Economía

Departamento de Economía

Profesorado 2021/22   Programación    Resumo prog.
         

Gregorio Durán Sánchez (xef. dep.)

Álvaro Painceira Díaz  

     

ADE: currículo e saídas laborais

 

 

 

O  venres 21 de maio o alumnado da  materia de  Economía de 1º  de  bacharelato puido  asistir  a un relatorio  onde  se trataron  temas relacionados co  grao  de  Dirección e  Administración de  Empresas (ADE).

A  actividade  foi organizada polo  Departamento  de  Economía   e  estivo  a cargo de  Adolfo  Carballo  Penela, profesor  da  USC.

Charla sobre autoemprego

 

O  xoves 20  o  alumnado  de 4º  de  ESO da  materia  de  IAEE, o  de  1º  Bacharetato B  e  o  de  Economía de  2º  de Bacharelato   puido  asistir  a  unha charla organizada polo departamento de Economía. O  encontro  realizouse grazas á olaboración da Cámara de comercio de Santiago.

O obxectivo foi fomentar os valores empresais e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como alternativa digna e viable, á vez que se traballaron as habilidades cooperativas.

Visita ao Viveiro de Empresas da cámara de Comercio

O alumnado de 4º ESO C e de 2º Bacharelato B visitou o xoves 17 de xaneiro o Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago, no Polígono Costa Vella.

Charla divulgativa: "Emprendemento cooperativo: unha opción de futuro"

Sandra Becerra, responsable de proxectos de innovación na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, impartiu o martes 15 de xaneiro unha charla divulgativa ao alumnado de cuarto de ESO. Co nome de “O emprendemento cooperativo: unha opción de futuro”, estas xornadas forman parte do programa de actividades de fomento do espírito emprendedor que a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ofrece ao alumnado dos centros educativos da súa demarcación.

Eduemprende - Actúa

O alumnado de Economía de primeiro de bacharelato participou o xoves 29 de novembro no programa “EDUEMPRENDE-Actúa. A actividade emprendedora como chave para o teu futuro”. Trátase dun programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado.

Xornada divulgativa: "Emprendemento cooperativo: unha opción de futuro"

O venres 6 de abril tivo lugar, na Biblioteca do centro, unha xornada de fomento do espírito emprendedor. Estivo dirixida ao alumnado de cuarto de ESO e de primeiro de bacharelato e organizada polos departamentos de Economía e Orientación. Estas xornadas forman parte do programa de actividades dirixido ao alumnado dos centros educativos da demarcación da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Visita ao "Viveiro de Empresas"

O alumnado de 4º ESO D e de Economía e Empresa de 2º Bacharelato  acudiu o luns 12 de marzo ao "Viveiro de Empresas" da Cámara de Comercio de Santiago, no Polígono Costa Vella. Alí tiveron a oportunidade de coñecer o labor desta iniciativa para o apoio das novas empresas.

Materias en 4º de ESO

Materias no bacharelato

O ALUMNADO DE ECONOMÍA DE 1º BACHARELATO VISITA A CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO

Os alumnos/as de 1º de BACH. do IES Do Milladoiro asistiron o pasado mércores, 25 de maio, a unhas xornadas de fomento do espíritu emprendedor cooperativo na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, no polígono da Costa Vella, acompañados polos profesores Francisco Longarela e Juan Rico, de Economía e Matemáticas, respectivamente. Tamén, unha emprendedora faloulles de primeira man da súa experiencia e traxectoria empresarial.

PROGRAMA "VALORES DE FUTURO"

Valores de futuro é un programa de educación financeira do BBVA, dirixido ao alumnado de 1º a 3 da ESO(http://www.valoresdefuturo.com/es/secundaria). O seu obxectivo é fomentar a reflexión, o debate e do diálogo na aula sobre os valores asociados ao bo uso do diñeiro.

PROGRAMA EDUCATIVO "VALORES DE FUTURO" BBVA

O alumnado de 2º ESO participou o pasado día 4 de marzo no programa "Valores de futuro" organizado polo Departamento de Economía. As dinámicas desenvolvidas durante unha sesión en cada grupo de 2º ESO tiñan como finalidade facer reflexionar e argumentar ao alumnado sobre o valor do diñeiro no marco da educación en valores, e que os alumnos entendan dun xeito práctico como administrar os seus cartos.  Con este obradoiro comeza unha actividade, que se desenvolverá ao longo do 3º trimestre, centrada na elaboración dun orzamento para unha saída escolar.

Xornadas de emprendemento

Con motivo das xornadas sobre emprendemento que terán lugar o vindeiro luns, día 23 de marzo, os alumnos de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 3º da ESO consultaron os fondos cos que conta a biblioteca nesta materia que impartirán Alicia Seijas e David Fernández de "2 más, escuela de tenis & pádel",  empresa dedicada á xestión de escolas de tenis e pádel, e organizadas polos departamentos de Economía e Orientación,  e que tratarán temas relacionados con motivos para crear unha empresa, ideas de negocio, fontes de ideas de negocio, características que debe ter un emprendedor, vantaxes e  inconvenientes de ser empresario, etc. O centro  Ies do Milladoiro agradece o esforzo que supón a preparación e realización desta charla desta empresa radicada en Teo.

Distribuir contido