A Consellería de Educación está pasando unha enquisa de diagnose de convivencia en todos os centros escolares de Galicia. As enquisas van destinadas ás familias, ao alumnado de 5º e 6º, ao persoal non docente e ao profesorado.
A recollida de datos farase mediante unha ferramenta en liña anónima. A aplicación estará aberta ata o día 29 de abril na seguinte dirección de Internet:
https://www.edu.xunta.gal/convfamil
Cada familia só pode encher unha enquisa, independentemente do número de fillas e fillos que teñan. Temos que ter coidado, porque a clave só se pode empregar unha vez, non permite gardar e continuar noutro momento.
Recordarlles a importancia da colaboración de todos nós neste tipo de iniciativas.
PREMEDE NA IMAXE PARA VER A GALERÍA
O venres 13 de novembro saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 230) a Orde da Consellería de Educación pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, neste caso de educación primaria.
ALUMNADO DESTINATARIO:
- O alumnado que fose beneficiario de axuda para adquisición de material escolar no curso 2020/2021. NON TEN QUE PRESENTAR NINGÚN DOCUMENTO, O CENTRO XA TEN TODA A DOCUMENTACIÓN E FARÉMOSLLES CHEGAR AS MÁSCARAS AO FINALIZAR O PROCESO DE SOLICITUDE.
- Alumnado que non foi beneficiario da axuda, pero pertence a unha familia cunha renta igual ou inferior a 6.000 €. TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO(Anexo I, que poden descargar da páxina web do centro).
PRAZO DE SOLICITUDE: do 16 ao 27 de novembro de 2020.