O reto do TDAH: Anxo Carracedo no IES do Milladoiro

Baixo o título do "reto do TDAH" desenvolveuse o venres, 26 de maio, ás 18:00 h no salón de actos do IES do Milladoiro a charla protagonizada por Anxo Carracedo Álvarez, organizada pola vicedirección do centro ca colaboración da ANPA do IES do Milladoiro, Anpa Milla, Ademais de  catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega de Ciencias, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Carracedo leva xa unha ampla andaina na posta en valor e recoñecemento da importancia do axeitado tratamento do TDAH, grazas a súa labor como  presidente da Fundación Ingada

Carracedo iniciou a súa charla situándoa dende o inicio, no momento en que xunto a vida, xurde a diversidade. Para o científico galego a diversidade sempre é un elemento valioso e necesario, pero no momento en que fai sufrir a un ou ao entorno dos seres máis próximos, pasa a situarse no campo do trastorno. Este é o caso do TDAH, nos que algúns das súas compoñentes poden plantexar problemas, especialmente nuns ámbitos como os dos sistemas educativos actuais, nos que a competitividade, a aprendizaxe memorística ou a rixidez poden supoñer un obstaculo no alumnado destas características. El mesmo sitúa a súa experiencia de vida como un exemplo deste obstáculo: o seu primeiro transito na ensinanza non sufriu estas barreiras grazas a súa orixe rural e o estudo na súa casa. ata que tivo que enfrentarse a un sistema que non perdonou unha lóxica resposta da ubicación de Compostela entre o Tambre e o Ulla, baseada na súa experinecia visual dun mapa de España que ollaba a miudo, en vez de dar a resposta oficial da situación da cidade entre o Sar e o Sarela. Pero nese momento el tivo un apoio decisivo: O da súa familia que premiou o esforzo, poñendoo por encima dun valor numérico de cualificación. 

Para Carracedo, o TDAH, leva aparellado aspectos positivos como a creatividade ou o dinamismo, pero como trastorno pode plantexar importantes complicacións, destacando especialmente as derivadas da impulsividade. A medicación pode ser, neste sentido unha axuda e elemento moi positivo que permite unha importante mellora da calidade de vida e o benestar deste e outros trastornos, aspecto este último que el mesmo viviu no ámbito familiar máis próximo. Inflúe a xenética, pero tamén o ambente e este último aspecto pode dar resposta, por exemplo, ao por que hai unha maior prevalencia do trastorno nuns ámbitos xeográficos frente a outros. Neste punto, Carracedo destacou a importancia do sistema educativo e a necesidade de impulsar o seu cambio, apostando pola aprendizaxe significativa e a ensinanza de valores, frente as actuais esixencias memorísticas e de contidos. 

Como bo TDAH, Carracedo non parou de moverse a amosar a súa inquietude a nosa comunidade educativa, respondendo a preguntas e entablando un dialogo espontaneo e cheo de emoción. A todos nos deixou abraidados co seu vitalismo e xenerosidade, compartindo con todos nos o seu coñecemento e experiencia vital de vida. 

Deixamos finalmente as ligazóns aos seguintes recursos aos que podemos acceder todos, grazas á Fundación Ingada da que el é presidente e impulsor.

TDAH. GUÍA DE APOYO AL ESTUDIO

EL ALUMNADO CON TDAH EN LA UNIVERSIDAD

COMO CONVIVIR CON EL TDAH

GUÍA DE ASESORAMIENTO FAMILIAR

VIDEOTECA FUNDACIÓN INGADA

BIBLIOTECA FUNDACIÓN INGADA

MATERIAL DIDÁCTICO FUNDACIÓN INGADA

ABORDAJE DEL TDAH EN EL ÁMBITO EDUCATIVO. FUNDACIÓN INGADA PARA EL IES DO MILLADOIRO

 

Esta charla foi obxecto de atención por parte dos medios de comunicación. Amosamos, a continuación, ligazóns a artigos de varios medios, adicados á mesma:

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2023/05/28/carracedo-destaca-parte-positiva-tdah/0003_202305S28C9991.htm

 

 

https://www.elcorreogallego.es/concellos/2023/05/30/anxo-carracedo-doutor-tdah-milladoiro-88062869.html