GUÍA DE LECTURA NADAL 2021

TIN, a nosa mascota da biblio,                           

                               

deséxavos Felices Festas.         

E deixavos unhas recomendacións de lectura

 para que desfrutedes moito destas vacacións.

 

 

 

 

 

 

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

Estimadas familias:

  No Diario Oficial de Galicia do pasado venres (DOG Núm. 218 – venres, 12 de novembro de 2021) saíu publicada a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento  de  distribución  de  máscaras  entre  o  alumnado  matriculado  en  educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). 

  As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €. Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.

 

SOLICITUDES:

-         

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado beneficiario da axuda de material escolar neste curso 2021/2022.

-         

TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar que cumpra algunha das seguintes condicións:

-Pertenza a unha familia cunha renda per capita inferior a 6.000 €.

-Alumnado matriculado en educación especial.

-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

O prazo remata o día 26 de novembro de 2021.

 

 

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido:

1.- Rebeca Piñeiro López

         Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de catro que debe ter o Consello Escolar.

            Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 ou por ser un deles proposto pola ANPA. As votacións no sector pais/nais serán o luns 22 de novembro de 09:30h a 18:00h.

            Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 15 ao 21 de novembro, ambos días inclusive.

O que se fai público para xeral coñecemento.

CONTOS POLA IGUALDADE

Dende a ANPA, queren compartir coas familias un par de contos para ler e seguir afondando nas actividades para a Igualdade que desempeñaron estas dúas semanas o noso alumnado. 

 

OS BOLECHAS POLA IGUALDADE

Eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar.

De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 29 de setembro de 2021), a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de elección ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO.

 

. De acordo co disposto no artígo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elexir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representates de pais continúan como consecuencia da súa elección.

. Son elexibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segungo o modelo que se facilitará nesta web. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do citado día 11 de novembro.

Adxúntanse as instrucións e calendario sobre a renovación do Consello Escolar.

Para presentarse como candidato/a deberase cubrir o seguinte modelo e entregar na secretaría do centro. 

 

Dende o centro agradecemos a vosa colaboración.

Recursos para Samaín

Desfruta do medo coas seguintes actividades.

Para iso, pasa a QR ou fai CLIC na imaxe

CONTOS DE MEDO

SAMAÍN 2021. XOGA CONNOSCO

Distribuir contido