O blogue da nosa biblioteca

Día das Letras Galegas 2023 - Francisco Fernández del Riego

Xa tendes na biblio a exposición temática do Día das Letras Galegas, na que poderedes informarvos tanto sobre a vida do autor homenaxeado este ano: Francisco Fernández del Riego, coma sobre a vida e obras de autores e autoras que foron homenaxeados en anos anteriores.

8 de marzo - Biblioteca do CEP Ventín

A celebración das Nacións Unidas do Día Internacional da Muller recoñece e homenaxea ás mulleres e as nenas e ás organizacións de mulleres e feministas que están a loitar polo avance da tecnoloxía transformadora e polo acceso á educación dixital. O Día Internacional da Muller de 2023 explorará os efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais e económicas. Tamén poñerá de relevo a importancia de protexer os dereitos das mulleres e as nenas nos espazos dixitais e de abordar a violencia de xénero en liña e a facilitada polas novas tecnoloxías da comunicación.

 

Distribuir contido