PLAN DE TRABALLO. EDUCACIÓN FÍSICA

Ola a todos.

Imos a intentar manter un ritmo de traballo  e para sentirnos mellor dentro das posibilidades de cada un,  faremos algo de exercicio.

Para TÓDOLOS NIVEIS:

1.- Mándovos uns enlaces que nos poden servir de axuda para facer exercicio na casa. Isto nos axudará a superar no terceiro trimestre a proba de resistencia.

·        https://www.runnersworld.com/es/training/a31655712/ejercicios-casa-chema-martinez-entrenamiento-casa/

·        https://www.youtube.com/watch?v=EvhtTOzWxHM&feature=youtu.be

·        https://www.youtube.com/watch?v=Zcr7PAZNEy0&feature=youtu.be

·        https://www.youtube.com/watch?v=eWjd8C2SB0Y&feature=youtu.be

·        https://www.youtube.com/watch?v=3ggir4HiG6U&feature=youtu.be

 

2.- Investigación e recompilación de actividades, retos motrices que se poidan facer co propio peso e actividades  na casa como por exemplo, zigzag entre obstáculos (latas de refrescos), cunha pelota  pequena ou ben exercicios con raquetas de praia , exercicios de puntería etc. Importante a imaxinación.

3º DE ESO. A-B-C

Quedounos pendente o traballo en grupo de “Acrosport”. Nestes días debemos seleccionar figuras que faremos a volta en grupo de cara a elaboración do vídeo con todas e que por falta de tempo non se fixo.

 

4º DE ESO.

Ide buscando e practicando  pasos de “Aerobic” para elaborar a coreografía grupal correspondente o contido do terceiro trimestre.

 

1º BACHARELATO.

Para o alumnado de primeiro de bacharelato, non esquezades a sesión que lle corresponde a cada parella para o terceiro trimestre seguindo a mesmas normas que xa tiñamos no segundo, (obxectivo, modelo de sesión, tres partes ben detalladas etc.)

Se tendes dubidas podedes contactar comigo no seguinte correo.

ed.fisica.milladoiro@gmail.com

E o mais importante de todo, coidádevos. Esperamos que  isto remate pronto.