Física e Química

Departamento de Física e Química

Profesorado 2020/21

  Programación   Resumo prog.
         

Dolores Dorinda Freire Camino

Mónica Teresa Parente Morales

Carlos Varela Casal (xef. dep.)

   

11F no IES do Milladoiro

Deixamos  aquí o  vídeo que  reflicte a  homenaxe que  as  alumnas   do noso  IES  lle  quixeron  render  a algunhas  das  científicas  máis  importantes  do panorama  internacional  con motivo  da  conmemoración  do  Día Internacional  da  Muller  e  da  Nena  na  Ciencia. A  través  de  diálogos  de  gran  viveza  e  orixinalidade  o público  asistente  puido  achegarse  de  xeito  lúdico  aos  logros  dunha  serie  de  mulleres  que  dedicaron  a  súa  vida  á  ciencia.

A  actividade  foi  organizada  polo  departamento de  Física  e  Química  e  o  Comité  de  Igualdade   e  serviu para  pór  en  valor  o  papel  fundamental  das mulleres  no  eido científico, pero tamén  reivindicar  a  igualdade  de  xénero  e  lograr  unha  maior  participación  e  inclusión  das  mulleres  e  das nenas  no  mundo  da  ciencia  e  da  tecnoloxía.

Determinación experimental da taxa de renovación do aire nas nosas aulas

Nas  tardes  dos días  4  e  11  de novembro  un  grupo  de  alumnos  e  alumnas  de  1º  de  bacharelato iniciou  un  estudo   que  permitirá   determinar  a  taxa  de  renovación do  aire nos  distintos  espazos  do centro. 

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

 

O  Día Internacional da  Muller  e  da  Nena  na  Ciencia  foi  celebrado hoxe, 11  de  febreiro,  no  noso  IES  coa  realización dun cartel por  parte  da  rapazada  do EDLG e  que  foi  colocado  na  parede  central  do corredor  do  Andar 0 xunto  con  algunhas  sinopses  biográficas  de importantes científicas.

 

 

 

Ao  mesmo  tempo, o  dpto.   de  Física  e  Química  organizou  a  actividade  Científicas  que  experimentan para  o  alumnado  de  2º  de  ESO:  o  alumnado tivo a  oportunidade  de   participar ao  longo  da  mañá na  realización  de  diversos  experimentos  dirixidos  por  catro   mulleres. 

 

                                            

"O neutrón é manso"

 

Hoxe, 19  de  decembro, o  alumnado  de  bacharelato  de  Ciencias  e  o  de  4º  ESO B  asistiu a  unha  charla  de  divulgación  científica  impartida  polo  profesor  de  Física  Teórica  da  USC e  investigador  do  IGFAE (Instituto  Galego  de  Física  de  Altas  Enerxías), Javier  Mas  Solé.

A  charla  levou  por  título  O  neutrón  é  manso e  centrouse  na  importancia  desta  partícula  subatómica  na  formación  de  todos  os  elementos  da  táboa  periódica, conmemorando  así  o  150  aniversario  da  mesma.

A  actividade  foi organizada polo  Dpto. de  Física  e  Química.

Encontro co profesor Ben Feringa, Premio Nobel de Química 2016

O pasado martes 9 de maio, catro alumnos do IES do Milladoiro, acompañados pola súa profesora de Química, tiveron o pracer de asistir a un encontro co Premio Nobel de Química 2016, Ben Feringa.

XXXVI Olimpíada Galega de Química 2019

O venres 22 de marzo tiveron lugar na Facultade de Química da USC as probas da XXXVI edición das Olimpíadas Galegas de Química.

Visita ao CIQUS

O pasado mércores 21 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º bacharelato puideron desfrutar coa visita ás instalacións do CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC) e participar nunha actividade dirixida que trata de achegar aos estudantes unha visión actual e atractiva da investigación en Química, dar a coñecer a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, e amosar a actividade cotiá nun moderno centro de investigación.

Charla de Jorge Mira (USC)

O pasado venres 4 de maio, o alumnado das materias Cultura científica e Ciencias aplicadas de 4º ESO e o de 1º BACH. A tivo a oportunidade de escoitar o profesor Jorga Mira, da Facultade de Física da USC, na charla " A que distancia está o ceo?", dentro do programa EDUMOTIVA da Consellería de Educación. Queremos agradecer a súa colaboración ás familias que axudaron a que esta charla fose posible e á profesora Irene García.

Física recreativa: Clickonphysics

O venres 16 de marzo, o alumnado de Física de 1º e 2º de Bacharelato e 4º de ESO asistiu a unha charla de José Benito Vázquez Dorrío, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, e realizou con el unha serie de actividades manipulativas. O conferenciante gabou o comportamento e a actitude do noso alumnado, que gozou moito coa actividade. Neste enlace podemos ver algunhas fotos.

Distribuir contido