Igualdade |
CORDINADORA: Larisa Rozados Lorenzo MEMBROS PROFESORADO
ALUMNADO
|
|||
|
|||
|
|||
"17/5. Día contra LGTBI fobia" é o nome da exposición que o Comité de Igualdade levou a cabo co gallo do Día Internacional contra a homofobia, a transfobia e a bifobia. Na entrada do centro amosaron, en diferentes paneis, exemplos célebres entre o colectivo trans, que é un dos máis afectados pola actitude de intolerancia e polas accións violentas de grupos extremistas. |
|||
|
|||
Como xa é tradicional no noso centro, o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro amosoulle a toda a comunidade educativa as actividades para desenvolver co gallo do Día Internacional da Muller.
|
|||
Amosamos un dos faladoiros científicos máis interesantes que fixo o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro, co gallo do Día Internacional da muller e da nena na Ciencia. Nel falouse de tres mulleres matemáticas afroamericanas: Katherine Johnson (que calculou as traxectorias do primeiro proxecto espacial dos Estados Unidos), Dorothy Vaughan (matemática que traballou na NASA) e Mary Jackson (enxeñeira espacial). As tres son as protagonistas dunha película baseada nestas grandes mulleres, Figuras ocultas.
|
|||
O luns, 14 de febreiro, o Comité de igualdade do IES do Milladoiro organizou dúas actividades diferentes nos recreos. No primeiro, e para conmemorar o Día dos namorados, realizou unha actividade na que se pedía ás alumnas e alumnos do centro (amais de a profesores e profesoras) que reflexionasen sobre o importante que é valorarse a un mesmo, o amor propio, e acabar cos mitos do amor romántico tóxico.
No segundo recreo, as alumnas que forman parte do Comité de Igualdade continuaron cos faladoiros científicos, iniciados o venres. Tres alumnas do centro (María, Sara e Dora) metéronse na pel de tres mulleres de diferente época, relacionadas co campo da Medicina. |
|||
O Comite de Igualdade do IES do Milladoiro continúa a desenvolver, esta semana, as actividades vinculadas ao Día Internacional da muller e a nena na Ciencia. No seguinte vídeo podedes ver un anaco do faladoiro científico feito o luns, 14 de febreiro.
|
|||
Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro desenvolveu un faladoiro científico no salón de actos. No seguinte vídeo podedes ver un anaco. |
|||
Dende o IES do Milladoiro queremos agradecer a colaboración prestada polas familias polos xoguetes e libros recollidos na actividade organizada polo Comité de Igualdade do noso centro, que serán doados á asociación AVESANTI. MOITAS GRAZAS! |
|||
Feminicidio é o nome da "perfomance" coa que o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro quixo conmemorar o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A actividade desenvolveuse nos dous recreos e serviu para amosar, unha vez máis, o rexeitamento de toda a comunidade educativa do noso centro fronte a unha lacra que segue a ser unha crúa e dura realidade. |
|||
O venres 19 o alumnado de 1º de bacharelato tivo o pracer de asistir á representación dun teatro-foro patrocinado pola Concellería de Igualdade do concello de Ames. A obra (¿Esto es amor?) foi representada pola compañía zaragozana “Psiare” e resultou ser todo un éxito, xa que a participación foi máxima por tratarse de temas moi próximos aos nosos/as adolescentes, como son a detección e prevención de sinais de violencia de xénero, ou novas masculinidades. O obxectivo principal era entender que non debemos ser observadores/as pasivos/as, senón mobilizarse a través da actuación e visualización. |
|||
Co gallo do 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, o Comité de Igualdade organizou durante os recreos do día 10 de marzo unha danza reivindicativa. A actividade serviu para pór de manifesto as inquedanzas do noso alumnado, así como a necesidade de camiñar todos e todas xuntos/as cara a unha sociedade máis igualitaria. |
|||
Neste vídeo recóllense as imaxes do Photocall feito o pasado mércores para conmemorar o Día de Rosalía. A actividade, organizada polo EDLG en colaboración co Comité de Igualdade, titulouse "Rosalía tamén tivo teito de cristal" e estivo centrada no papel da autora como defensora dos dereitos da muller.
Pola tarde, Aroha Brandón, Ana Caamaño, Uxía Reyes e Alba Vidal foron as encargadas de ler parte do manifesto que escribiu Anne Figueirido para a AELG e que se leu nun acto sinxelo diante da casa de Barbazán en Bertamiráns, onde Joseba Muruzabal pintou "as Rosalías"
|
|||
Deixamos aquí o vídeo que reflicte a homenaxe que as alumnas do noso IES lle quixeron render a algunhas das científicas máis importantes do panorama internacional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. A través de diálogos de gran viveza e orixinalidade o público asistente puido achegarse de xeito lúdico aos logros dunha serie de mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química e o Comité de Igualdade e serviu para pór en valor o papel fundamental das mulleres no eido científico, pero tamén reivindicar a igualdade de xénero e lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e das nenas no mundo da ciencia e da tecnoloxía. |
|||
Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e, no noso IES, levamos toda a semana visibilizando o papel fundamental das mulleres na historia da ciencia. Está a resultar una actividade enriquecedora e que, día tras día, logra completar aforo.
A actividade complementouse cunha entrevista no programa de radio Entrevistas con Diego.
Queremos expresar o noso agradecemento ás nosas alumnas por darlle vida a estas grandes científicas. Mañá poderemos gozar da última tertulia. En breve publicarase unha montaxe con todas as tertulias. Así mesmo, o noso centro participou activamente no vídeo conmemorativo elaborado polo noso concello. |
|||
|
|||
"No día a dia reproducimos estereotipos machistas sen nos decatar porque vivimos nunha sociedade patriarcal; as familias, os medios de comunicación e tamén o sistema educativo contribúen a perpetualos. A incoherencia entre o que pensamos e o que facemos (curriculum oculto) delata o peso da socialización do que non somos conscientes, unha influencia tan sutil que resulta moi eficaz. Polo tanto hai que estar alerta, e para desvelar a desigualdade teremos que por os lentes violeta". Con estas palabras de Chis Oliveira e Amada Traba arrancan Paula García e Carlota Vicente o terceiro podcast do seu programa "Igualdade e Saúde", centrado na coeducación.
|
|||
Xa temos a segunda entrega do programa Igualdade e Saúde. Dirixido por Carlota Vicente e Paula García. Nesta ocasión trataron o tema das mulleres na física. A entrevista fixéronlla a Encina Calvo, profesora no grao de Enxeñaría química da USC. Estade atentas e atentos que xa vai saír en breve o podcast seguinte deste programa. |
|||
Hoxe, 25 de novembro, Paula García e Carlota Vicente estrean programa na Radio MillaFalaDoiro, a radio do IES do Milladoiro. Chámanlle Igualdade e Saúde e van tratar de todos os temas arredor da Igualdade de Xénero. Neste primeiro programa entrevistaron a Luisa Feijoo, Concelleira de Benestar Social de Ames.
|
|||
O vindeiro 23 de abril celébrase a oitava edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC, dirixido entre outros a estudantes dos últimos niveis de Secundaria, grupos de idade nos que parece importante potenciar a visibilización das TIC desde un enfoque inclusivo, facendo fincapé no papel das tecnólogas, investigadoras e empresarias galegas. Desde o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), tendo en conta a situación vivida actualmente e derivada do Covid-19, propoñen a realización dunha actividade online (unha multiconferencia web). O día 23, entre as 11h e as 12:30 aproximadamente, terá lugar un coloquio virtual entre a rapazada e catro investigadoras e profesionais das tecnoloxías. O coloquio estará aberto á participación en directo do estudantado, mais para poder participar precísase dunha inscrición previa que ha de realizarse co envío dun correo electrónico. Neste enlace pode accederse a toda a información ao respecto: como inscribirse, como conectarse, información sobre as catro mulleres que interveñen, etc. |
|||
O xoves, 5 de marzo, os membros do Comité de igualdade participaron nun acto conmemorativo do 8M no que se encontraron co alumnado do IES de Ames e con persoeiros do noso concello. O acto, no que se recordou a historia de Carmen Amado (vítima da violencia de xénero), leuse un manifesto, recitáronse poemas e rematou coa plantación de dúas árbores no paseo de Carmen Amado.
O venres, 6 de marzo o Comité de igualdade preparou un photocall no andar intermedio e puidéronse sacar fotografías con mensaxes reivindicativas. O acto conmemorativo foi ambientado con pezas musicais centradas na igualdade.
Nestas últimas semanas o noso alumnado estivo a traballar rescatando a historia de mulleres que foron invisibilizadas nos nosos libros de texto. Algunhas das sinopses biográficas están colocadas nas paredes do noso IES. |
|||
O Comité de Igualdade convocou de novo hoxe, 3 de marzo, os membros da nosa comunidade educativa para gardar un minuto de silencio como símbolo de repulsa ante o último asasinato por violencia machista. |
|||
O pasado venres, día 28 de febreiro, o alumnado que forma parte de Comité de igualdade realizou unha convocatoria destinada a todos os membros da comunidade educativa en prol da eliminación da violencia de xénero.
Durante o acto leuse un manifesto no que foron lembradas as últimas vítimas da viloencia machista e logo gardouse un minuto de silencio que rematou nun emotivo aplauso por parte dos asistentes. |
|||
O Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia foi celebrado hoxe, 11 de febreiro, no noso IES coa realización dun cartel por parte da rapazada do EDLG e que foi colocado na parede central do corredor do Andar 0 xunto con algunhas sinopses biográficas de importantes científicas.
Ao mesmo tempo, o dpto. de Física e Química organizou a actividade Científicas que experimentan para o alumnado de 2º de ESO: o alumnado tivo a oportunidade de participar ao longo da mañá na realización de diversos experimentos dirixidos por catro mulleres.
|
|||
Ao abeiro do movemento 11febrero.org, nacido para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, hoxe, 7 de febreiro, visitou o noso centro Cristina Rey Fungueiro, enxeñeira informática. Mantivo un encontro co alumnado de 4º de ESO e de bacharelato que cursa as materias de TIC, Tecnoloxía e Introdución á programación. Nel deu conta da súa experiencia profesional no mundo da tecnoloxía facendo fincapé na importancia de que as mulleres se acheguen a este ámbito laboral e na necesidade de erradicar calquera tipo de estereotipo. Ao mesmo tempo puxo en valor a importante tarefa desenvolvida por mulleres que traballaron no ámbito da tecnoloxía pero que son moi descoñecidas. A actividade foi programada polo dpto. de Tecnoloxía. |
|||
Verónica, técnica en Igualdade, estivo hoxe no centro para dar unha conferencia sobre a súa especialidade, pero non veu soa, acompañouna a súa madriña, Isaura. Entre as dúas intentaron que o alumnado reflexionase sobre cuestións como sexo e xénero ou machismo e feminismo. A charla levou por título O día que as mulleres gobernen o mundo todo será distinto e naceu da colaboración entre o recoñecido grupo de teatro Chévere e Promove, unha consultoría especializada en temas de igualdade integrada por sete mulleres. Á áctividade asistiu todo o alumnado de ESO en tres sesións diferenciadas e foi financiada cunha partida especial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional procedente do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O seguinte enlace dá acceso a un vídeo da actividade. |
|||
Hoxe, 25 de novembro, celebrouse no noso IES o Día internacional para a non violencia contra as mulleres. Desde hai un par de semanas o alumnado do EDLG, coa colaboración de alumnado de 1º de Bacharelato e mais de 4º ESO, estivo a preparar esta actividade. Ademais de preparar a cartelaría e mais as pulseiras que se repartiron en 1º ESO o pasado venres, léronse dúas obras que tratan o tema da violencia de xénero: en 4º ESO a novela Senllerias de Antía Yáñez e en 1º de Bacharelato o poemario Dos días escuros de Mª Carme Caramés Gorgal. Esta autora achegouse hoxe ao centro. En colaboración co biblioteca organizouse un encontro co alumnado de bacharelato que lera o citado poemario da autora. |
|||
Así mesmo, ao longo desta semana a rapazada do EDLG estivo facendo pulseiras empregando cordón morado sobre o que escribiron o lema "Non ó medo, liberdade". De cara ao luns 25, Día internacional da non violencia contra a muller, propomos facer visible a nosa repulsa vestindo algunha prenda negra (xersei, camiseta, suadoiro, camisa...). |
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
