Información familias alumnado de nova incorporación para o curso 2021-2022 (5 anos)
Enviado por admin o Mar, 26/01/2021 - 01:07Debido ás actuais restrciccións hixiénico-sanitaria ditadas pola administración educativa por mor da situación pandémica actual, non é posible levar a cabo a tradicional xornada de portas abertas dirixida ao alumnado de nova incorporación para o vindeiro curso 2021- 2022 (5 anos).
Para minimizar as eivas derivadas deste feito e favorecer o coñecemento do centro aos novos integrantes da nosa comunidade educativa, "abrimos virtualmente" as portas da nosa escola a través da seguinte galería de imaxes que presentan un pequeno esbozo dalgunhas das dependencias escolares máis significativas. Xunto a elas adxuntamos tamén unha circular informativa cos aspectos máis relevantes do tránsito a esta nova etapa.
Confiamos que este material sirva de axuda para un maior coñecemento do centro e agardamos que saiban entender as limitacións derivadas da situación pandémica actual e que impiden unha xestión directa das tradicionais visitas "presencias". Non dubiden en poñerse en contacto con nós para resolver calquera dúbida ou problema que xurda en todo este proceso.
Atentamente
O Equipo Directivo
PREMEDE NA IMAXE PARA VER A GALERÍA
INSTRUCIÓNS PROCEDEMENTO AXUDA DE MÁSCARAS
Enviado por admin o Lun, 16/11/2020 - 18:07
O venres 13 de novembro saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 230) a Orde da Consellería de Educación pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, neste caso de educación primaria.
ALUMNADO DESTINATARIO:
- O alumnado que fose beneficiario de axuda para adquisición de material escolar no curso 2020/2021. NON TEN QUE PRESENTAR NINGÚN DOCUMENTO, O CENTRO XA TEN TODA A DOCUMENTACIÓN E FARÉMOSLLES CHEGAR AS MÁSCARAS AO FINALIZAR O PROCESO DE SOLICITUDE.
- Alumnado que non foi beneficiario da axuda, pero pertence a unha familia cunha renta igual ou inferior a 6.000 €. TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO(Anexo I, que poden descargar da páxina web do centro).
PRAZO DE SOLICITUDE: do 16 ao 27 de novembro de 2020.
PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Enviado por admin o Lun, 16/11/2020 - 13:48EDIXGAL: FOLLETO CON INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º
Enviado por admin o Xov, 29/10/2020 - 22:05PLAN DE ADAPTACIÓN
Enviado por admin o Sáb, 12/09/2020 - 22:21INFORMACIÓNS VARIAS SOBRE A ORGANIZACIÓN DO CURSO
Enviado por admin o Lun, 07/09/2020 - 21:06