Artes Plásticas |
|
|||
O interior do noso instituto, co seu xogo de luces e sombras a as súas formas xeométricas que crean perspectivas, adquire un singular protagonismo da man do alumnado de Debuxo Artístico II, de 2º de Bacharelato, que nos invita a unha singular e fermosa exposición, na entrada principal do noso centro, coa que o recinto do IES do Milladoiro se converte nun obxecto de beleza. |
|||
Para acceder ao documento, premer a continuación: Proxecto colaborativo de Plástica |
|||
|
|||
|
|||
O día 16 de xuño asistimos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela á estrea do documental De Milladoiro a Seidón realizado polo alumnado de 1ESOD. Foi un momento moi emocionante no que o alumnado, convertidos/as en cineastas, presentou o resultado do laborioso traballo realizado durante o presente curso dentro do programa Cinema en curso, do Plan Proxecta de Innovación Educativa (Xunta de Galicia). O día 19 tivemos a sorte de proxectar con familiares, amigos/as, veciños/as e docentes no Centro Sociocultural do Milladoiro. Achegamos imaxes de ámbolos dous actos e tamén vos invitamos a ver o documental, para quen non puidese achegarse, dende as vosas pantaias. Velaquí os resultados do proxecto: |
|||
Este curso o Departamento de Artes Plásticas conseguiu ser seleccionado no proxecto Cine en curso. Participaron ademáis dúas profesoras de Francés e de Xeografía e Historia respectivamente que impartiron docencia no grupo 1ºESO-D, co que se desenvolveu o proxecto. Foron uns meses de intenso traballo para o alumnado e o profesorado, pero pagou a pena e á vista está o resutado: Un documental sobre a memoria de O Milladoiro que arrincou os aplausos do público na súa estrea na Cidade da Cultura e na Casa de Cultura de O Milladoiro dous días despois. De Milladoiro a Seidón IES do Milladoiro (Milladoiro), Cinema en curso 2016-2017 from Cinema en curs on Vimeo.
|
|||
O alumnado de Ed. Plástica, visual e audiovisual expón a súa interpretación dun detalle dos Murais de Detroit que Diego Rivera pintou entre 1931 e 1932. Cada grupo traballou unha das seis partes na que se divide o mural cunha técnica e un procedemento diferente pero tiña que estar en todo momento coordinado co resto dos grupos para que, ao xuntar as divisións, acadaran unha unidade de forma e cor. Parabéns aos artistas por este traballo cooperativo! |
|||
|
|||
|
|||
Dentro das accións que se están a realizar no Instituto para mellorar a limpeza e o coidado das nosas instalacións (Olimpíada da Convivencia http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/511, carteis pola convivencia http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/494, entrevista ás señoras da limpeza http://www.edu.xunta.es/centros/iesmilladoiro/node/507), o alumnado de 3º da ESO, da man da profesora Ana Carballo, do Departamento de Artes Plásticas, vén de construír un "monstro" co lixo atopado no centro. Fixeron, ademais, uns carteis valorando positiva ou negativamente actos cotiáns que contribúen a manter o centro limpo ou, pola contra, a que sexa un espazo pouco agradable para convivir.
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||

Dentro da actividade creativa do MACUF, obradoiro de fotografía a cargo de Fran Herbella.
A actividade está organizada polo departamento de Plástica e terá lugar segundo o seguinte horario:
* 9:00-12:00: 1º ESO D
* 13.00-14:30 e de 16:30 a 6:00 : 1º ESO C
* lugar de celebración: aula de plástica