DESTACADAS

Convocatoria de Bolsas e axudas xerais. Ministerio de Educación y Formación Profesional. Curso 2023/2024

AS BOLSAS XERAIS PARA O CURSO 2023/2024 PÓDENSE SOLICITAR DO 27 DE MARZO AO 17 DE MAIO DE 2023

 

ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS (FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS)

 

ESTUDOS UNIVERSITARIOS (GRADO, MÁSTER)

 

SEDE ELECTRÓNICA

ABAU 2023

Programa "Entrevistas con Diego": Bernardo Penabade

"Temos que facer unha escola transformadora!"

Bernardo Penabade foi entrevistado por Diego Madarnás para falar dos proxectos que este profesor e dinamizador deseñou e puxo en marcha, desde hai anos, con moito éxito.

Se alguén quere saber sobre o Modelo Burela, o proxecto Neo e moitas máis cuestións de interese, porque "Burela e O Milladoiro teñen moitísimos puntos en común", segundo Penabade, este é o episodio que non debedes perder. 

Escoitade a entrevista completa para saber das propostas de intervención educativa que nos recomenda e do reto que lle lanza a Diego.

Espazos para a reflexión: ciberseguridade, consellos para as familias

O luns, 20 de marzo, en "espazos para a reflexión", a escola de nais e pais da ANPA do IES do Milladoiro, ANPA Milla, en colaboración co Concello de Ames, se desenvolverá un dos temas de mís actualidade e preocupación no relativo á sitaución da adolescencia: ciberseguridade. Da man do inxeñeiro de telecomunicacións, Carlos Outes Durán, se intentará orientar as familais sobre os riscos relacionados co emprego das TIC e as redes sociais, así como proporcionar instrumentos e recursos en materia de ciberseguridade. Como sinalamos antes. a actividades de desenvolverá no IES do Milladoiro, o luns, 20 de marzo, ás 19:00 h 

Radio teatro: O merlo branco

 Héctor Pin, Miguel Franco e Mateo Campos, alumnos de 1º ESO, estreáronse na radio facendo teatro lido. Escolleron, para comezar, a obra "O merlo branco", de Cándido Pazó. Aquí vos deixan a dramatización da primeira parte.

Na parte técnica tiveron a Gael Rodríguez (1º ESO) e Hugo Mateos (4º ESO), coa colaboración de  Erik Cadavid (3º ESO).

Espazos para a reflexión: xornada informativa sobre alumnado con necesidades educativas especiais

Novamente en "espazos para a reflexión", a escola de nais e pais da Anpa do IES do Milladoiro, ANPA Milla, realizada en colaboración co Concello de Ames, volve a centrarse no tema da atención á diversidade e nesta ocasión, cun carácter xeral e da man de Inés María Quero Petit, desenvolvendo unha xornada informativa sobre alumnado con necesidades educativas especiais e as medidas de atención e intervención que requiren.. A actividade desenvolverase no IES do Milladoiro, o luns, 6 de marzo ás 19:00 h.

Homenaxeamos a Rosalía no IES: Concurso de recitado

O pasado martes 28 de marzo tivo lugar o concurso de recitado para 1º e 2º ESO.

Entregáronse os premios ás galardoadas este venres.

 

Participamos na Gala de Rosalía que organizou o concello de Ames

O noso IES participou, o pasado sábado 25 de febreiro,  na Gala de Rosalía que organizou o concello, coas seguintes actuacións:

Saínza Ruíz recitou "Eu ben vin estar o moucho" Claudia, Sara, Lena e Antía interpretaron as coplas que elas mesmas compuxeron: María Iglesias e mais Dora Iglesias interpetaron "Negra sombra"

A poeta e profesora do IES, Lara Rozados, recitou "Tecín soia a miña tea"

Programa especial para Radio Voz

O pasado 16 de febreiro viñeron dúas persoas de Radio Voz darnos unha breve charla e mais gravarnos un programa, que nós deseñamos e organizamos, para emitiren na súa radio.

Diego Madarnás conduciu o programa entrevistando a case todos os compañeiros e compañeiras que están a participar no MillaFalaDoiro.

Emítese mañá xoves 2 de marzo ás 16 horas en Radio Voz.

 

Homenaxeamos a Rosalía no IES: Faladoiro con María López Sández

María López Sández estivo no noso centro o pasado martes 28 de febreiro para pechar os actos que o EDLG desenvolveu en homenaxe a Rosalía. A profesora da USC desenvolveu un relatorio baixo o título "Rosalía ao son da paisaxe",  conectado co proxecto do mesmo nome ("Ao son da paisaxe") que estamos a desenvolver no Equipo de dinamización desde o curso pasado. A autora do Herbario de Rosalía fixo un percorrido pola intención de Rosalía en relación á paisaxe galega e presentoulle ao alumnado de 3º ESO o herbario elaborado a raíz da súa obra.

 Foi presentada aos seus compañeiros por Erik Cadavid, quen deu a coñecer tanto as súas obras ensaísticas como as súas novelas, das que temos exemplares na biblioteca. María L. Sández vai ler o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega o próximo 11 de marzo baixo o título: Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego.

Pechamos as xornadas dedicadas a Rosalía co enlace ao proxecto Ao son do paisaxe, plantando unhas roseiras cedidas pola Aula da natureza, xa que estas plantas, igual ca os pensamentos cos que decoramos o espazo Rosalía,  eran as preferidas da autora.

Homenaxeamos a Rosalía no IES: lecturas da obra

O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, unha das nosas autoras máis significativas. Tal e como anunciamos, desde o EDLG estivemos a organizar actividades para esa comemoración.

Entre o 23 e o 28 de febreiro durante os recreos, realizáronse as lecturas da obra de Rosalía no espazo que lle dedicamos á autora no corredor do 1º andar. O seguinte vídeo recolle a participación de gran parte da comunidade educativa.

 

 

IX Feira de Minerais de Santiago de Compostela

Este xoves 2 de marzo o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato asisitiu a varias das actividades ofertadas na IX Feira de Minerais de Santiago de Compostela en Área Central. Comezamos escoitando unha charla sobre "Minería espacial" impartida por María Araújo Fernández, profesora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía de Vigo. A continuación, realizamos un obradoiro de Identificación de minerais, impartido tamén pola Escola de Minas, e para rematar, outro obradoiro sobre Mineraloxía impartido polo Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego. Tamén tivemos tempo para observar os espectaculares exemplares de minerais e fósiles expostos nos postos de mercado da feira."

Convivencia dos Equipos A do Xelmírez I e o IES do Milladoiro

O martes, 28 de febreiro, desenvolveuse no noso centro o primeiro encontro dos Equipos de Axuda do IES Xelmírez I e os do noso centro.. Da man de Brais e as súas dinámicas, o alumnado e os docentes do centro compostelán nos ensinaron a súa experinecia de este modelo de axuda entre iguais, que acaba de iniciar a súa andaina no noso centro e que xa leva varios anos no Xelmírez I, onde o modelo de alumnado disposto a axudar ao seu grupo deu paso a presenza de alumnos cibermentores e medidadores. 

Grazas ao alumnado e profesorado do Xelmírez I por acudir ao noso centro e ensinarnos todo o que levan feito nun proxecto no que nos iniciamos os primeiros pasos

Reunión informativa coas familias do alumnado de 3º ESO. Proxecto de sección bilingüe de Inglés

 

REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO SOBRE O PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DE SECCIÓN BILINGÜE DE INGLÉS NO IES DO MILLADOIRO PARA O CURSO 2023/2024

MARTES, 7 DE MARZO, 18:10 H

Ao son da paisaxe: María López Sández

MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ NO IES DO MILLADOIRO

Actividades arredor do Día de Rosalía

Volvemos do Entroido xusto o xoves 23 de febreiro, Día de Rosalía, momento en que comezan as actividades de homenaxe dunha escritora que tivo relación co noso concello. Así, durante os recreos desde o xoves 23 ao martes 28 vanse realizar lecturas da súa obra por parte de toda a comunidade educativa. Se non tes elixido un poema, desde o EDLG temos á disposición.

O martes 28 vaise celebrar o concurso de recitado (ver bases), ao que aínda vos podedes anotar, e ese mesmo día vai achegarse ao centro María López Sández para falarlle á rapazada de 3º ESO sobre a presenza da flora na súa obra, tal e como estudou para o seu recente libro: O herbario de Rosalía.

 Ademais destas actividades de lectura e recitado abertas á comunidade educativa en xeral,  vanse realizar outras, como a plantación de máis árbores de Rosalía, acción que comezou o curso pasado, así como a colocación dunhas roseiras na entrada do IES. Mais disto xa daremos conta no seu momento.

O entroido intercultural do IES do Milladoiro

Celebrouse o entroido intercultural no noso centro, con gran éxito e colaboración da nosa comunidade educativa e o noso entorno. O seu propósito foi mostrar o que nos define e enorgullece como centro: a nosa riqueza e diversidade cultural e o desexo de desenvolver con ela un modelo de convivencia positiva. Velaquí tedes algunhas imaxes dunha xornada que foi inolvidable

O Entroido Intercultural nos medios

Diferentes medios de comunicación recolleron as actividades desenvolvidas no Entroido Intercultural do IES do Milladoiro. Amosamos, seguidamente, as ligazóna a eses medios:

El Correo Gallego

Cadena COPE

AMSGO!

 

Programa "Entrevistas con Diego": María Iglesias

Diego Madarnás entrevistou desta vez á súa compañeira de clase, María Iglesias Bermúdez, estudante de 4º ESO e gañadora do Canta con Ames 2022, categoría xuvenil (ver vídeo da actución).

 

Novo programa no MillaFalaDoiro: Os cuartos de atrás

Bota a andar o novo programa dirixido por Carlota Ageitos e Yago Bouzas. Chámase "Os cuartos de atrás" (Backrooms) e xa gravaron dous episodios.

No primeiro episodio fan a presentación do programa:

 

E agora non perdades o segundo episodio:

Entroido multicultural 2023

Viaxe a Andorra

Estase a desenvolver nesta semana a viaxe escolar a Andorra, organizada por vicedirección e dirixida ao alumnado de 4º da ESO. As actividades deportivas de esquí desenvolvéronse en Grandvalira, un dos principais complexos dedicados a este deporte nos Pirineos, con máis de 300 km esquiables. O alumnado aproveitou tamén a viaxe para visitar e desfrutar do centro termolúdico de Caldea, considerado na actualidade un dos balnearios de maiores dimensións de Andorra.

 

Club de Ciencia. Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Entrega de premios

"Onte, o Club de Ciencia, fixo entrega dos premios da actividade realizada o venres para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Para esta entrega tivemos unhas invitadas moi especiais, Laura Rozas e Claudia Bretaña, exalumnas do centro que actuaron como Marie Curie e Marie Lavoisier e fixeron un experimento ante todas e todos os asistentes ao acto. Moitas grazas a todo o alumnado participante e parabéns aos gañadores: Yago Bouzas, Xoel Reinaldo e Sergio Abucide. E moitas grazas a Laura e Claudia por continuar con tanta implicación co centro, coa ciencia e reivindicando o papel da Muller en tódolos ámbitos "

Entroido Multicultural: mensaxe da Anpa do IES do Milladoiro, Anpa Milla

Apreciadas familias:
Este ano a Anpa colabora co equipo de Convivencia Positiva, Departamentos de E.F, Música, Francés, EDLG, Biblioteca, Comisión de Igualdade e o Concello para a organización do entroido intercultural que se celebrará o vindeiro venres día 17 de febreiro no centro. Pedimos a vosa colaboración aportando doces para que os alumnos degusten ese día. Poden ser orellas, filloas, biscoitos, rosquillas o que se vos pase pola mente. Os doces entregaranse na entrada principal a persoa que estará alí encargada de recollelos. Poden levalos os alumnos antes de entrar na clase ou ben traelos vos en calquera momento da mañá ata as 12:00 que será cando montemos as mesas. Tamén precisamos mans que nos axuden a montar e recoller logo as mesas é para o reparto dos doces. Non esquecedes que estamos en carnaval e a diversión está garantida polo que podedes vir disfrazados. Una vez máis agradecer a vosa colaboración porque sen vos, non sería o mesmo. Para calquera dúbida, escribirnos ao teléfono ou correo da Anpa.
 
Saudos.

Día mundial da radio: programa especial

 

Co gallo do Día mundial da radio, que se celebra hoxe, 13 de febreiro, as alumnas de 2º ESO -Noa, Julia, Antía, Alicia, Gabriela, Celia e Celtia- fixeron o programa especial para comemoralo, seguindo a proposta de Ponte... nas ondas. Nel fan un breve repaso polo que é a nosa radio, o MillaFalaDoiro.

 

Enlace á publicación do programa na web de Escolas... nas Ondas

Ademais tivemos unha presentación do que é a nosa radio na biblioteca do noso centro por parte de Erik Cadavid, técnico e colaborador incansable deste proxecto.

Unha música no insti

"Unha música no insti" é o último proxecto da artista multidisciplinar Laura Romero Pereira
 
Temos a sorte de contar no IES do Milladoiro coa súa primeira proposta de murais interactivos con información sobre referentes na música galega. É un proxecto artístico presencial e virtual pensado para xente moza, que consiste na creación de diferentes murais de pequeno formato espallados en diferentes IES e CPIs da provincia da Coruña. O obxectivo é familiarizar ás novas xeracións coas mulleres referentes da nosa música. 
 
No noso caso, o mural conta con artistas como Guadi Galego, Ameixeiras e Caamaño, Elba Souto e Aida Tarrío (Tanxugueiras). 

 

Obrigado compañeiras por tanto talento e creatividade!!!

Espazos para a reflexión: actividades de Rebeca González

"Espazos para a reflexión", a escola de nais e pais de ANPA Milla, en colaboración co Concello de Ames, continua a súa actividade no mes de febreiro de 2023 co desenvolvemento de dous interesantísmos temas: a xestión de conflitos (luns, 14 de febreiro, a partir das 17:00 h) e os camiños da sexualidade (luns, 27 de febreiro, a partir das 17:00 h) a cargo da educadora social, Rebeca González.  Non os perdades estas actividades que se desenvolverán no IES do Milladoiro.

Hoxe é o Día Internacional da Muller de da Nena na Ciencia

"Hoxe 11 de Febreiro é o Día da Muller e a Nena na Ciencia e queremos agradecer a implicación do alumnado do noso centro na actividade sobre científicas realizada onte durante os recreos e organizada polo Club de Ciencia.
 
Recordarvos que o mércores no primeiro recreo, no salón de actos, unhas científicas moi importantes farán a entrega dos tres primeiros premios, ainda que todas e todos que participastes teredes un agasallo.
 
Desfrutade do día!!!"
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Exposición do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2023

 

 

Distribuir contido