Radio

Vozes da lusofonia: clube de leitura de portugués

Lucas Doce e Zoe González, xunto con Andrea Caramés, Paola Torrado e Miguel González, forman parte do "Clube de leitura de português". Neste episodio, Lucas e Zoe fan un percorrido polos libros que estiveron a ler desde o comezo.

"Aprendendo sobre... Otero Pedrayo": Programa de podcast

O alumnado de 4º ESO B este curso realizou un programa de radio chamado "Aprendendo sobre... Otero Pedrayo" con cinco episodios que van dando os datos máis relevantes da súa vida e da súa obra narrativa e teatral.

 

Entrevista a Fátima Barros

Lara Rozados, coordinadora de Igualdade e membro do EDLG, entrevistara en febreiro a Fátima Barros aproveitando a súa visita ao centro polo Día da Muller e da nena na ciencia, onde lle falou á rapazada de diferentes niveis.

Últimos episodios de varios programas na radio MillaFalaDoiro

 Coa voráxine de final de curso quedaron sen publicar os últimos episodios de dous programas de radio, que vos deixamos agora.

O quinto episodio do programa "Abrindo portas" que dirixen Zoe Alonso, Alicia Abelenda e Nerea Abelenda:

 

O terceiro programa da temática deportiva que desenvolveron Aroa Salgado, Sofía Urriola e Paula Ramos:

O alumnado do Club de lectura con Arantza Portabales

O pasado martes 20 de xuño pechouse o Club de lectura en lingua galega cunha reunión moi especial á que acudiu a escritora Arantza Portabales. A rapazada leu catro obras da autora: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas e O home que matou a Antía Morgade.

Despois dunha agradable reunión de máis de unha hora na que a autora lles desevelou moitos segredos sobre o seu proceso da escrita e sobre cada un dos seus libros, accedeu amablemente a contestar un cuestionario lector na nosa emisora de radio.

No seguinte programa, Andrea Caramés, Sara Antón, Paola Torrado e Carlota González fan un breve resumo do que foi o encontro e a continuación fanlle o cuestionario a Arantza. Esperemos que vos guste!

 

Novo programa no MillaFalaDoiro: "Abrindo portas"

 

Alicia Abelenda, Nerea Abelenda e Zoe Alonso deseñaron un novo programa: Abrindo portas. Gravaron varios programas que vos deixaron:

 

 

A tertulia de 1º Bacharelato trata o tema do galego no sistema educativo

Comezou un novo programa de radio cara ao final deste curso que se chama  "Tertulia".

Por agora só se gravou un episodio, pero con moito esmero. Nel, alumnado de 1º Bac do IES do Milladoiro, que se fixeron chamar "Os tertulianos"  estiveron a debater sobre un tema ben interesante: o galego hoxe e as súas relacións no sistema educativo... 20 minutos con cuestións de moito interese da man de Rubén Albela, Alejandro Buela, Alicia Cabezas e Yeimy Cruz, de 1 BAC A.

 

Novos programas de deportes na radio

Neste último trimestre, alumnos e alumnas de 1º ESO arrancaron dous novos programas, os dous centrados nos deportes.

O primeiro deles (Deportes no MillaFalaDoiro), do que xa hai tres episodios, condúceno Pablo Paz, Martín Fandiño, Xoel Reinaldo, Irene Alende e Sara Sendón. Na parte técnica contaron con Miguel Franco e tamén con Paula Ramos no último programa. Céntrase nos deportes que practican eles.

Deixámosvos o primeiro episodio de presentación, e mais o segundo e o terceiro no que lle fan entrevistas a compañeiros do centro que xogan no Basquet Ames.

 

O seguinte programa lévano tres alumnas tamén de 1º ESO: Aroa Salgado e Sofia Urriola son as locutoras, coa colaboración de Sara Sendón. Paula Ramos é a técnica de son. Chámanlle Desportos ao seu programa e a temática principal é o fútbol. Por agora teñen dous episodios:

 

 

Radio teatro: O merlo branco (2ª parte)

O noso alumnado de 1º ESO que se dedica ao Radio Teatro acabou a 2ª parte d'O merlo branco, obra de Cándido Pazó da que xa publicamos o primeiro podcast hai un par de meses. Miguel Franco, Héctor Pin, Mateo Campos e Yago Bouzas estiveron moitos recreos ensaiando e gravando a obra.

Como esta vez había máis personaxes, convocaron a dous compañeiros. tamén de 1º ESO, que comezaron a facer radio no 3º trimestre (Xoel Reinaldo e Pablo Paz)

 

Radio-teatro: A piragua de Cándido Pazó

A piragua é unha obra de teatro de Cándido Pazó que un grupo de rapazas de 3º ESO adaptaron para o seu programa de Radio Teatro. Paula Lourido, Sara Martínez, Marta Mayo e Paula Mosquera leron o texto e foron organizando unha serie de escenas, que non corresponden coa división da obra orixinal. Aquí quedan as dúas primeiras que elas adaptaron.

Seguro que vos gusta o resultado!

 

 

 

 

Programa especial na radio MillaFalaDoiro dedicado a Francisco Fernández del Riego

Alumnado de 4º ESO quixo dar a coñecer a figura de Francisco Fernández del Riego a toda a comunidade educativa. Elaboraron varios episodios para o programa chamado "Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego". De forma individual, por pares ou en grupos foron preparando diferentes episodios con diferentes formatos. Seguro que atopades  moita información sobre o autor homenaxeado, e ao final podedes experimentar a responder as preguntas do Concurso sobre Don Paco, a ver se dades coa resposta certa en todas as preguntas:

 

 

 

 

 

 

Programa "Entrevistas con Diego": Bernardo Penabade

"Temos que facer unha escola transformadora!"

Bernardo Penabade foi entrevistado por Diego Madarnás para falar dos proxectos que este profesor e dinamizador deseñou e puxo en marcha, desde hai anos, con moito éxito.

Se alguén quere saber sobre o Modelo Burela, o proxecto Neo e moitas máis cuestións de interese, porque "Burela e O Milladoiro teñen moitísimos puntos en común", segundo Penabade, este é o episodio que non debedes perder. 

Escoitade a entrevista completa para saber das propostas de intervención educativa que nos recomenda e do reto que lle lanza a Diego.

Radio teatro: O merlo branco

 Héctor Pin, Miguel Franco e Mateo Campos, alumnos de 1º ESO, estreáronse na radio facendo teatro lido. Escolleron, para comezar, a obra "O merlo branco", de Cándido Pazó. Aquí vos deixan a dramatización da primeira parte.

Na parte técnica tiveron a Gael Rodríguez (1º ESO) e Hugo Mateos (4º ESO), coa colaboración de  Erik Cadavid (3º ESO).

Radio teatro: O merlo braco

Os alumnos de 1º ESO

Programa "Entrevistas con Diego": María Iglesias

Diego Madarnás entrevistou desta vez á súa compañeira de clase, María Iglesias Bermúdez, estudante de 4º ESO e gañadora do Canta con Ames 2022, categoría xuvenil (ver vídeo da actución).

 

Novo programa no MillaFalaDoiro: Os cuartos de atrás

Bota a andar o novo programa dirixido por Carlota Ageitos e Yago Bouzas. Chámase "Os cuartos de atrás" (Backrooms) e xa gravaron dous episodios.

No primeiro episodio fan a presentación do programa:

 

E agora non perdades o segundo episodio:

Día mundial da radio: programa especial

 

Co gallo do Día mundial da radio, que se celebra hoxe, 13 de febreiro, as alumnas de 2º ESO -Noa, Julia, Antía, Alicia, Gabriela, Celia e Celtia- fixeron o programa especial para comemoralo, seguindo a proposta de Ponte... nas ondas. Nel fan un breve repaso polo que é a nosa radio, o MillaFalaDoiro.

 

Enlace á publicación do programa na web de Escolas... nas Ondas

Ademais tivemos unha presentación do que é a nosa radio na biblioteca do noso centro por parte de Erik Cadavid, técnico e colaborador incansable deste proxecto.

A comedia bífida: Eliseu

As alumnas Marta Mayo, Sara Martínez, Paula Mosquera e Paula Lourido dramatizaron outra escena do libro de M. Núñez Singala A comedia bífida. Neste caso leron o caso do xulgamento de Eliseu Lamas.

 

Ao son da paisaxe: Episodio 4

Un novo episodio do programa "Ao son da paisaxe". Desta vez as reporteiras foron Celia, Celtia e Gabriela que investigaron sobre as hortensias e plantas aromáticas que plantamos o curso pasado no patio do IES.

Novo grupo de radio de 1º ESO

Antía, Claudia e Lorena, alumnas de 1º ESO, acaban de iniciarse na radio e fixeron un programa especial no que falan sobre algo que lles gusta moito: as excursións.

 

Vinte anos do Prestige

Episodio número 3 do Programa Ao son da paisaxe, nesta ocasión un especial a propósito dos vinte anos da catástrofe do Prestige na costa galega. Noa, Antía, Alicia, Julia, Gabriela, Celtia e Celia explican con claridade os feitos acontecidos hai vinte anos e traen as lembranzas de avós mariñeiros de Ribeira e Carnota.

Ao son da paisaxe: Episodio 2

As alumnas responsables do programa Ao son da paisaxe presentan o episodio número 2. Gravado nesta ocasión por unha parte do equipo (Noa, Julia, Antía e Alicia) explican como é a primeira plantación de árbores que se realizou no noso IES o curso pasado  e dan algúns datos sobre as diferentes especies que se plantaron.

 

O poema é coma un paxaro

Ismael Ramos, este 23 de novembro, faloulle da súa poesía ao alumnado de 2º de Bacharelato e estableceu con eles un diálogo sobre a forza das palabras. Nos 50 minutos que durou a charla organizada polo EDLG, en colaboración co departamento de Lingua Galega, o ex-profesor do noso IES foilles explicando como se animou a publicar poesía e como naceron algúns dos seus poemas. Leulles textos de dúas das súas obras, Lumes e, a recentemente premiada, Lixeiro. Coa comparación de que o poema é coma un paxaro quixo facerlle ver ao público o que significa a poesía, público que tivo oportunidade de preguntarlle no final sobre aspectos diversos da súa traxectoria como escritor.

A continuación acudiu á radio, onde as súas ex-alumnas lle fixeron unha interesante entrevista que debedes escoitar para coñecer mellor toda a súa obra.

 

Para finalizar a xornada no noso IES aínda se achegou á biblioteca para inaugurar a exposición que colocamos para celebrar os 20 anos da catástrofe do Prestige, coa lectura dun artigo que publicara sobre a desmemoria arredor desta traxedia.

 

Programa "Entrevistas con Diego": Anxo Gómez

Achegamos un novo episodio do programa de Entrevistas con Diego, neste caso ao compañeiro violinista Anxo Gómez, que participou nun certame europeo.

Programa "Entrevistas con Diego": Adrián Campos

Diego Madarnás comezou de novo co seu programa de entrevistas. Nesta nova temporada, e xa vai a terceira, o primeiro episodio protagonízao o seu compañeiro de promoción: Adrián Campos Villaverde, quen vén de colocarse entre os vencedores do Ceiba Rimas, un proxecto para fomentar o rap improvisado en galego.  Non perdades esta interesante entrevista onde Adrián conta como foi esta experiencia.

Mario Campos e Erik Cadavid foron os técnicos deste episodio.

 

Nace un novo programa radiofónico: "Ao son da paisaxe"

O curso pasado comezamos a desenvolver un proxecto que se chamou Ao son da paisaxe, e neste ano lectivo comeza un programa de radio co mesmo nome. O primeiro episodio foi gravado por Noa Mesías, Alicia Lariño, Antía Casabella e Julia Montes; tiveron na parte técnica a Erik Cadavid. Neste podcast de arranque explican o programa:

 

Programa "Despois de todo...", episodio "O murmurio do medo"

Enia Villaverde gravou durante o curso pasado varios podcast do seu programa Despois de todo e de todos, aquí e agora, mais non foi quen de rematar a gravación do último episodio antes das ABAU. Nunha demostración de formalidade e compromiso co traballo do EDLG, achegouse ao IES en xullo, durante as vacacións, para finalizar esta interesante reflexión. Aquí vos queda o seu traballo, esperamos que o desfrutedes.

 

NO AIRE

Xa arrancamos coa radio neste curso 22-23 coa novidade de que estreamos local. No final do curso pasado comezamos co baleirado dun pequeno almacén para reconvertelo a estudo de radio. As dimensións non son moitas, pero quedou moi ben arranxadiño e fainos o apaño necesario.

Hai tres grupos de alumnos e alumnas que xa participaron neste proxecto o curso pasado e xa se puxeron co deseño dos seus programas de podcast para a nova temporada. Algúns van ter continuidade (radio-teatro, entrevistas...) pero tamén aparecen outros programas novos, por exemplo "Ao son da paisaxe". Noa, Alicia, Antía e Julia xa gravaron o primeiro episodio que se vai publicar en breve. Ademais estamos moi contentas de que se incorporasen alumnas novas en 2º ESO.

E este ano, como temos un espazo específico, xa puidemos comezar a formación do alumnado de 1º ESO que se achegou a nós ilusionado co proxecto da radio. Erik Cadavid está a axudar coa formación na parte técnica. Xa veredes como de seguida imos ter xa algúns programas feitos pola rapazada máis nova do IES.

Programa "Entrevistas con Diego". Podcast 11: O xadrez

O último programa de "Entrevistas con Diego" deste curso estivo dedicado ao xadrez. Entrevistou, para o que xa é o podcast número 11, a dous xadrecistas da súa idade, un compañeiro no IES do Milladoiro, Mauro Araújo, e o outro Eduardo Cabanas, que reside en Bertamiráns pero estuda no IES Xulián Magariños de Negreira.

Coa axuda de Mario Campos e Hugo Mateos na parte técnica, preparou este programa especial que, sexades ou non afeccionados ao xadrez, non debedes deixar de escoitar.

 

Entrevista a Manuel Núñez Singala

O pasado mércores, 15 de xuño, tivemos a honra de que viñese ao centro o célebre escritor e veciño de Ames, Manuel Núñez Singala.

Despois de lermos a súa obra Comedia bífida e escoller dúas escenas para dramatizalas na radio, convidámolo ao centro para facérmoslle unha entrevista centrada na obra que lemos. Colaborou connosco Diego Madarnás. Deixámosvos abaixo o enlace para que poidades escoitala.

Pareceunos unha persoa moi cercana, que nos contestou con moito interese. Chamounos á atención o seu compromiso co seu traballo como normalizador lingüístico e coa lingua. Fíxonos unhas reflexións moi interesantes que nos gustaría que escoitásedes.

 Aproveitamos que veu ao centro para que nos asinase todas as obras que tiñamos del na biblioteca.

 

Artigo feito por: Marta Mayo, Paula Lourido, Sara Martínez e Paula Mosquera

 

 
Distribuir contido