Bioloxía e Xeoloxía

Saída a Sotavento

Saída a Sotavento

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha saída a Sotavento para o alumnado de 4º de ESO.

Saída a Sotavento

O mércores 24 de xaneiro o alumnado de 4º de ESO visitará o parque eólico de Sotavento nunha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

O IES do Milladoiro na "Revista Galega de Educación"

Dende o curso 2016/2017 no IES do Milladoiro impártese a materia de Paisaxe e sustentabilidade en 1º da ESO. Dende entón, Tania Riveiro, investigadora do Grupo RODA do Departamento de Didácticas Aplicadas da USC, colabora coa profesora encargada da materia, María López (Departamento de Ciencias Naturais). Tania Riveiro explica o resultado das súas investigacións nun artigo que vén de ser publicado na Revista Galega da Educación, editada por Nova Escola Galega.
 

Conferencia: "Vacinas para o cancro"

O profesor da Facultade de Bioloxía da USC Óscar Cordero acudiu ao noso centro o martes 9 de xaneiro para falar co alumnado de bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato das investigacións no eido da vacinación contra o cancro. Trátase dunha charla dentro do programa A Ponte da USC, no que o noso centro participa. O obxectivo é facilitar o tránsito entre o bacharelato e os estudos superiores e ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de coñecer as últimas investigacións da man dos seus protagonistas.

INTERCAMBIO TERRITORIAL PROXECTO-TERRA. VISITA AO COUREL DO ALUMNADO DE 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO do noso IES viaxou en dúas quendas diferentes, 1º ESO C/D do 4 ao 5 de maio e 1º ESO A/B do 11 ao 12 de maio, ao Courel grazas a formar parte dos Intercambios Territoriais do Proxecto Terra. A experiencia foi estupenda: estudamos a xeoloxía do Courel (e con ela a de Galicia!), camiñamos por un val glaciar (Val da Lucenza), visitamos varias aldeas típicas da zona e algún castro e sobre todo desfrutamos moito do contacto coa natureza. Rematamos a viaxe cun paseo en catamarán polo río Sil para coñecer a paisaxe do Ribeiro.
Sol, chuvia, arco da vella que nos recargan de enerxía cara o final de curso! Bota unha ollada á nosa reportaxe gráfica:

Viaxe ao Parque Eólico de Sotavento

O pasado 28 de marzo de 2017,  o alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e xeoloxía e 2º de Bacharelato da materia de CTMA realizou, xunto coas profesoras Patricia Furelos Quintela,  Irene García Bernadal e Nieves Sampedro Fernández, unha viaxe didáctica ao Parque Eólico de Sotavento, situado en "A Serra da Loba", a 10 km ao sur de As Pontes de García Rodríguez, entre os termos municipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña).

Durante a estancia no parque, e guiados/as en todo momento por un/unha monitor/a, realizaron, entre outras, as seguintes actividades:

- Visita á aula divulgativa, onde escoitaron unha charla sobre enerxías renovables e non renovables.

- Visita demostrativa a unha vivenda bioclimática, deseñada seguindo como criterios fundamentais, a sostentabilidade. o aforro e a eficiencia enerxética.

- Visita ao taller de enerxía, onde puideron observar de forma directa o funcionamento de aeroxeradores reais.

- Visita a un aeroxerador, onde puideron observar, dende a súa base, o seu interior.

O obxectivo desta viaxe  foi complementar os contidos do bloque 3 das programacións didácticas de Bioloxía e xeoloxía de 4º de ESO e CTMA de 2º de Bacharelato, así como chamar a atención ao noso alumnado sobre a necesidade de aforro  e eficiencia enerxética e o repecto polo medio ambiente.

 

COLABORACIÓN ENTRE O DEPARTAMENTO DE DIDÁCTICAS APLICADAS DA USC E O IES DO MILLADOIRO

                  

Colaboración entre o Departamento de Didácticas Aplicadas da USC e o IES do Milladoiro

ALMORZOS SAUDABLES NO IES DO MILLADOIRO

Como en cursos anteriores,o Departamento de Ciencias Naturais leva á práctica un dos obxectivos da súa Programación Didáctica: o coñecemento e a concienciación sobre hábitos alimentarios saudables. Na foto,o alumnado de 3º ESO E, ao coidado do profesor Juan Fraga, nun almorzo saudable.

CHARLA "SALVA LA SELVA"

"Mobilízate pola Selva" é unha campaña do Instituto Jane Goodall que pretende sacar á luz o perigoso comercio do Coltán, un mineral imprescindible nos dispositivos electrónicos que se extrae en dubidosas condicións éticas e medioambientais na República Democrática do Congo.

UN ALMORZO SAUDABLE

O mércores 20 de xaneiro un grupo de 4º de ESO realizou na cafetaría do centro un almorzo saudable. A actividade, ao coidado de Juan Fraga, profesor da materia de Bioloxía e Xeoloxía, fai realidade un dos obxectivos recollidos na programación do Departamento de Ciencias Naturais: o coñecemento e a concienciación sobre hábitos alimenticios saudables, en especial os almorzos.

EXPOSICIÓN SOBRE A CÉLULA DO ALUMNADO DE 2º ESO

O alumnado de 2º curso da ESO do IES do Milladoiro vén de facer nas dúas últimas semanas unha exposición sobre a célula con maquetas elaboradas por eles e elas. Aquí vos deixamos algunhas das súas obras de artesanía

: Foto-0024

2º ESO

- TEMA 9:FORZAS E MOVEMENTO

5- As forzas e os seus efectos:

- Inercia; por que é importante empregar o cinto de seguridade: https://www.dropbox.com/s/yyfgoa9xfxmsrr8/Importancia%20y%20efectividad%...

6- A atracción gravitatoria:

- Se deixo caer dous corpos de diferente masa á vez, chegan ao chan ao mesmo tempo?: https://www.dropbox.com/s/jjxmvn8lw2mgwr6/Todos%20os%20corpos%20caen%20%...

7- O principio de Arquímides:

- Por que un flota un barco de aceiro?: https://www.dropbox.com/s/cvl43hx2c3dhybq/Por%20que%20flota%20un%20barco...

- TEMA 10: A ENERXÍA E AS SÚAS FORMAS

2- Tipos de enerxía:

- Lei da conservación da enerxía: https://www.dropbox.com/s/sqooh6iwx8glxvj/lei%20conservaci%C3%B3n%20ener...

- Rozamento:

    + Nave espacial entrando na atmosfera terrestre: https://www.dropbox.com/s/ztvgox3dftzwbgr/rozamento%20ao%20entrar%20na%2...

    + No espazo non hai rozamento: https://www.dropbox.com/s/krndim083sufp26/Sen%20rozamento.avi?dl=0

- Enerxía eléctrica: https://www.youtube.com/watch?v=d9YiX5dY86Y

- Enerxía de fusión nuclear e Spiderman: https://www.dropbox.com/s/ioeep609szsvtd4/octopus.avi?dl=0

3- Traballo:

- Pancas: https://www.dropbox.com/s/6txqje7o84msnpr/pancas.avi?dl=0

4º ESO A

 

 

EXPOSICIÓN DIDÁCTICA EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O mércores 4 de novembro o noso IES festexou o día da CIENCIA EN GALEGO cunha exposición explicativa organizada polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química. Estas son algunhas das imaxes que nos deixou esta actividade:

 DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 

UD.2. A Orixe e Evolución da Vida (CMCo)

Adxunto presentación da UD.2. A orixe e evolución dos seres vivos.

Traballos Homínidos 1º Bach

Visita Parque eólico Sotavento

Alumnado: 1º Bach

 

UNIDADE 1. O UNIVERSO (CIENCIAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEO)

 

Distribuir contido