Vida saudable |
Con data de 25 de xuño de 2021 recíbese comunicación escrita de que queda ratificada a continuidade do "Selo de Vida Saudable", dado que o xurado considera que se seguen a cumprir no IES do Milladoiro as condicións e requisitos que deron lugar á súa concesión. |
|||
"No día a dia reproducimos estereotipos machistas sen nos decatar porque vivimos nunha sociedade patriarcal; as familias, os medios de comunicación e tamén o sistema educativo contribúen a perpetualos. A incoherencia entre o que pensamos e o que facemos (curriculum oculto) delata o peso da socialización do que non somos conscientes, unha influencia tan sutil que resulta moi eficaz. Polo tanto hai que estar alerta, e para desvelar a desigualdade teremos que por os lentes violeta". Con estas palabras de Chis Oliveira e Amada Traba arrancan Paula García e Carlota Vicente o terceiro podcast do seu programa "Igualdade e Saúde", centrado na coeducación.
|
|||
O IES do Milladoiro participa un ano máis no Plan de consumo de froita promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el repartiremos froita fresca (plátanos e mandarinas tendo en conta a necesidade de adaptación ao contexto da covid-19) a partir do vindeiro luns, día 1, e ata o día 12 de febreiro. O obxectivo preferente deste plan no noso centro é o alumnado de 1º e 2º de ESO, que poderá recoller froita no primeiro recreo. No segundo, o resto poderá tomar a froita sobrante. Esta acción responde á preocupación pola saúde do alumnado que fixo ao noso IES merecedor do distintivo "SELO DE VIDA SAUDABLE". |
|||
Xa temos a segunda entrega do programa Igualdade e Saúde. Dirixido por Carlota Vicente e Paula García. Nesta ocasión trataron o tema das mulleres na física. A entrevista fixéronlla a Encina Calvo, profesora no grao de Enxeñaría química da USC. Estade atentas e atentos que xa vai saír en breve o podcast seguinte deste programa. |
|||
Hoxe, 25 de novembro, Paula García e Carlota Vicente estrean programa na Radio MillaFalaDoiro, a radio do IES do Milladoiro. Chámanlle Igualdade e Saúde e van tratar de todos os temas arredor da Igualdade de Xénero. Neste primeiro programa entrevistaron a Luisa Feijoo, Concelleira de Benestar Social de Ames.
|
|||
O centro acolle desde hoxe e ata o día 21 de xaneiro a exposición Os obxectivos do Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá. A exposición está organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade; chega ao noso centro grazas aos Servizos Sociais do Concello. |
|||
O pasado 19 de novembro o alumnado de 2º de ESO dos grupos C, D e E puideron practicar a escalada en rocódromo. A actividade foi levada a cabo polo departamento de Educación Física.
|
|||
O martes 12 o alumnado de 2º ESO A e 2º ESO B puido practicar a escalada en rocódromo. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física. Os restantes grupos de 2º levarán a cabo a actividade o día 19 de novembro.
|
|||
O IES do Milladoiro participa un curso máis no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto en diversos períodos ao longo do curso, o primeiro deles do 4 ao 15 de novembro. O obxectivo preferente deste plan no noso centro é o alumnado de 1º e 2º ESO, que poderá recoller a froita no primeiro recreo. No segundo, o resto do alumnado poderá recoller a froita sobrante.
Esta acción responde á preocupación pola saúde do alumnado que fixo ao IES do Milladoiro merecedor do distintivo "SELO DE VIDA SAUDABLE".
|
|||
O IES do Milladoiro participa no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto, por segunda vez no curso, entre o 1 e o 12 de abril. |
|||
O martes 18 ás 18:30, no salón de actos do IES do Milladoiro, a psicóloga Belén Montesa dará a coñecer ás familias do alumnado de 2º e 4º de ESO o informe realizado tras o "Obradoiro de prevención de condutas adictivas" levado a cabo nestes cursos coa colaboración do Concello de Ames. |
|||
Dentro das actividades organizadas arredor do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o departamento de Orientación do noso centro organizou un "Obradoiro de relacións igualitarias" para 4º ESO, realizado por membros da ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz). Por indisposición da ponente, o venres 30 de novembro só puido realizarse con 4º ESO A. Os restantes grupos participarán neste obradoiro en canto sexa posible. |
|||
Continúa a andaina neste curso do Laboratorio de educación para o desenvolvemento que AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) leva a cabo no noso centro, este ano con 2º ESO D. |
|||
Dentro das actividades celebradas no IES do Milladoiro para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o venres 23 tivo lugar un Obradoiro de igualdade e convivencia positiva promovido polo CIM do Concello de Ames. |
|||
O IES do Milladoiro participa no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto en diversos períodos ao longo do curso, o primeiro deles do 19 ao 30 de novembro. |
|||
O IES do Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 1º de Bacharelato. Convócase as familias do alumnado de 1º de Bacharelato a dúas reunións informativas no Salón de actos do IES do Milladoiro:
|
|||
|
|||
A partir do xoves 22 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO participará nas horas de titoría no obradorio "Sexualidade e relacións coercitivas" impartido por IGASEX3. |
|||
O profesor da Facultade de Bioloxía da USC Óscar Cordero acudiu ao noso centro o martes 9 de xaneiro para falar co alumnado de bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato das investigacións no eido da vacinación contra o cancro. Trátase dunha charla dentro do programa A Ponte da USC, no que o noso centro participa. O obxectivo é facilitar o tránsito entre o bacharelato e os estudos superiores e ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de coñecer as últimas investigacións da man dos seus protagonistas. |
|||
Os resultados das sesións de formación sobre condutas adictivas que impartiu a psicóloga Belén Montesa ao alumnado de 2º da ESO na semana do 6 ao 10 de novembro serán presentados ás familias nunha reunión que se celebrará no Salón de Actos do Instituto o vindeiro martes 28 de novembro a partir das 19:00.
|
|||
Os resultados das sesións de formación sobre condutas adictivas que impartiu a psicóloga Belén Montesa ao alumnado de 4º da ESO na semana do 6 ao 10 de novembro serán presentados ás familias nunha reunión que se celebrará no Salón de Actos do Instituto o vindeiro martes 21 de novembro a partir das 19:00. |
|||
O IES do Milladoiro en colaboración co Concello de Ames vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 2º e 4º de ESO. Convócase ás familias ás seguintes reunións informativas:
Xoves, 2 de novembro: familias de 2º e 4º da ESO ás 19:00 horas Martes, 21 de novembro: familias de 4º da ESO ás 19:00 horas Martes, 28 de novembro: familias de 2º da ESO ás 19:00 horas.
|
|||
O BOE do 23 de xuño recolle a Resolución da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, pola que se concede o distintivo de calidade «Selo de Vida Saudable» ao IES do Milladoiro. Estes distintivos foron entregados por primeira vez en 2016. Dos 41 centros de toda España que reciben este "Selo de Vida Saudable" en 2017, 4 son galegos. O IES do Milladoiro está entre eles.
|
|||
