Actividades |
LIGAZÓN "ESCOLAS SEN RACISMO. ESCOLAS POLA PAZ E O DESENVOLVEMENTO" TEST DE TOLERANCIA |
|||
Colaboración que o IES do Milladoiro ca FUNDACIÓN BARRIÉ que está a promover un estudio sobre “Redes Sociais, Videoxogos e Apostas entre os adolescentes galegos”, coordinado polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rial Boubeta. |
|||
No IES do Milladoiro celebramos o venres, 8 de abril, o Día Internacional do Pobo Xitano cunha celebración musical que veu precedida pola exposición de carteis conmemorativos e a lectura dun manifesto, que podedes escoitar e ver no seguinte vídeo: |
|||
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO IES DO MILLADOIRO COLABORAN: DEPARTAMENTOS DE MÚSICA, BIOLOXÍA-XEOLOXÍA E TECNOLOXÍA #_rcd_2022 #SementadePensamentos
|
|||||
O luns, 14 de febreiro, o Comité de igualdade do IES do Milladoiro organizou dúas actividades diferentes nos recreos. No primeiro, e para conmemorar o Día dos namorados, realizou unha actividade na que se pedía ás alumnas e alumnos do centro (amais de a profesores e profesoras) que reflexionasen sobre o importante que é valorarse a un mesmo, o amor propio, e acabar cos mitos do amor romántico tóxico.
No segundo recreo, as alumnas que forman parte do Comité de Igualdade continuaron cos faladoiros científicos, iniciados o venres. Tres alumnas do centro (María, Sara e Dora) metéronse na pel de tres mulleres de diferente época, relacionadas co campo da Medicina. |
|||
O pasado venres, 11 de febreiro, o Departamento de Física e Química do noso centro organizou uns obradoiros dirixidos ao alumnado de 3º da ESO, co gallo do Día Internacional da muller e a nena na Ciencia Foi unha actividade moi interesante, na que o alumnado puido desfrutar dunha serie de experimentos, realizados pola Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ) |
|||
O Comite de Igualdade do IES do Milladoiro continúa a desenvolver, esta semana, as actividades vinculadas ao Día Internacional da muller e a nena na Ciencia. No seguinte vídeo podedes ver un anaco do faladoiro científico feito o luns, 14 de febreiro.
|
|||
Traemos á nosa páxina web a referencia dunha charla realizada o 17 de decembro, organizada polo Departamento de Economía, e impartida por Miguel Ares, xerente de proxectos de Altia, a maior empresa tecnolóxica de capital galego, e que conta cunha importante delegación no Milladoiro, na que traballan ao redor de 200 empregados. No seguinte vídeo pódense ver os principais datos desta innovadora e nacente empresa, que dende finais do século XX experimentou un gran crecemento.
|
|||
Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro desenvolveu un faladoiro científico no salón de actos. No seguinte vídeo podedes ver un anaco. |
|||
Con motivo da viaxe a Andorra que fará o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, e que terá lugar entre os días 26 de marzo (sábado) e 2 de abril (sábado), publicamos a información, normas de viaxe e modelo de autorización, ao que se pode acceder nas seguintes ligazóns: NORMAS DA VIAXE E AUTORIZACIÓNS
|
|||
Hoxe 27 de xaneiro, parte do alumnado de 3º ESO asistiu a un concerto didáctico da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia. O concerto titulábase Das tebras á luz, e baixo a batuta do director ourensán Pablo Devigo, a RFG interpretou pezas de Stravinski, Mussorgski, Manuel de Falla e John Williams. A xornada rematou cun paseo polo parque de Vista Alegre e pola zona vella da cidade de Santiago. |
|||
Hoxe, 24 de xaneiro, desenvolveuse no noso centro a xornada de formación do club de debate para o alumnado participante dos dous centros do concello de Ames. Desde as 9,30 h da mañá, a rapazada do IES de Bertamiráns anotada a este certame, acompañou á do noso centro para recibir a formación xeral sobre o Regulamento e a dinámica desta actividade. Impartíronse nocións e consellos básicos sobre a procura de información e documentación para o debate e sobre a estruturación do argumentario, así como información sobre as habilidades comunicativas precisas para o desenvolvemento fluído das intervencións. A sesión de hoxe desenvolveuse no salón de actos do noso IES, mais agora o alumnado de cada centro ten que preparar o seu argumentario de cara aos debates que se van celebrar en Negreira os días 5 e 6 de abril. Neste certame participan os centros anotados de diferentes puntos de Galicia e vai ser nesa data cando se determinen os finalistas que debaterán en Pontevedra no mes de maio. Do IES do Milladoiro van participar tres grupos de 3º e 4º ESO. Un está formado por cinco membros, outro por sete e un terceiro por nove.
|
|||
PANXOLIÑA 2021/2022 |
|||
O pasado luns 13 de decembro, o alumnado de 1º ESO A tivo a oportunidade de recibir un dos dous obradoiros que se celebraron no noso centro por parte de María Lobo, da Asociación AGARESO, e organizados desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística baixo o título de Dicionarios de ida e volta. O primeiro deles desfrutárao, o pasado 10 de novembro, o grupo de 1º ESO C. Se queredes máis información sobre a cuestión, só tendes que escoitar o podcast do programa que dirixe, desde o curso pasado, Diego Madarnás Iglesias ("Entrevistas con Diego"), pois aproveitou que estaba María Lobo no centro para facerlle unha entrevista ben interesante:
|
|||
Hoxe o alumnado de Bacharelato e 3º e 4º da ESO asistiu á representación teatral de Foot, levada a cabo por Pallasos en rebeldía. Escrita polo historiador norteamericano de orixe palestina, Rasid Khalidi, Foot é un monólogo no que un futbolista palestino conta todas as dificultades polas que ten que pasar un equipo de fútbol desa terra para clasificarse para unha competición internacional, co trasfondo do longo conflito palestino-israelí. Moitas grazas á compañía de Iván Prado pola súa actuación. |
|||
Padlet é a ferramenta TIC utilizada polas profesoras Raquel Rodríguez (Matemáticas) e María Calviño (Inglés) para amosarnos a variedade culinaria das diferentes latitudes e contornos xeográficos. Se queres deixarte levar por esta proposta larpeira, podes visitar o realizado polos grupos de 2º ESO E e F, premendo nas seguintes ligazóns: |
|||
No IES do Milladoiro conmemorouse a celebración do Día da Música (na onomástica de Santa Icía) coa celebración dun concerto na biblioteca, que todos puidemos desfrutar o pasado luns, 22 de novembro, grazas 'a participación de: Dora Iglesias Bermúdez. 1º ESO A Anxo Gómez Piñeiro. 2º ESO E Diego Jiménez Jiménez. 4º ESO A Simón Jiménez León. 4º ESO A Alejandro Buela Pampín. 4º ESO B |
|||
Feminicidio é o nome da "perfomance" coa que o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro quixo conmemorar o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A actividade desenvolveuse nos dous recreos e serviu para amosar, unha vez máis, o rexeitamento de toda a comunidade educativa do noso centro fronte a unha lacra que segue a ser unha crúa e dura realidade. |
|||
O venres 19 o alumnado de 1º de bacharelato tivo o pracer de asistir á representación dun teatro-foro patrocinado pola Concellería de Igualdade do concello de Ames. A obra (¿Esto es amor?) foi representada pola compañía zaragozana “Psiare” e resultou ser todo un éxito, xa que a participación foi máxima por tratarse de temas moi próximos aos nosos/as adolescentes, como son a detección e prevención de sinais de violencia de xénero, ou novas masculinidades. O obxectivo principal era entender que non debemos ser observadores/as pasivos/as, senón mobilizarse a través da actuación e visualización. |
|||
A alma e o sangue dun centro educativo son todos os seus alumnos e alumnas. Un deles, no IES do Milladoiro, é Anxo Gómez Piñeiro, de 2º da ESO. Ademais do noso IES, Anxo tamén é alumno do Conservatorio Histórico de Santiago. Alí, da man de profesores como Yulia Petrushevskaya, o noso alumno logrou ser "un prodixio do violín", unha gran promesa que obtivo galardóns tanto en certames internacionais celebrados na nosa comunidade como fóra dela. Calificado na prensa como a reencarnación de Nícola Paganini, Anxo volveu saír nos medios de comunicación esta semana pola súa actuación no Conservatorio Histórico de Santiago. Dende o IES do Milladoiro queremos recoñecer o gran talento e mérito de Anxo que, neste curso, intentará amosarnos e adentrarnos no mundo da música, da man dunha nova actividade, "crónicas de Euterpe", que se poderá ver no ámbito da nosa páxina web. |
|||
Hoxe xoves, o IES do Milladoiro realizou un pequeno acto na biblioteca do centro para congratular á nosa alumna Alba Diez Mariño, de 1º de Bacharelato A, por obter uns dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2020/2021 e convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A vicedirectora, Ana Isabel Sande, en representación do equipo directivo, fixo entrega dun diploma e un pequeno agasallo . Felicitamos a Alba por este premio e por toda a sua traxectoria académica e de apoio e defensa do alumnado a través do seu posto de representante no Consello Escolar. |
|||
O martes, 17 de novembro o alumnado de 2º e 3º de ESO asistiu á proxección das curtas do proxecto "a tribo", nas que interviron dúas alumnas do noso centro: Aroha Brandon e Lorena Seoane. A tribo é un proxecto de Agareso e Igaxes, que durante 12 meses realiza un traballo integral de fortalecemento das capacidades da mocidade e a superación de estereotipos, nas situacións de risco de exclusión. Trátase dunha aposta máis polas mozas e mozos da nosa contorna, de dúas aosciacións vinculadas con nós dende os nicios da Rede do IES do Milladoiro e da que podedes ver unha presentación no seguinte vídeo:
|
|||
Organizado polo Departamento de Música e coordinado polos profesores Xoana Paredes e José Luis Lorenzo, o alumnado de 2º da ESO, baixo o título de "Ecopercussión" realizou, o xa tradiconal, obradorio de percusión con material de refugallo. Podedes ver un anaco desta actividade no seguinte video: |
|||
O luns 25 de outubro celebrouse na biblioteca do noso centro o Día das bibliotecas. Durante o 2º recreo o Director fixo entrega dos diplomas de voluntariado aos axudantes que colaboraron no programa "Radio na biblio" durante o pasado curso. Foron presentados os novos axudantes e houbo actuacións musicais organizadas polo departamento de Música. |
|||
Onte, 21 de xuño, o noso IES celebrou a Festa da música. Trátase dunha festa na que os músicos tocan gratuitamente en espazos diversos e nos que non é habitual a interpretación musical: rúas, parques públicos, hospitais, museos... O departamento de Música quixo sumarse a esta iniciativa coa organización de concertos na biblioteca durante os dous recreos, concertos nos que se puxo de manifesto que contamos con grandes artistas entre o alumnado. |
|||
Onte, 9 de xuño, os grupos de 1º ESO F e 1º ESO G tiveron a sorte de asistir a un relatorio sobre a xeoloxía galega a cargo de Joaquín Rubal, xeógrafo e guía oficial de turismo de Galicia. A actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. |
|||
O pasado 21 de maio o noso alumnado de 2º de bacharelato celebrou o seu acto de graduación; un acto atípico dadas as circunstancias, pero tamén cheo de emocións.
|
|||
O venres 21 de maio o alumnado da materia de Economía de 1º de bacharelato puido asistir a un relatorio onde se trataron temas relacionados co grao de Dirección e Administración de Empresas (ADE). A actividade foi organizada polo Departamento de Economía e estivo a cargo de Adolfo Carballo Penela, profesor da USC. |
|||
Co gallo do 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, o Comité de Igualdade organizou durante os recreos do día 10 de marzo unha danza reivindicativa. A actividade serviu para pór de manifesto as inquedanzas do noso alumnado, así como a necesidade de camiñar todos e todas xuntos/as cara a unha sociedade máis igualitaria. |
|||
Deixamos aquí o vídeo que reflicte a homenaxe que as alumnas do noso IES lle quixeron render a algunhas das científicas máis importantes do panorama internacional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. A través de diálogos de gran viveza e orixinalidade o público asistente puido achegarse de xeito lúdico aos logros dunha serie de mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química e o Comité de Igualdade e serviu para pór en valor o papel fundamental das mulleres no eido científico, pero tamén reivindicar a igualdade de xénero e lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e das nenas no mundo da ciencia e da tecnoloxía. |
|||
