIFICATIVA DA SITUACIACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO FAMILIAR, CANDO O AGRESOR FORME PARTE DA UNIDADE FAMILIAR
RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA
RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA
CERTIFICADO DE CONVIVENCIA, VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOS SOCIAIS OU DO ÓRGANO EQUIVALENTE DO CONCELLO ONDE RESIDA A FAMILIA, NO CASO DE QUE O PAIS E A NAI OU OS TITORES CAREZAN DE DNI E NIE Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa preaentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2020, agás no caso de violencia de xénero |
||||
Convocatoria de bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado de algunha das seguintes situacións:
Pódense pedir para os seguintes niveis non universitarios:
INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
|
|||
A embaixada da República Dominicana ante o Reino de España convoca á XII edición dos "Premios al mérito escolar", destinados a recoñecer o espírito de superación e comportamento cívico do alumnado de nacionalidade ou orixe dominicana, entre 10 e 18 anos. O prazo de recepción de candidaturas finaliza o 30 de maio e os candidatos poden ser propostos por familiares, centros educativos ou quen coñeza os méritos do alumno/a. |
|||
Por Resolución do 10 de marzo de 2022 da Secretaría de Estado de Educación convocáronse as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para os estudantes que cursan estudos postobrigatorios. O artigo 48 da citada Resolución fixa o 12 de maio de 2022 ás 24,00 horas (hora peninsular) como último día do prazo de presentación de solicitudes. Ao producírse unha incidencia técnica que dificultou o funcionamento ordinario da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a recepción das solicitudes e, conforme ao disposto no apartado 4 do artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e dentro do prazo non vencido, resólvese:
|
|||
BOLSAS 2022 O PRAZO REMATA O 12 DE MAIO DÚBIDAS RECOLLIDA POLA ÁREA DE ATENCIÓN AO CIDADÁN 1) Podo ter dereito a unha bolsa de estudos se teño o título de bacharelato e quero estudar un GRAO PROFESIONAL DE MUSICA?
Resposta: Non. Ainda que pode solicitala igual. 2) ¿Quen é o solicitante os pais ou o alumno?
Resposta: A/ O solicitante/a sempre é o alumno/a. Se figuran os pais como solicitantes carrexará a denegación da bolsa.
3) No número de conta do banco ten que figurar o/a alumno/a como titular ou cotitular? Resposta: SI
4) ¿Que é un alumno independente?
Resposta: E aquel que non depende economicamente dos seus pais, que conta con recursos propios suficientes e cona titularidade/arrendamento da súa vivenda habitual Se vives cos teus pais ou dependes economicamente deles deberar marcar sempre que non e gravar aos membros da túa unidade familiar na folla 2.
5) ¿Qué datos académicos se teñen en conta?
Resposta: Os do útlimo curso realizado
6) Unha vez presentada a solicitude a través do sistema on-line ¿Podo modificar os datos?
Resposta: NON. Debes cubrir unha nova solicitude. A anterior queda automaticamente anulada.
7) ¿Teño que presentala solicitude na UNIDADE TRAMITADORA?
Resposta: NON , unicamente que teñas que presentar documentación complementar
8) ¿Unidade familiar? Resposta: Debe poñer tódolos membros que compoñan a unidade familiar ao 31 de decembro de 2021 Se eres dependente económicamente: pais, irmáns menores de 25 anos ou maiores discapacitados- e avós sempre e cando vivan na unidade familiar Se es independente figurarás tí só e, no seu caso, a túa cónxuxe parella unida por análoga relación e os fillos ou fillas 9) Cando poderei modifica-los estudos?
Resposta:Unha vez notificada, a través da sede electrónica, a resolución da baremación económica abrirase un prazo para pdoer moficalos estudos asi como para cubrir os datos de residencia (no caso de que vivira durante o curso fora da residencia familiar) , así como calquera outra cousa que o MEC considere convinte.
10) Se o prazo remata o 12 de maio e solicito a BOLSA posteriormente ¿que sucederá?
Resposta:A bolsa será denegada por solicitude fora de prazo
11) ¿Cómo enviar a documentación complementaria que me requiren? A través dos Rexistros Administrativos:
Por correo postal
A través da chave 365 (sempre e cando este autorizado/a) https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365
Se quere solicitar cita previa para entregar documentació nos rexistros da Xunta pode facelo a través da seguinte ligazón:
ESTUDOS QUE ABRANGUE A BOLSA
|
|||
(Información obtida da seguinte ligazón) 1. PRESENTACIÓN DA TÚA SOLICITUDE A PARTIR DO 30 DE MARZO ATA O 12 DE MAIO DE 2022. FAINO CANTO ANTES! Aínda que non saibas que vas estudar nin que notas sacarás este curso, debes achegar algúns datos provisionais. Máis adiante poderás modificalos. Quizais che pidan, ademais, achegar algún documento: por iso, prepara o borrador con tempo suficiente.
Unha vez completada a solicitude, darache a opción de presentala. Ten en conta que:
IMPORTANTE: debes presentar a solicitude en prazo, xa que fóra do devandito prazo non se admitirán. 2. COMPROBACIÓN DE DATOS E REQUISITOS A Unidade de Bolsas que che corresponda comprobará se reúnes os requisitos e se os datos son os correctos. É posible que che pidan algún documento máis. Despois, o Ministerio de Educación consultará á Administración Tributaria os datos económicos para a concesión da bolsa. Por iso, cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude pode estar:
3. INFORMACIÓN DE SE REÚNES OS REQUISITOS ECONÓMICOS Dende o Ministerio enviarán unha notificación ao teu cartafol “As miñas notificacións”: avisarán por correo electrónico. Na notificación informarán de se reúnes ou non os requisitos económicos. Daranche instrucións para continuar o proceso, e un prazo para que poidas entrar novamente na túa solicitude para modificar algúns datos. IMPORTANTE: Recoméndase consultar unha vez por semana o teu cartafol de “As miñas notificacións” na sede electrónica e o correo electrónico que indicaches na solicitude.
Se reúnes os requisitos económicos para obter bolsa deberás cumprir outros requisitos, de tipo xeral e académico. Podes consultar cales son na páxina web do Ministerio, ou na propia convocatoria. Se non reúnes os requisitos económicos e consideras que houbo algún erro, informarante do prazo que tes para presentar alegacións.
4. MODIFICACIÓN DE DATOS ACADÉMICOS OU FORMULACIÓN DE ALEGACIÓNS Se queres modificar datos académicos da túa solicitude ou facer alegacións, na notificación informarante do prazo (adoita ser en setembro). IMPORTANTE: debes revisar a información de tipo académico que anotaches na túa solicitude: se variou, terás que corrixila nese prazo. Se non reúnes os requisitos económicos, podes alegar neste prazo. Para facelo, debes entrar na solicitude, nun apartado específico para iso. Se alegas, e ademais os teus datos académicos cambiaron, lembra que tamén debes actualizar nese mesmo prazo os datos académicos. 5. COMPROBACIÓN DOS REQUISITOS ACADÉMICOS Se reúnes os requisitos económicos, comprobarán a túa información académica. Se cumpres todos os requisitos, asignaranche as contías de bolsa que che correspondan. Cando consultes na sede electrónica, a túa solicitude estará no estado:
6. RESOLUCIÓN DA TÚA SOLICITUDE Comunicarán se che corresponde bolsa ou non, mediante unha notificación no teu cartafol “As miñas notificacións” da sede electrónica do Ministerio. Se non estás de acordo, poderás reclamar presentando alegacións dentro do prazo de 10 días. Se queres saber máis sobre iso, podes ir á páxina Como facer unha reclamación. 7. RECEPCIÓN DO IMPORTE DA BECA Unha vez que recibas a notificación, aboarán na túa conta a cantidade que che corresponda. A bolsa ten unha parte fixa e outra variable, polo que é posible que recibas varios pagos. Ademais, a contía variable tamén pode dividirse en dous pagos. Ten en conta que o importe tardará polo menos unhas semanas en aboarse na túa conta desde que recibes a notificación. 8 PUBLICACIÓN DEFINITIVA DA LISTA DE BOLSEIROS E BOLSEIRAS E CANTIDADE ASIGNADA A resolución definitiva da túa bolsa non se comunicará de forma individual. Simplemente, se publicará na páxina web do Ministerio unha listaxe definitiva de bolseiros no que aparecerá a contía de bolsa que se che comunicou anteriormente. No caso de que non aparezas na listaxe, a túa bolsa considérase denegada: xa cho notificarían anteriormente. Ten en conta que unha vez publicada a resolución:
MÁIS INFORMACIÓN |
|||||||||
Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/2023 Ábrese o prazo o 30 de marzo e finaliza o 12 de maio de 2022
MÁIS INFORMACIÓN Bolsas FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
|
|||
BOLSAS E AXUDAS: ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO ENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
BOLSAS E AXUDAS: FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOSENLACE Á INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL |
|||
|
|||
Listaxes correspondentes ao disposto no artigo 14.1 da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 28/03/2016).
|
|||
- Día 9 de xullo: publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e exposición das mesmas no interior do centro. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre. - Período de alegacións: 12 e 13 de xullo, exclusivamente. *IMPORTANTE: o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria extraordinaria de setembro ten que entregar os libros prestados o día 6 de setembro ao seu titor ou titora. - Publicación das listaxes definitivas: 15 de setembro |
|||
|
|||
Está publicada no DOG de 20 de maio de 2021 a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22. O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o 21 de maio e remata o 22 de xuño. Enlace á aplicación informática Extracto da Orde da convocatoria Para a presentación presencial: Anexos I e II da Orde da convocatoria |
|||
Aberta a convocatoria de bolsas e axudas para alumnado con nescesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020-2021. O prazo de solicitude rematará o 30 de setembro. A través deste enlace pode accederse a toda a información ao respecto. Para calquera aclaración ou consulta non dubide en contactar co centro educativo. |
|||
No BOE do 8 de agosto de 2020 vén de publicarse a convocatoria de bolsas para os estudantes que no curso académico 2020-2021 cursen ensinanzas postobrigatorias, entre elas 1º e 2º de bacharelato, Formación Profesional de grao medio ou superior e Formación Profesional básica. A solicitude deberase realizar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es. O prazo de presentación de solicitudes vai do 9 de agosto ata o 1 de outubro de 2020 no caso das ensinanzas especificadas anteriormente. Neste enlace atópase toda a información relativa a como facer a solicitude. |
|||
Día 10 de xullo: publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e exposición das mesmas no interior do centro. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación Fondolibros. Período de alegacións: 13 e 14 de xullo exclusivamente. Publicación de listaxes definitivas: 14 de setembro. Lémbrase que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria extraordinaria de setembro ten que entregar os libros prestados o venres 4 de setembro ao seu titor ou titora (de 10 a 12 horas). A non devolucion de todos os libros prestados no prazo indicado (sexan do curso actual ou anterior) será causa de exclusión da participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar no curso 2020/21.
|
|||
|
|||
Os libros prestados do fondo solidario de libros de texto serán recollidos polos titores/as entre os días 16 e 19 de xuño, agás aqueles necesarios para preparar os exames de setembro se o alumno/a xa ten esta información. A devolución realizarase seguindo o calendario que aparece máis abaixo e durante o proceso respectaranse as normas de seguridade (distancia física, máscara,etc.). As familias ou o propio alumnado que non poida vir no horario que lle corresponde poderá devolver os libros en vicedirección o xoves 25 ou o venres 26 entre as 10 e as 13 horas. Se, tras a recepción de notas a través de abalarMóbil, algún alumno/a necesitase para setembro algún libro xa devolto ao Fondo de Libros, debe pedilo en vicedirección o xoves 25 ou o venres 26 entre as 10 e as 13 horas. Recordamos que a falta de devolución de todos os libros prestados no prazo indicado (sexan do curso actual ou de calquera outro), será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21.
O alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria extraordinaria de setembro terá que entregar os libros prestados das materias suspensas o venres 4 de setembro ao seu titor/a entre as 10 e as 12 horas. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||
Publicada, no DOG do día 19 de maio de 2020, a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21. O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 20 de maio e remata o 19 de xuño. Enlace á aplicación informática Extracto da Orde da convocatoria Para a presentación presencial da documentación: Anexo I e Anexo II da Orde de convocatoria. |
|||
|
|||
As listaxes están expostas no centro e poden descargarse nos arquivos adxuntos. PRAZO DE ALEGACIÓNS: exclusivamente venres 12 e luns 15. A publicación das listaxes definitivas será o 13 de setembro.
Libros de texto: listaxe provisional de admitidos. Libros de texto: listaxe provisional de excluídos. Axudas material: listaxe provisional de admitidos, excluídos e pendentes.
Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados o día de recollida do boletín de notas, xoves 5 de setembro, ao seu titor ou titora. A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 13 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e o 19 de setembro de 2019. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 16 ao 28 de setembro e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro. |
|||
Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2019, a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20. O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 21 de maio e remata o 21 de xuño. PRAZO PECHADO
Enlace á aplicación informática Extracto da Orde da convocatoria Solicitude para cubrir en liña e imprimir (Anexos I e II)
|
|||
Nos arquivos adxuntos figuran as relacións definitivas de alumnado admitido e excluído nas axudas para material escolar e no fondo solidario de libros da Xunta de Galicia. Neste último, na listaxe definitiva de admitidos figuran os libros que serán obxecto de reparto polo centro. Na listaxe de libros complementarios figuran subliñados os libros aos que algúns alumnos e alumnas teñen dereito, pero non poden ser aínda repartidos porque non figuran nas existencias do centro. Procederemos á súa adquisición e reparto nos próximos días. Os libros que xa temos nas existencias do centro serán repartidos durante a primeira semana do curso. |
|||
Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional será publicada nesta web o 12 de xullo. O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 13 e 16 de xullo. Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados o día de recollida do boletín de notas, xoves 6 de setembro, ao seu titor ou titora. A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 14 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar a partir do 19 de setembro de 2018. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 14 de setembro ao 15 de outubro e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro. |
|||
Informamos de que está aberto o prazo para solicitar bolsas de estudos do Ministerio para diferentes estudos. As solicitudes deben realizarse na sede do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Toda a información na páxina do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte [aquí]. |
|||
As listaxes están expostas no centro e poden descargarse nos arquivos adxuntos. No caso das axudas para material escolar, o alumnado con materias pendentes para setembro non figura en ningunha destas listas. Sairá nas listaxes definitivas, o 14 de setembro. PRAZO DE ALEGACIÓNS: exclusivamente venres 13 e luns 16. |
|||
Nos arquivos adxuntos figuran as relacións definitivas de alumnos admitidos e excluídos no fondo solidario de libros da Xunta de Galicia. Na listaxe definitiva de admitidos figuran os libros que serán obxecto de reparto polo centro. Na listaxe de libros complementarios figuran suliñados os libros aos que algúns alumnos teñen dereito, pero non poden ser aínda repartidos porque non figuran nas existencias do centro. Procederemos á súa adquisición e reparto nos próximos días. Os libros que xa temos nas existencias do centro serán repartidos o luns 18 e o martes 19 de setembro. |
|||
A partir das 10.00 do 15 de setembro os solicitantes das axudas concedidas poden recoller o vale para material escolar na administración do centro. Recordamos que este vale debe ser recollido polo solicitante da axuda, non polo alumno. En caso de non poder acudir ó centro, o solicitante deberá autorizar por escrito a un maior de idade para recoller o vale no seu nome. As listaxes de solicitudes concedidas e excluídas figuran nos ficheiros adxuntos. |
|||
