Matemáticas |
|
|||
O alumno Xoel Lago Moreiras de 2º ESO E e a alumna Natalia Diez Mariño de 2º ESO F acudiron á facultade de matemáticas da USC para representar o noso centro na Olimpíada Matemática Galega correspondente ao ano 2022. Dende aquí queremos agradecer o seu traballo e esforzo nesta representación. |
|||
|
|||||||||
O concurso convocouno a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (SGAPEIO) coa colaboración da Facultade de Matemáticas e o Instituto de Matemáticas da USC, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Instituto Galego de Estadística e Gadis. |
|||
Hoxe, 24 de maio, tivo lugar durante o segundo recreo a entrega de premios aos gañadores do concurso Canguro matemático, organizado polo departamento de Matemáticas. Os premios recaeron nas seguintes persoas: Nivel 1º ESO, 1º premio: Uxía Riveiro Fernández Nivel 1º ESO, 2º premio:Mario Campos Alonso Nivel 2º ESO, 1º premio: Sofía Paola Chang Gómez Nivel 3º ESO, 1º premio: Alba Diez Mariño
|
|||
Hoxe, 2 de marzo, o alumnado de 1º de bacharelato puido asistir a unha charla de Alberto Cabada (profesor do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas). A charla levou por título A matemática na codificación de mensaxes e realizouse grazas á organización do departamento de Matemáticas do noso IES ao abeiro do programa A Ponte da USC.
|
|||
O alumnado de 2º de bacharelato que cursa a materia de Matemáticas asistiu o pasado venres 17 a unha charla baixo o título Maridaxe de Matemáticas e Informática a cargo cargo de Francisco Pena, pertencente ao Dpto. de Matemática aplicada da USC. A actividade foi organizada polo Dpto. de Matemáticas. |
|||
O martes 18 de xuño o departamento de Matemáticas rifou agasallos entre todos os participantes no concurso |
|||
Paula Martínez e Catalina Varela, de 1º ESO D, son as gañadoras do concurso de chistes matemáticos organizado polo departamento de Matemáticas en colaboración co EDLG entre o alumnado de 1º ESO. Parabéns! |
|||
Ao longo deste curso, a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da USC, en colaboración co programa Conecta-Aleida, realizou no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos |
|||
Un curso máis, a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co programa Conecta-Aleida, vai realizar no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos co alumnado de 1º ESO seleccionado polo departamento de Matemáticas do IES do Milladoiro. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
