EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua galega

Profesorado 22/23

  Alumnado 22/23   Persoal non docente
   

 

   

Valentina Formoso Gosende (coord.)

 

REPRESENTANTES PROFESORADO:

Raquel Baños Iglesias

 Milagros Diéguez Taboada

Manuel  Maseda  Deán

Larisa Rozados Lorenzo

 

 

 

 

 

  • Noa Mesías- 2º ESO

  • Antía Casabella- 2º ESO

  • Alicia Lariño- 2º ESO

  • Julia Montes- 2º ESO

  • Gabriela Leis- 2º ESO

  • Celia Lema- 2º ESO

  • Celtia Lustres- 2º ESO

  • Saínza Ruíz- 3º ESO

  • Uxía Reyes- 3º ESO

  • Erik Cadavid- 3º ESO

  • Sara Martínez-3º ESO

  • Paula Lourido-3º ESO

  • Paula Mosquera-3º ESO

  • Marta Mayo- 3º ESO

  • Diego Madarnás- 4º ESO

  • Mario Campos- 4º ESO

  • Óscar Pin- 4º ESO

  • Claudia Santalla- 1º ESO

  • Mateo Campos- 1º ESO

  • Antía Castro- 1º ESO

  • Yago Bouzas- 1º ESO

  • Carlota Ageitos- 1º ESO

  • Víctor García- 1º ESO

  • Gael Rodríguez- 1º ESO

  • Sara Sendón- 1º ESO

  • Marco Antonio Márquez-1ºESO

  • Héctor Pin- 1º ESO

 

  Jesús Dono Quintela

 

PROGRAMACIÓN 22/23

Zoe Fernández premiada no Certame artístico Cousas

O pasado 21 de xuño entregáronse os premios do I Certame artístico Cousas que organizou o IES Félix Muriel de Rianxo e alí acudiu a alumna do noso centro, Zoe Fernández Piñeiro, para recoller o seu galardón. Un mes antes, cando se fallaron os premios, xa anunciamos aquí a nova.

Deixámosvos agora a obra artística de Zoe que, ao igual que as Cousas de Castelao, ten debuxo e mais texto.


Reproducimos o texto para que se poida ler ben:

Aínda recordo aqueles paseos por aquel camiño que me levaba
á liberdade. Ao solpor, cando os últimos raios de luz chegaban á miña cara e se
reflectían nos meus ollos. Os pasos lentos, case rítmicos das miñas pernas
deixaban a herba esmagullada. A miña vista, apreciaba unha paisaxe, para min,
fantasiosa.

Observábanse montañas, e montañas, aquilo, non parecía ter
fin. Tamén recordaba o sol agochándose por detrás delas, dándolle unha cor
alaranxada ao ceo, e dando paso á noite. Aínda máis cara diante, campos cheos
de vacas, ovellas, cultivos, todo o que os meus ollos querían apreciar. As
árbores alzábanse ao meu paso, carballos, piñeiros, aciñeiras, e por fin,
escoitando o son da auga dun río que fluía aos meus pés, estaba o paraíso. O
banco. O meu marabilloso banco. Desta vez, baleiro.

Zoe Fernández Piñeiro (1º ESO)



Novos vídeos...Ao son da paisaxe

Deixámosvos os últimos vídeos que fixeron alumnas do EDLG de 1º ESO dentro do proxecto Ao son da paixase. Explican moi clariño dúas plantas que temos no noso patio e seguro que houbo moita xente que non reparou nelas:

 


 

 

Saída de convivio a Rianxo

O pasado 19 de xuño o alumnado do EDLG, acompañado por tres membros do profesorado, achegouse ata Rianxo para unha xornada de convivio e aprendizaxe. Estiveron no IES Félix Muriel visitando o centro: local do Equipo de normalización, aula de polos creativos, patio, cafetaría... e a súa radio, onde Alba, Sara e Paula gravaron as súas impresións da visita.

 

Deixámosvos un vídeo con algunhas imaxes do que foi a xornada: roteiro polo paseo marítimo, visitas ao IES, Museo do Mar e Casa Manuel Antonio e mais un pequeno paseo polo casco histórico

 

Obradoiro de Xulia Pisón

Este luns 13 de maio os integrantes dos diferentes clubs de lectura do instituto tivemos a sorte de recibir no centro a Xulia Pisón, que nos falou da súa historia persoal e como escribiu e debuxou as tres partes de Microalgas. Púxonos a debuxar a nós tamén e creamos os nosos propios personaxes e historias dunhas poucas viñetas. Foi unha sesión moi interesante. Grazas a todas e todos por participar.

 

Por que celebramos un Día das Letras Galegas?

Dado que hai unhas semanas estivo no noso centro Carlos Callón, para presentar o seu Libro negro da lingua galega, colocamos na entrada do IES unha exposición con algúns cartaces con feitos significativos que recolle esta obra súa. Como cadrou moi perto das Letras Galegas, aproveitamos para provocar a reflexión da comunidade educativa facendo que, ao tempo que se informaba sobre Luísa Villalta, tamén procurase neses cartaces respostas á pregunta que formulamos desde o EDLG: Por que celebramos un Día das Letras Galegas?

 

A rapazada do EDLG DE 1º e 2º ESO elaborou os cartaces e mais colocou a exposición

 

Un grupo de alumnas de 1º ESO encargouse de destacar, no Espazo da Igualdade, o pouco número de mulleres homenaxeadas ata o momento.

 

Homenaxeamos a Luísa Villalta, autora das Letras Galegas 2024

Durante a Semana pasada, do 13 ao 16 de maio estivemos a homenaxear a Luísa Villalta no centro. Ademais de enchermos a planta 1 e 2 con información sobre a autora, para dar a coñecer osaspectos máis significativos da súa vida e obra, o xoves 16 estivemos a ler a súa poesía durante os dous recreos. Houbo quen só leu 1 ou 2 versos, outras persoas estrofas ou poemas enteiros. Alumnado, profesorado e persoal non docente compartimos o momento poético poñéndolle voz lírica dunha autora que tamén escribiu teatro e narrativa. Unha pequena mostra podedes vela neste vídeo que recolle fotografías e algunhas voces.

 

 

 

Trocando linguas. Proxecto en colaboración coa USC.

Este curso fomos convidados pola profesora da USC Marta Estévez Grossi a desenvolver con eles o proxecto "Trocando linguas". E en dous grupos, un de 3º ESO  e outro de 4º ESO. Desde o mes de febreiro ata maio, coordinados por esta profesora un día á semana, estivemos a desenvolver unha serie de actividades que fixeron que o alumnado se convertese en investigador sobre a diversidade lingüística da súa familia, do seu centro e do seu concello.

 

Nunha xornada que se desenvolveu no salón de actos da facultade de filoloxía de Santiago o pasado 2 de maio, o alumnado do noso IES, xunto co alumnado participante dos outros dous centros pertencentes ao proxecto (IES Manuel Murguía de Arteixo e IES Perdouro de Burela) presentaron os resultados e mais participaron en actividades conxuntas.

 A noticia na web do concello de Ames

A noticia en El correo gallego

 Neste vídeo pódense ver as bases do proxecto e mais fotografías da xornada:

25 de abril sempre

 

Este ano 2024 celebrouse o 50 aniversario da Revolução dos Cravos, que se produciu o 25 de abril de 1974. Para comemoralo tivemos, xa desde primeiros de abril, unha exposición, que nos cedeu a Associaçom José Afonso na Galiza, na que se ven cartaces de diferentes comemoracións desta efeméride.

A rapazada tamén fixo caraveis de papel e mais deseñou os seus propios cartaces co que construímos un decorado para a actuación do Coro das emocións que, xunto co alumnado de portugués, e todas as persoas voluntarias que quixeron achegarse, cantamos a canción "Grándola, vila morena", interpretada por primeira vez en Compostela, antes de que soase na radio portuguesa como sinal da revolución.

Andaina teatralizada sobre Rosalía de Castro en Ames

O concello de Ames ofreceunos, dentro dos actos para homenaxear a Rosalía de Castro, unha andaina teatralizada por un espazo (a Costa do Mar de ovellas) no que transcorre un dos seus poemas máis famosos (A velliña que está xorda). Esta actividade, programada para o mes de febreiro, non se puido realizar daquela debido á chuvia que deixou o camiño intransitable, polo que se desenvolveu este pasado martes 7 de maio. Alumnado de 3º ESO A e B, que quixo asistir, foi en autobús ata a ponte de Augapesada, onde se encontraron con Rosalía de Castro e logo, desde alí, subiron a Costa do Mar de ovellas, acompañados polos actores e músicos do grupo "Os Quinquilláns" que foron facendo unha representación das partes principais do poema.

 

 

Gañadora do Premio "Matemáticas na vida"

Lara Fernández Portela, alumna de 1º ESO, co texto "Xirando nunha nora cheíña de xeometría" referido á fotografía deste obxecto, foi a gañadora do premio "Matemáticas na vida" convocado polo EDLG. Entregoulle o premio Mariló Padín, profesora de matemáticas e membro do EDLG.

  


Canta xeometría hai nunha nora!

Nesta nora o perímetro está ben marcado, con coloridas
cestas nas que vou un pouco
mareado. Hai circunferencias concéntricas con milleiros
de radios que pola noite se iluminan


para xuntarse nun centro ben destacado, imposible non
miralo!


Entre tanta liña fórmanse ángulos a moreas: agudos,
consecutivos, opostos polo vértice ... de
moitos tamaños e maneiras.

E como a nora moitas voltas ten que dar, agardemos que
ninguén errara ao calcular.


Gañadora do Premio "Matemáticas na vida"

Luísa Villalta vista por Serafín Marcos

Este pasado luns, 6 de maio, comezamos cos actos para homenaxear a Luísa Villalta, escritora á que se lle dedican as Letras Galegas este ano. A primeira actividade foi unha performance teatral sobe a autora coa que o actor e músico Serafín Marcos entretivo o alumnado de 1º ESO

 

Literatura e música: Podcast especial sobre Luisa Villalta

Os MillaFalantes, nesta ocasión, estiveron a investigar un pouco sobre Luisa Villalta, autora á que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas. Un primeiro podcast que nos achegan Alba García, Sara Martínez, Paula Lourido e Erik Cadavid que se centra na relación entre a literatura e a música.

Exposición de toponimia

Dentro dos materiais elaborados para a exposición "Ao son da oralidade" que se organizou no Museo do Pobo Galego no primeiro trimestre deste curso había unha parte dedicada á toponimia. Desde a Sección de toponimia da Real Academia Galega convidáronnos a gravar uns vídeos presentándoa e así o fixemos. Deixámosvos aquí os vídeos e xa sabedes que podedes ver algúns dos materiais da exposición e participar nalgúns dos xogos na planta intermedia, en fronte á biblioteca:

 

Carlos Callón e "O libro negro da lingua galega"

O pasado 4 de abril, o profesor e escritor Carlos Callón estivo no noso centro para falar co alumnado de 4º ESO sobre sociolingüística e historia recente da lingua. Centrouse principalmente en toda a historia de agravios que ten documentada na publicación da súa autoría "O libro negro da lingua galega" e arredor da que este alumnado xa tiña traballado nas aulas.

 

 

 

Gala Enreguéifate 2024

 

Foi o pasado día 3 de abril. O alumnado do EDLG, tanto o do colectivo Euterpe como un pequeno grupo da radio, participou na Gala do Enreguéifate 2024. Os primeiros actuaron coa Orquestra da Regueifa, composta polo noso alumnado xunto con outro dos IES Marco de Camballón de Vila de Cruces e do IES Antonio Fraguas de Santiago. Como as prazas eran moi limitadas só puido acudir unha pequenísima representación de alumnado da radio que se repartiu entre facer entrevistas unhas e recoller información e  datos para reportaxe outras. Tamén estivo actuando no escenario o rapeiro Vila C, estudante de 1º Bac do noso centro.

Aquí quedan as pílulas radiofónicas e mais un pequeno resumo audiovisual da xornada.

 

 

Xurado no Club de debate

O grupo de alumnado de 3º ESO pertencente ao EDLG participou este curso no Club de debate como Xurado Xuvenil. Convidáronos á fase previa a Santa Comba e alí estiveron moi atentos e atentas aos oito debates que se desenvolveron, catro pola mañá e outros catro pola tarde. Tomaron todas as notas, cubriron todas as rúbricas e finalmente as representantes deron o seu veredito. Podedes escoitalo, xunto cas imaxes da xornada, no seguinte vídeo:

 

Celebramos o Día de Rosalía

O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no centro pero tamén participamos nas actividades do Concello de Ames, tanto na gala que celebraron o propio día á tardiña na Casa de Cultura de Bertamiráns, coma coa acción "Luxo no lixo".

Á gala achegámonos cun programa especial sobre Rosalía no que Diego Madarnás fixo en directo o seu programa de "Entrevistas con Diego" cuns "expertos" en Rosalía (Yago, Mateo, Claudia e Héctor)

 

Por un lado, colocamos ao lado das papeleiras do interior do centro os adhesivos que o concello imprimiu dentro da campaña "Luxo no lixo" (coa

que se reivindica a poesía -un luxo- en calquera espazo, mesmo ao lado do lixo). Así podemos ler versos da poeta sempre que vaiamos tirar algo ao lixo, ou o que é o mesmo, ir tirar algo ao lixo para poder ter o luxo de ler poesía.

Tamén fixemos ese día unha lectura voluntaria de poemas nos recreos, en colaboración coa biblioteca.

A rapazada do EDLG de 3º decorou e preparou un espazo de lectura:

 

 

 

 

 

Participa no kahoot do Club de Ciencia

Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, o Club de Ciencia organiza un xogo de preguntas sobre as mulleres científicas das que previamente elaboraron uns cartaces informativos. Bótalle un ollo aos cartaces colocados nos corredores do instituto e participa no kahoot de mulleres científicas. Debes inscribirte na biblioteca nos recreos do venres 9 de febreiro. O concurso celebrarase o venres 16 de febreiro. Consulta as bases e anímate a participar

Paticipación en InnovAmes

 

O pasado venres, 26 de xaneiro, no pavillón polideportivo do Milladoiro participamos na feira de InnovAmes, unha xornada que organizou o Concello de Ames para empresas de innovación, a onde acudiron tamén as universidades e mais varios centros de ensino do concello, entre os que nos atopamos. O tema desta terceira edición foi a intelixencia artificial e ofrecéronnos un interesante obradoiro sobre o chat GPT, pero só tiña capacidade para 25 persoas polo que máis da metade do noso alumnado que foi á feira tivo que quedar fóra.

O Club de ciencias e mais o EDLG participamos colocando os nosos experimentos e a nosa radio nun stand polo que foron pasando durante toda a mañá as persoas que se achegaron ao evento. Aproveitamos para entrevistar a profesorado doutros centros, representantes de empresas e autoridades, desde o alcalde ás concelleiras de promoción económica ou educación.

 

Durante a xornada, todo o alumnado participaba nunha xincana que gañou a rapazada do noso IES.

 

 

Aprendendo a debater

 

O pasado mércores 17 de xaneiro achegámonos ata Rois, convidados polo SNL do concello de Ames, para participar na xornada de formación do Club de Debate, aínda que este ano non imos competir. O alumnado do IES do Milladoiro compartiu a xornada con alumnado de institutos de Carballo, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra. A actividade pretende favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera). Traballáronse contidos relacionados coas habilidades comunicativas e fixéronse prácticas de debate. Tamén houbo outra xornada de formación o día anterior, nesta ocasión en Pontevedra, a onde acudiu o alumnado do IES de Bertamiráns.

Clausura da exposición "Ao son da oralidade: da pedra á palabra" no Museo do Pobo Galego

Esta semana que pasou desmontamos a exposición "Ao son da oralidade: da pedra á palabra" que tivemos -en parcería co IES de Vila de Cruces-  no Museo do Pobo Galego por ser gañadora do Premio Antonio Fraguas. Antes de que se clausurase, o alumnado do EDGLG do IES, responsable de boa parte dos contidos da mesma, foi visitala. Alí foi recibido pola directora do museo e, por non deixar de traballar, aínda fixeron algunha entrevista máis.

Deixámosvos algunhas fotos e vídeos da xornada:

 

 

 

 

 

Vídeos do Concurso "Medio minuto de ciencia en galego"

O pasado martes día 5 de decembro entregáronse os premios do concurso "Medio minuto de ciencia en galego". Presentáronse moitos vídeos e de moi alta calidade polo que o xurado tivo difícil escoller o mellor para cada categoría. Finalmente os vídeos gañadores foron:

"O arco da vella" de Lara Fernández (1º ESO)-Categoría A

 

 "Morte térmica do universo" de Paula Lourido e Sara Martínez (4º ESO). Gañadoras da categoría B

 

 

 

Aquí están os vídeos presentados do alumnado que deu permiso para seren publicados:

Hecho con Padlet

Pechamos o Mes da Ciencia... en galego

Este 30 de novembro pechamos o Mes da Ciencia en Galego ofrecéndolle ao alumnado de 1º da ESO unha demostración dos traballos realizados durante este trimestre polo alumnado do Club de Ciencia.

A temática deste curso xira en torno á saúde e os diferentes grupos de traballo investigaron sobre cultivos bacterianos; detección de catalasa en tecidos e de amidón e vitamina C en diversos alimentos; os efectos do tabaco, das bebidas enerxéticas e da radiación sobre a saúde; a utilización de pigmentos naturais como indicadores de pH; a posoloxía dos medicamentos; o proceso de dixestión ou a identificación de grupos sanguíneos.


O alumnado do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega preparou uns cartaces preciosos cos que puidemos sacar fotos e aproveitar esta xornada para reivindicar, un ano máis, a ciencia na nosa lingua.

Moitas grazas a todas e todos.

Premios do Concurso de relatos de terror

Fallouse o concurso de relatos de terror que un ano máis celebramos no noso centro. Foron premiadas dúas alumnas e un alumno. Trátase de:

Cristina Botana (2º ESO), Andrea Bravo (3º ESO) e Gael Rodríguez (2º ESO).

Os premios (cadanseu vale de 30 euros para un librería) foron entregados por membros do EDLG: dúas profesoras  (Mariló Padín e Patricia Calviño) e mais unha alumna (Gabriela Leis)

 

 

 

Gael tamén recibiu o diploma que acreditaba a súa colaboración na radio durante o curso pasado, xa que non puido estar o día que o director fixo a entrega de todos os diplomas das persoas colaboradoras da radio, voluntarias de biblioteca e mais dos diplomas dalgún alumnado do que fixo os exames de certificación de portugués o curso pasado e que puido achegarse. Deixámosvos unha mostra fotográfica, aínda que...Non toda a rapazada que recibiu o diploma quixo saír na foto...

 

Finalizou o Galitiktokers 2023 coa entrega de premios

O pasado venres 10 de novembro celebrouse na casa da cultura do Milladoiro a entrega de premios do certame de Galitiktokers organizado polo concello de Ames. Xa demos conta no seu día dos obradoiros que se fixeron aquí no centro para o noso alumnado, obradoiros que deron bo resultado xa que varios vídeos quedaron entre os primeiros, sendo gañador o realizado por Lorena Cabero, Antía Lourido e Xulia Rego (alumnas de 1º Bac.)

 Deixámosvos tamén os enlaces a outros vídeos que participaron realizados por alumnado do noso centro:

 

Vídeo de Mario Campos, Iago Varela, Óscar Pin e Hugo Mateos e : A violencia nunca é a solución.

Vídeo de Gabriela Leis, Celtia Lustres, Celia Lema, Aroa Riveiro e Antía Ramos: Como facer filloas

Enreguéifate

O pasado venres, 10 de novembro, estiveron durante a mañá, no noso centro, Lupe Blanco e mais Josiño da Teixeira, dúas grandes personalidades da Regueifa, para ofrecerlles obradoiros ao alumnado de 2º ESO. Estes obradoiros son subvencionados polo Concello de Ames dentro do proxecto Enreguéifate.

Aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes da xornada e outro cunhas demostracións dos resultados

 

 

Celebración do centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos

 En Ames, concretamente en Ortoño, na casa na que viviu algúns anos Rosalía, no ano 1923, isto é, hai 100 anos, fundouse o Seminario de Estudos Galegos.

A conmemoración deste fito histórico desenvolveuse no centro durante o mes de outubro (o día 12 cumpríase o século do seu nacemento) por parte das alumnas e alumnos do EDLG. Fixeron e colocaron uns cartaces no centro e mais gravaron uns vídeos, tanto do proceso do seu traballo nos recreos, como con algunhas informacións que colgaron nas redes sociais do EDLG. Deixámosvos un par deles:

Vídeo de presentación do SEG

 Que foi o SEG?

Última semana para enviar os vídeos ao concurso de Galitiktokers

Desde o EDLG lémbrase que nesta semana remata o prazo para enviar os vídeos que está a facer o alumnado para participar no concurso que organiza o Concello de Ames: Galitiktokers 2023.

O pasado martes 3 de outubro, tivemos no centro unha formación ofrecida polo concello, sobre como facer vídeos e participar no concurso. Alumnado interesado de diferentes niveis educativos, desde 2º ESO  a 1º Bacharelato, tivo oportunidade de participar nos obradoiros, que ocuparon dúas sesións lectivas cada un.

A formadora foi @Pradorrua e a rapazada fixo unha valoración moi positiva da actividade.

Distribuir contido