Andaina teatralizada sobre Rosalía de Castro en Ames

O concello de Ames ofreceunos, dentro dos actos para homenaxear a Rosalía de Castro, unha andaina teatralizada por un espazo (a Costa do Mar de ovellas) no que transcorre un dos seus poemas máis famosos (A velliña que está xorda). Esta actividade, programada para o mes de febreiro, non se puido realizar daquela debido á chuvia que deixou o camiño intransitable, polo que se desenvolveu este pasado martes 7 de maio. Alumnado de 3º ESO A e B, que quixo asistir, foi en autobús ata a ponte de Augapesada, onde se encontraron con Rosalía de Castro e logo, desde alí, subiron a Costa do Mar de ovellas, acompañados polos actores e músicos do grupo "Os Quinquilláns" que foron facendo unha representación das partes principais do poema.