Lingua Castelá |
|
|||
Hoxe visitou o noso IES Fernando Lalana e o alumnado de 4º puido coñecer o autor de El matarife, novela que gozou de moito éxito entre a rapazada. María Fernanda e Santyago foron os encargados de realizar a presentación dun dos seus autores preferidos. Lalana conversou co alumnado sobre o oficio de escritor en xeral e tamén sobre a novela en particular. Ao finalizar, asinou exemplares da obra. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua castelá. |
|||
Onte pola tarde, 18 de febreiro, o noso alumnado de 2º de ESO mantivo un animado encontro con Nando López, autor de El reino de las tres lunas. Sofía Chan e Iria Ferreiro resultaron ser unhas excelentes presentadoras.
Logo foi o alumnado de 4º o que tivo a oportunidade de coñecer ao coordinador da Antología poética de la Generación del 27.
A actividade foi organizada polo dpto. de Lingua castelá. |
|||
Ao longo da semana do 14 de xuño celebramos no noso centro o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. |
|||
Con motivo da conmemoración o 21 de marzo do Día Mundial da Poesía o departamento de Lingua Castelá organizou unha actividade baseada na realización de exercicios de creación literaria centrados fundamentalmente nas técnicas vangardistas do cadáver exquisito e do caligrama. No seguinte vídeo pode comprobarse que contamos con grandes poetas.
|
|||
Hoxe, 17 de decembro, o alumnado de 3º de ESO puido coñecer en persoa a Sonia Mirón, autora de Un sol dentro de mí, novela lida durante este trimestre na materia de Lingua castelá e Literatura. A rapazada mantivo un animado coloquio coa autora viguesa, quen, ao rematar, asinou exemplares da obra. |
|||
Para conmemorar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) o departamento de lingua castelá traballou co alumnado de 3º ESO o micropoema. |
|||
O escritor Fernando Lalana mantivo o 26 de marzo unha charla co alumnado de 4º de ESO, que previamente lera a súa obra Escartín en Lima. |
|||
O venres 22 de marzo celebrouse en Santiago o concurso de redacción "Xoves talentos". |
|||
O mércores 5 de decembro recibimos no centro a Sonia Mirón, autora de Un sol dentro de mí, libro de lectura obrigatoria en castelán para o alumnado de 3º de ESO. Asinou exemplares da súa obra e mantivo un animado coloquio co alumnado. |
|||
Ao longo do último trimestre, o alumnado de 2º PMAR (Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento) levou a cabo un proxecto de creación dun xornal. Foi a ferramenta para desenvolver diversas competencias (comunicativa, dixital e social). Expoñemos aquí o froito do seu esforzo. |
|||
O mércores 25 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato acudiu ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para ver a impactante adaptación da obra de Valle Inclán a cargo do CDG. |
|||
Alicia Borrás, autora da novela xuvenil Nata y chocolate, tivo un encontro o venres 6 de abril co alumnado de 1º de ESO. A súa obra foi lida este curso na materia de Lingua Castelá e suscitou moito interese. |
|||
A Biblioteca do IES do Milladoiro celebra o Día Mundial da Poesía cunha exposición de HAIKUS elaborados polo alumnado de Lingua Castelá e Literatura. |
|||
|
|||
