Educación Física |
|
|||
SAÍDA: APARCADOIRO DO INSTITUTO, A PARTIR DAS 23:30 H O autobús realizará a saída ás 00:00 h Lémbrase ao alumnado que deben levar consigo (non na maleta) o permiso da Garda Civil e o DNI por se os piden na aduana. |
|||
Con motivo da viaxe a Andorra que fará o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e que terá lugar entre os días 26 de marzo (sábado) e 2 de abril (sábado), publicamos a información, normas de viaxe e modelo de autorización, ao que se pode acceder nas seguintes ligazóns: NORMAS DA VIAXE E AUTORIZACIÓNS
|
|||
NOVAS INSTRUCCIÓNS. EDUCACIÓN FÍSICA ( 3º A-B-C, 4º A-B-C E 1º DE BACH A-B). Ola a todos; desexando que esteades ben, despois de esperar as directrices por parte da consellería e tendo en conta que a materia de educación física e eminentemente práctica e vivencial o departamento decide establecer os seguintes criterios de cara a avaliación do terceiro trimestre e final: · En primeiro lugar, anímovos a que sigades facendo algo de exercicio dentro das posibilidades de cada un. Axudaranos a levar mellor o confinamento. · Para a nota final, teranse en conta a nota da primeira e segunda avaliación. Farase a media de ámbalas dúas. · O alumnado con algunha avaliación suspensa deberá poñerse en contacto comigo a través do correo, ed.fisica.milladoiro@gmail.com,onde lle indicarei individualmente o que ten que facer para recuperar, en función do que houbera suspendido e facendo as adaptacións posibles nestas circunstancias. · O alumnado que aínda superadas as dúas avaliacións, queira optar a subir nota, tamén deberá poñerse en contacto comigo para darlle indicacións de como facelo. · Os alumnos de bacharelato que queiran subir nota, deben enviar a sesión establecida para o terceiro trimestre (ed.fisica.milladoiro@gmail.com). Ademais, individualmente explicar a través dun vídeo dita sesión especificando, material, organización, distribución dos espazos, estiramentos, obxectivo da sesión e as correspondentes actividades gravándoas se e posible. · En tódolos correos, por favor, indicade o nome, apelidos e curso.
MOITO ANIMO. DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA |
|||
Ola a todos. Imos a intentar manter un ritmo de traballo e para sentirnos mellor dentro das posibilidades de cada un, faremos algo de exercicio. Para TÓDOLOS NIVEIS: 1.- Mándovos uns enlaces que nos poden servir de axuda para facer exercicio na casa. Isto nos axudará a superar no terceiro trimestre a proba de resistencia. · https://www.youtube.com/watch?v=EvhtTOzWxHM&feature=youtu.be · https://www.youtube.com/watch?v=Zcr7PAZNEy0&feature=youtu.be · https://www.youtube.com/watch?v=eWjd8C2SB0Y&feature=youtu.be · https://www.youtube.com/watch?v=3ggir4HiG6U&feature=youtu.be
2.- Investigación e recompilación de actividades, retos motrices que se poidan facer co propio peso e actividades na casa como por exemplo, zigzag entre obstáculos (latas de refrescos), cunha pelota pequena ou ben exercicios con raquetas de praia , exercicios de puntería etc. Importante a imaxinación. 3º DE ESO. A-B-C Quedounos pendente o traballo en grupo de “Acrosport”. Nestes días debemos seleccionar figuras que faremos a volta en grupo de cara a elaboración do vídeo con todas e que por falta de tempo non se fixo.
4º DE ESO. Ide buscando e practicando pasos de “Aerobic” para elaborar a coreografía grupal correspondente o contido do terceiro trimestre.
1º BACHARELATO. Para o alumnado de primeiro de bacharelato, non esquezades a sesión que lle corresponde a cada parella para o terceiro trimestre seguindo a mesmas normas que xa tiñamos no segundo, (obxectivo, modelo de sesión, tres partes ben detalladas etc.) Se tendes dubidas podedes contactar comigo no seguinte correo. ed.fisica.milladoiro@gmail.com E o mais importante de todo, coidádevos. Esperamos que isto remate pronto. |
|||
|
|||
|
|||
O pasado 19 de novembro o alumnado de 2º de ESO dos grupos C, D e E puideron practicar a escalada en rocódromo. A actividade foi levada a cabo polo departamento de Educación Física.
|
|||
O martes 12 o alumnado de 2º ESO A e 2º ESO B puido practicar a escalada en rocódromo. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física. Os restantes grupos de 2º levarán a cabo a actividade o día 19 de novembro.
|
|||
O martes 28 de maio o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato gozou do sol e das praias do Grove nunha xornada de iniciación ao remo en canoa |
|||
O 14 de maio o alumnado de 1º ESO realizou unha actividade de sendeirismo polo Grove organizada polo departamento de Ed. Física. |
|||
|
|||
|
|||
O sábado 16 de febreiro regresou de Andorra o grupo de 1º de Bacharelato que participou na saída organizada polo departamento de Educación Física. Grazas aos profes Antonio, Sonia e Javier por darlle ao alumnado esta oportunidade de gozar da neve. |
|||
A saída será o día 9 de febreiro ás 22.00 desde o aparcadoiro fronte á Casa da Cultura do Milladoiro. Recordamos a necesidade de que o alumnado leve a documentación esixida (autorización da Garda Civil, DNI e tarxeta sanitaria) e de que esta sexa facilmente localizable (non debe ir na maleta). |
|||
Con motivo da conmemoración do Día intenacional da muller, dende o departamento de educación física, gustaríanos aporta algúns datos e documentos para reflexionar sobre as diferencias de práctica de actividade física e deportiva entre as mulleres e os homes. El 86% de las adolescentes españolas no realiza la actividad física recomendada por la OMS
Por que? Como podemos cambiar? |
|||
Estivemos a traballar o voleibol durante o segundo trimestre deste curso co alumnado de 2º ESO, agora toca coñecer cales son as regras para xogar a este deporte. Tendes que revisar este pequeno resumo e se tendes dúbidas podedes consultar no regulamento oficial que tamén se adxunta. Moito ánimo e moita sorte! |
|||
|
|||
Nos seguinte enlaces tendes os contidos para a teoría da 2ª avaliación. Estudiade moito!! |
|||
|
|||
A saída adiántase ás 22.00. Lugar: aparcadoiro fronte ao IES do Milladoiro. |
|||
Convocamos ás familias do alumnado que participará na excursión a Andorra a unha reunión informativa o martes 16 de xaneiro de 2018 ás 18:15 no salón de actos do noso centro. Nela daremos as últimas recomendacións. Recordamos:
|
|||
Convocamos ás familias do alumnado que participará na excursión a Andorra a unha reunión informativa o martes 16 de xaneiro de 2018 ás 18:15 no salón de actos do noso centro. Nela daremos as últimas recomendacións. Recordamos: |
|||
Como traballo final o alumnado de 3º de ESO terá que analizar os exercicios que realizamos nas sesións de educación física. Seguide o guión entregado pola profesora para analizar os exercicios, despois de facer a lectura do artigo que atopades no seguinte enlace: Exercicios contraindicados en educación física. Lembrade que o prazo para a entrega do traballo remata o 24 de novembro. |
|||
Convocamos a unha reunión informativa o martes 24 de outubro ás 18.15 no salón de actos do centro. |
|||
O martes 23 de maio o alumnado de 4º ESO e 1º Bach percorreu nunha andaina organizada polo departamento de Educación Física unha das partes máis emblemáticas da Costa da Morte que lles permitiu achegarse ás localidades de Camariñas e Arou. |
|||
O xoves 27 de abril o alumnado de 3º ESO participou nunha andaina polo monte Pindo orgnizada polo Departamento de Educación Física. Velaquí as imaxes desta saída: |
|||
O pasado 9 de maio, o alumnado de 1º ESO participou nun roteiro organizado polo Departamento de Educación Física pola zona de O Grove. Velaquí as imaxes que nos deixou esta actividade: |
|||
O pasado xoves 4 de maio, o alumnado de 2º ESO participou nunha andaina pola Ruta da pedra e a auga en Armenteira e Ribadumia organizada polo departamento de Educación Física. Velaquí as súas imaxes: |
|||
O xoves 30 de marzo, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e o martes 4 de abril, o alumnado de 3º ESO, tivo a oportunidade de practicar deporte de aventura en contacto coa natureza participando nunha actividade de rafting no Ulla organizada polo Departamento de Educación Física. Velaquí as imaxes que nos deixa esta actividade: |
|||
