Reparto de froita

O IES do Milladoiro participa no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto, por segunda vez no curso, entre o 1 e o 12 de abril. O obxectivo preferente deste plan no noso centro é o alumnado de 1º ESO, que poderá recoller a froita no primeiro recreo. No segundo, o resto do alumnado poderá recoller a froita sobrante.

Esta acción responde á preocupación pola saúde do alumnado que fixo ao IES do Milladoiro merecedor do distintivo  "SELO DE VIDA SAUDABLE".