Bioloxía e Xeoloxía |
|
|||
O 22 de decembro de 2022, último día de clase antes de disfrutar das merecidas vacacións de Nadal, o alumnado de 1º ESO asistiu a un obradoiro sobre propiedades dos minerais co xeólogo Francisco Canosa Martínez. Velaquí tedes algunhas imaxes do mesmo.
|
|||
Este martes 22 de novembro o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato fixemos unha saída ao Pico Sacro co xeólogo Francisco Canosa que nos explicou as particularidades deste filón de seixo baixo unha chuvia intensa.
Máis tarde, xa no instituto, contounos cousas da historia xeolóxica galega e fixemos un obradoiro de rochas da nosa contorna cos impresionantes exemplares que Fran nos ensinou na aula.
|
|||
Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual do IES do Milladoiro, curso BIOLOXÏA 2º BAC_ 3º ESO _ 1º ESO. Nela incluirei periódicamente o plan de traballo da materia.
|
|||
Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual: Curso BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º DE ESO C e D. Nela incluirei periódicamente o plan de traballo da materia. |
|||
Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual: Curso Paisaxe e sustentabilidade 1º de ESO. Nela incluirei periodicamente o plan de traballo da materia. |
|||
Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual: Curso Promoción de hábitos de vida saudable 2º de ESO. Nela incluirei periodicamente o plan de traballo da materia.
|
|||
Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual do IES do Milladoiro, curso 3º DE ESO_C_D_E. Nela incluirei periódicamente o plan de traballo da materia.
. |
|||
Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual do IES do Milladoiro, curso 3º DE ESO_C_D_E. Nela incluirei periódicamente o plan de traballo da materia. |
|||
O pasado 7 de novembro de 2019 o alumnado de 4º de ESO das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Cultura Científica, Física e Química e Tecnoloxía realizou unha viaxe didáctica ao Parque Eólico de Sotavento. Dita actividade, organizada conxuntamente polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, permitiu ao alumnado visitar as instalacións do Parque Eólico, así como realizar diferentes actividades didácticas (vivenda bioclimática, taller de enerxía e aula divulgativa, entre outras) guiadas en todo momento por monitores/as especializados/as. |
|||
O xoves 3 de maio o xornalista e divulgador científico Emilio Varela deu unha longa charla ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, na que mesturou os seus coñecementos de xeoloxía, bioloxía, literatura, xeografía, historia etc. |
|||
Onte, 9 de xuño, os grupos de 1º ESO F e 1º ESO G tiveron a sorte de asistir a un relatorio sobre a xeoloxía galega a cargo de Joaquín Rubal, xeógrafo e guía oficial de turismo de Galicia. A actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. |
|||
Con motivo do Día Mundial do Solo (5 de decembro de 2020) o IES do Milladoiro participou na iniciativa promovida polo Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG-CSIC) que consiste en divulgar a exposición "Mantengamos el Suelo Vivo, Protejamos la Biodiversidad del Suelo" elaborada pola FAO. Aquí pódese consultar o mapa interactivo da FAO onde aparecen os centros e demais institucións nas que se está a divulgar a exposición a nivel mundial. |
|||
O alumnado de 2º de bacharelato que cursa a materia de Xeoloxía puido visitar hoxe, 10 de decembro, o Pico sacro e logo a Mina Serrabal, situada no concello de Vedra, e da que es extrae cuarzo branco. A actividade foi organizada polo Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía.
|
|||
O departamento de Bioloxía organizou unha visita do alumnado de 1º de ESO para coñecer as coleccións do Museo de Historia Natural da USC. |
|||
Os alumnos de 2º Bacharelato da materia Ciencias da Terra e Medioambiente visitaron o pasado xoves, 28 de febreiro, a depuradora de augas residuais de Sisalde. Estiveron acompañados de dous técnicos da empresa Espina&Delfín, que lles explicaron o funcionamento das instalacións. |
|||
O alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de bacharelato asistiu o venres 22 de febreiro á conferencia da doctora Concepción González Bello, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC. |
|||
O IES do Milladoiro participa na iniciativa 11 de febreiro, que busca conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia poñendo a disposición dos centros educativos diversos recursos didácticos. Dentro deste programa, o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer a científica Nieves Vidal, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC de Santiago de Compostela e puideron escoitar a súa charla Hai futuro para o noso bosque? |
|||
O mércores 9 de xaneiro, a profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, experta en micoloxía, deu unha charla sobre o tema ao alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato e 3º ESO D, E. Relatora e público quedaron moi satisfeitos da experiencia. |
|||
O pasado 3 de maio de 2018 o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de participar na actividade interdisciplinar "Atlantis. A ciencia do mito". Dita actividade estivo organizada pola biblioteca do centro e os departamentos de bioloxía e xeoloxía, xeografia e historia, filosofía e latín. Construida e conducida polo xornalista e divulgador científico Emilio Varela, estivo centrada en destacar o fundamento científico do mito da Atlántida, analizando dende todas as perspectivas, segundo as palabras do propio conductor da actividade, como puido ser a maior catástrofe natural vivida no mundo antigo, ocorrida na illa grega de Thera (actual Sartorini) na Idade de Bronce, e como esta puido inspirar ao filósofo Platón para crear o mito da Atlántida. |
|||
O vindeiro martes día 8 de maio, ás 16:30 horas, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro unha reunión informativa para as familias do alumnado que asistirá á saída Ferrol-Fragas do Eume do Proxecto Terra (1º ESO), a cargo da profesora de Paisaxe e Sustentabilidade e responsable da actividade, María López Álvarez. |
|||
O luns 23 de abril visitaron o centro dúas persoas de Arquitectura sen Fronteiras, ONG que traballa pola defensa do dereito a un hábitat digno. Traballaron co alumnado de 1 ESO A e F, reflexionando sobre a nosa contorna, valorando os seus aspectos positivos e negativos e facendo propostas de mellora. |
|||
O xoves 22 de marzo o alumnado de 4º de ESO e o alumnado de Bioloxía de 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar o Dr. Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e xefe de grupo do CIBERER (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras). Transmitiunos o amor polo seu traballo e, sobre todo, deu unha lección vital explicando a súa traxectoria profesional con cercanía, simpatía e humildade. |
|||
|
|||
O mércores 24 de xaneiro o alumnado de 4º de ESO visitará o parque eólico de Sotavento nunha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. |
|||
Dende o curso 2016/2017 no IES do Milladoiro impártese a materia de Paisaxe e sustentabilidade en 1º da ESO. Dende entón, Tania Riveiro, investigadora do Grupo RODA do Departamento de Didácticas Aplicadas da USC, colabora coa profesora encargada da materia, María López (Departamento de Ciencias Naturais). Tania Riveiro explica o resultado das súas investigacións nun artigo que vén de ser publicado na Revista Galega da Educación, editada por Nova Escola Galega.
|
|||
O profesor da Facultade de Bioloxía da USC Óscar Cordero acudiu ao noso centro o martes 9 de xaneiro para falar co alumnado de bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato das investigacións no eido da vacinación contra o cancro. Trátase dunha charla dentro do programa A Ponte da USC, no que o noso centro participa. O obxectivo é facilitar o tránsito entre o bacharelato e os estudos superiores e ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de coñecer as últimas investigacións da man dos seus protagonistas. |
|||
O alumnado de 1º da ESO do noso IES viaxou en dúas quendas diferentes, 1º ESO C/D do 4 ao 5 de maio e 1º ESO A/B do 11 ao 12 de maio, ao Courel grazas a formar parte dos Intercambios Territoriais do Proxecto Terra. A experiencia foi estupenda: estudamos a xeoloxía do Courel (e con ela a de Galicia!), camiñamos por un val glaciar (Val da Lucenza), visitamos varias aldeas típicas da zona e algún castro e sobre todo desfrutamos moito do contacto coa natureza. Rematamos a viaxe cun paseo en catamarán polo río Sil para coñecer a paisaxe do Ribeiro. |
|||
O pasado 28 de marzo de 2017, o alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e xeoloxía e 2º de Bacharelato da materia de CTMA realizou, xunto coas profesoras Patricia Furelos Quintela, Irene García Bernadal e Nieves Sampedro Fernández, unha viaxe didáctica ao Parque Eólico de Sotavento, situado en "A Serra da Loba", a 10 km ao sur de As Pontes de García Rodríguez, entre os termos municipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña). Durante a estancia no parque, e guiados/as en todo momento por un/unha monitor/a, realizaron, entre outras, as seguintes actividades: - Visita á aula divulgativa, onde escoitaron unha charla sobre enerxías renovables e non renovables. - Visita demostrativa a unha vivenda bioclimática, deseñada seguindo como criterios fundamentais, a sostentabilidade. o aforro e a eficiencia enerxética. - Visita ao taller de enerxía, onde puideron observar de forma directa o funcionamento de aeroxeradores reais. - Visita a un aeroxerador, onde puideron observar, dende a súa base, o seu interior. O obxectivo desta viaxe foi complementar os contidos do bloque 3 das programacións didácticas de Bioloxía e xeoloxía de 4º de ESO e CTMA de 2º de Bacharelato, así como chamar a atención ao noso alumnado sobre a necesidade de aforro e eficiencia enerxética e o repecto polo medio ambiente. |
|||
Colaboración entre o Departamento de Didácticas Aplicadas da USC e o IES do Milladoiro |
|||
