Circulares informativas

Libros de texto. Curso 2023-2024

MATRÍCULA CURSO 2023/2024

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA EN BACHARELATO

  • 1º BACHARELATO: 29 DE XUÑO
  • 2º BACHARELATO: 30 DE XUÑO

DESCARGA DE IMPRESOS

1º ESO MATRÍCULA

 

2º ESO MATRÍCULA

 

3º ESO MATRÍCULA

 

3º ESO DIVERSIFICACIÓN MATRÍCULA

 

4º ESO MATRÍCULA

 

4º ESO DIVERSIFICACIÓN MATRÍCULA

 

1º BACHARELATO MATRÍCULA

 

2º BACHARELATO MATRÍCULA

 

PROBAS EXTRAORDINARIAS. EXAMES BACHARELATO

  DÍA 19, LUNS DÍA 20, MARTES DÍA 21, MÉRCORES
8:50-10:30

1º BACHARELATO

EDUCACIÓN FÍSICA

(136)

 

 

 

1º BACHARELATO

MATEMÁTICAS I

(136)

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

(136)

 

2º BACHARELATO

MATEMÁTICAS II

(136)

1º BACHARELATO

ECONOMÍA

(132)

 

2º BACHARELATO

XEOGRAFÍA

(136)

 

10:50-12:30

 

1º BACHARELATO

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I

(136)

2º BACHARELATO

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA II

(136)

 

1º BACHARELATO

LATÍN I

(136)

 

1º BACHARELATO

FÍSICA E QUÍMICA

(136)

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

(132)

 LITERATURA UNIVERSAL

(022)

12:50-14:30

1º BACHARELATO

TIC I

(136)

 

1º BACHARELATO

FILOSOFÍA

(136)

 

2º BACHARELATO

HISTORIA DA FILOSOFÍA

(136)

 

1º BACHARELATO

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E CIENCIAS AMBIENTAIS

(132)

LINGUA GALEGA E LITERATURA

(136)

 

2º BACHARELATO

BIOLOXÍA

(132)

 

16:30-18:00  

1º BACHARELATO

INGLÉS i

(136)

 

Axudas para libros de texto. Curso 2023/2024

 

PRAZO: ATA O 21 DE XUÑO, MÉRCORES (INCLUIDO)

DESTINATARIOS

Fondo solidario de libros de texto

  • Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. 

Axudas para adquirir libros de texto

  • Alumnado con discapacidade ≥ 65%) e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE)

Axudas para adquirir material escolar

  • Alumnado matriculado en ESO

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS

  • Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
  • Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

 

CONTÍA DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %

  • A contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia.

  • O importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.

 

CONTÍA DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 75 €
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.
  • O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN

ELECTRÓNICA: UTILIZANDO A APLICACIÓN FONDO LIBROS

LIGAZÓN Á APLICACIÓN FONDO LIBROS

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN FONDO LIBROS
PRESENCIAL

CUMPLIMENTAR

ANEXOS I E II

PRESENCIAL CON ASISTENCIA DA APLICACIÓN

Cubrir os datos na aplicación fondo libros. Imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro

 

TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES
https://sede.xunta.gal/portada
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023&numpub=1&lang=es

 

MÁIS INFORMACIÓN

Orde do 10 de maio de 2023

Preguntas frecuentes fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

Reclamación avaliación final ordinaria. 2º Bacharelato

LUNS, 15 DE MAIO. 8:50 H. ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA DE 2º DE BACHARELATO.

 

Durante os días 15 de maio, luns e 16 de maio, martes, o alumnado ou os seus nais, pais ou titores poderán solicitar, de profesorado , cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o proceso de aprendizaxe dos alumnos, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. Para exercer este dereito poderase aproveitar os tramos horarios do luns, 15 e martes, 16 de maio que coincidan ca impartición da materia. Se esto non é posible, prégase que solicite en conserxería cita previa co profesorado, tan pronto sexa posible.

 

RECLAMACIÓN, NO CENTRO, DIRIXIDAS Á DIRECCIÓN (PRESENTACIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO):

 

  • VENRES, 19 DE MAIO. DE 10:00 A 13:30 H (ese día abrirase o centro para recoller as reclamacións e actuacións relativas á matricula ABAU)

 

  • LUNS, 22 DE MAIO DE 10:00 A 13:30 H



RECLAMACIÓN POR ESCRITO ANTE XEFATURA PROVINCIAL (SE PERSISTE O DESACORDO) NA SECRETARÍA DO CENTRO:

 

  • MARTES, 23 DE MAIO. DE 9:00 A 14:30 H

 

  • MÉRCORES, 24 DE MAIO. DE 9:00 A 14:30 H

 

ACTUACIÓNS POSTERIORES

  • RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS DA XEFATURA TERRITORIAL: MÉRCORES, 31 DE MAIO
  • COMUNICACIÓN DA RESOLUCIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL A CIUG E AOS CENTROS: XOVES, 1 DE XUÑO
  • MATRÍCULA EXTRAORDINARIA PARA ALUMNADO QUE APROBE 2º BACHARELATO NA CONVOCATORIA XUÑO DESPOIS DA RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS: VENRES, 2 DE XUÑO

 

NORMATIVA A TER EN CONTA

 

 

 

Para calquera dúbida consultar en secretaría, xefatura de estudos ou dirección

Calendario de fin de curso

 

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA 2º BACHARELATO: LUNS, 15 DE MAIO. 8:50 H

 

RECLAMACIÓNS AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA 2º BACHARELATO

 

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA 1º BACHARELATO: MÉRCORES, 7 DE XUÑO.

 

RECLAMACIÓNS AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA 1º BACHARELATO: XOVES, 8 DE XUÑO E VENRES, 9 DE XUÑO.

 

PROBAS DE AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA DE BACHARELATO: ENTRE O LUNS, 19 E O E O MÉRCORES, 21 DE XUÑO

 

FINALIZACIÓN DO PERIODO DE ACTIVIDADES LECTIVAS: MÉRCORES, 21 DE XUÑO

 

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO: XOVES, 22 DE XUÑO, ÁS 14:00 H

 

RECLAMACIÓN  DE CUALIFICACIÓNS AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO: VENRES, 23 DE XUÑO E LINS, 26 DE XUÑO

 

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS AVALIACIÓN FINAL ESO E AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA 1º BACHARELATO: LUNS, 26 DE XUÑO SEGUINDO O SEGUINTE HORARIO:

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

10:00 h

11:00 H

12:00 H

13:00 H

14:00 H



RECLAMACIÓNS AVALIACIÓN FINAL ESO E AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BACHARELATO: 27 E 28 DE XUÑO (MARTES E MÉRCORES). DE 9:00 A 14:00 H

Curso 2023/2024. Cursos de ESO e Bacharelato e materias

1º ESO

2º ESO

3º ESO

3º ESO (PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR)

4º ESO

4º ESO (PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR)

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

Infórmase que dende a presidencia da Xunta de Galicia, o 27 de abril de 2023, anunciáronse cambios en materia curricular, nas etapas de ESO e Bacharelato, para o vindeiro curso 2023/2024.

Ligazón á información

 

 

Comunicación da dirección do IES do Milladoiro

En relación co coñecemento por parte da dirección do IES do Milladoiro da realización dun documento ou escrito por unha parte do alumnado, que non procede de ningún órgano do IES do Milladoiro, considérase esencial poñer en coñecemento das familias e ter en conta o seguinte:

No noso Plan de Convivencia (páxina 15, dereitos do alumnado, apartado d) aparece recollido o dereito do alumnado a participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración educativa, nos termos previstos no título IV da lei de Convivencia (“Participación directa das familias e dos restantes membros da comunidade educativa no ensino e no proceso educativo”). Este dereito tamén se amosa no artigo 7.1.d da Lei 4/2011 de 30 de xuño de convivencia e participación da comunidade educativa.

No titulo IV da mencionada lei, establécese o seguinte:

Artigo 31. Procedementos de consulta e participación directa no ensino.

1. Para facer efectiva a corresponsabilidade entre o profesorado e as familias na educación dos seus fillos e fillas e garantir a colaboración efectiva entre a familia e a escola, a Administración educativa poderá establecer procedementos de consulta e participación directa das familias. Estes procedementos poderán estenderse a outros membros da comunidade educativa.

2. Os procedementos previstos neste artigo terán como finalidade solicitar as preferencias individuais ou colectivas das nais e pais ou das titoras ou titores do alumnado, do propio alumnado se é maior de idade e, no seu caso, doutros membros da comunidade educativa sobre aspectos determinados da programación xeral do ensino.

3. En ningún caso poderán ser obxecto de consulta os aspectos da programación xeral do ensino regulados directamente por normas con rango de lei ou que haxan de ser regulados pola lei por disposición constitucional

Artigo 32. Principios xerais e garantías dos procedementos de consulta e participación directa.

1. Os procedementos de consulta e participación directa convocaranse por orde da persoa titular da consellería competente en materia de educación antes do inicio do curso escolar no que os resultados dos mesmos teranse en conta para a adopción das correspondentes decisións no ensino por parte da Administración educativa.

2. A orde de convocatoria haberá de publicarse no Diario Oficial de Galicia cunha antelación mínima de quince días con respecto á iniciación do procedemento e establecerá, como mínimo: a) O carácter meramente orientador ou o grao de vinculación que para a Administración educativa e os centros docentes terán os resultados do procedemento. b) As garantías que procedesen #de acordo con a finalidade e o carácter do procedemento para asegurar a protección dos datos de carácter persoal dos participantes, a autenticidade das opinións individuais emitidas e dos resultados globais e a neutralidade da Administración educativa e dos centros docentes na adopción de decisións derivadas do procedemento. c) O prazo de duración do procedemento, que non poderá ser inferior a un día natural nin superior ao período de matrícula que se estableza nas normas de admisión nos centros docentes

3. Os procedementos de consulta e participación directa poderán realizarse mediante a utilización de medios electrónicos, ben nos propios centros docentes, ben de maneira telemática, respectando as garantías establecidas na lexislación sobre acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos e na de protección de datos.

Artigo 33. Acceso das nais e pais ou das titoras ou titores ao profesorado e aos equipos directivos dos centros docentes

1. As disposicións que regulen a distribución do horario semanal individual do profesorado garantirán a dispoñibilidade do mesmo, tivese ou non a condición de titor, para a atención ás nais e pais ou ás titoras ou titores do alumnado.

2. Garantirase igualmente a dispoñibilidade dos membros dos equipos directivos dos centros docentes para a atención ás nais e pais ou ás titoras ou titores do alumnado.

3. Ao dar cumprimento ao previsto neste artigo, procurarase de maneira especial que as horas de atención ás nais e pais ou ás titoras ou titores sexan razoablemente compatibles, dentro do horario do centro, coas obrigacións laborais e familiares dos mesmos


Finalmente, dende a dirección do IES do Milladoiro lémbrase o papel e representación do alumnado. exercido pola xunta de delegados e delegadas do alumnado e a representación do alumndo no Consello Escolar

 

Entrega de libros de texto de 1º e 3º ESO

ENTREGA DE LIBROS  DE TEXTO 1º E 3º DA ESO
 
XOVES 14 DE SETEMBRO E VENRES 15 DE SETEMBRO
HORARIOS
XOVES: DE 10:30 A 12:30,
DE 13:40 A 15:00
E DE 16:00 A 19:30
 
VENRES DE 9:00 A 11:30,
DE 12:30 A 15:00
E DE 16:00 A 18:00    

DEBEN SER RECOLLIDOS POLA PERSONA QUE OS SOLICITOU
NON SE ENTREGARÁN AOS ALUMNOS

Reparto dos libros de 2º e 4º ESO do fondo solidario de libros de texto

Infórmase dende vicedirección que a partir do venres, 9 de setembro, polas mañás, as familias poderán vir a recoller os cheque e os libros de texto do fondo de libros, correspondentes aos cursos de 2º e 4º ESO.

Estase á espera de recibir a totalidade dos libros de texto, correspondentes aos cursos de 1º e 3º ESO, momento no que se informará na páxina web

No presente curso son as familias (e non o alumnado) as que deben recoller os libros de texto.

INICIO DO PERIODO LECTIVO. CURSO 2022/2023

Mércores,  7 de setembro

 

Consulta das listas definitivas dos grupos en ABALAR ou no taboleiro do Centro. 

 

Xoves, 8 de setembro 

 

Presentación de grupos:

  • 11:30 h. 1º e 2º Bacharelato
  • 12:00 h. 4º e 3º ESO
  • 12:30 h. 2º ESO
  • 13:00 h. 1º ESO

 

Venres, 9 de setembro

Inicio das clases no horario habitual

 

Transporte

Inicio normal do transporte  o día 9 de setembro

 

 

CLAUSTRO DE INICIO DE CURSO 2022/2023 E ATENCIÓN NO MES DE AGOSTO

CLAUSTRO DE INICIO DE CURSO 2022/2023

XOVES, 1 DE SETEMBRO. 9:00 h

 

O profesorado que obteña destino no centro na resolución defintiva do CADP pode proporcionar os seus datos (nome, apelidos, especialidade e conta de correo do dominio edu.xunta) ao enderezo de correo electrónico: ies.milladoiro@edu.xunta.gal

 

ATENCIÓN NO MES DE AGOSTO

DE 10:00 A 13:00 h

Chamar, previamente, ao número de teléfono: 717701075

Ampliación do prazo para entrega de solicitudes para participación nas probas de certificación en linguas estranxeiras

Amplíase o prazo para presentar solicitude  de participación nas probas de acreditación de linguas estranxeiras ata o 23  de setembro para os centros. Para facilitar a tramitación  pedimos  que ata o día 21 de setembro se acheguen as solicitudes ao centro .As solicitudes recibidas terán que entregar o seguinte compromiso, que se pode descargar na seguinte ligazón:

COMPROMISO REALIZACIÓN PROBAS DE ACREDITACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

 

Convocatoria de probas de nivel lingüístico para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato

Na Resolución do 10 de xuño de 2022 regúlase a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesironal e Universidade. Os destinatarios desta convocatoria son os centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. As probas están destinadas ao alumnado de bacharelato, ciclos de formación profesional e alumnado de 4º da ESO.

Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira.

IMPORTANTE: Pídese ás familias interesadas en participar nestas probas que o comuniquen ao centro a través de correo electrónico (ies.milladoiro@edu.xunta.gal) antes do día 13 de xullo, indicando nome do alumno e proba á que se quere presentar.

Máis información;

Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Francés: primeira lingua estranxeira no curso 2022/2023 para o alumnado de 1º ESO

O claustro do IES do Milladoiro acordou en reunión ordinaria, celebrada o 30 de xuño de 2022, ofertar a materia de "Francés: primeira lingua estranxeira" para o alumnado de 1º da ESO no vindeiro curso 2022/2023.

O alumando de 1º ESO, xa matriculado, que desexe cambiar de primeira lingua estranxeira, pode acudir ao centro nas mañás do luns 4 de xullo, martes 5 de xullo ou mércores 6 de xullo, en horario de 9:00 a 13:30 horas.

 

Plan dixital do IES do Milladoiro

Libros de texto. Curso 2022/2023

Calendario mes de xuño

SÁBADO, 11 DE XUÑO

Publicación en abalar de:

  • Cursos de  ESO. 3º avaliación
  • Cursos de 1º Bacharelato: avaliación final ordinaria. 

LUNS, 13 DE XUÑO

Entrega de boletíns de avaliación final ordinaria ao alumnado de 1º Bacharelato. Horario de entrega: 10:00 h

LUNS, 13 DE XUÑO E MARTES, 14 DE XUÑO

Reclamacións avaliación final ordinaria 1º Bacharelato. Horario de 9:00 a 14:00 h

ATA O MÉRCORES, 22 DE XUÑO

Periodo lectivo, adicado a actividades de recuperación, reforzo e ampliación

MÉRCORES, 22 DE XUÑO

Último día lectivo

LUNS, 20. MARTES, 21 E MÉRCORES, 22 DE XUÑO

  • Exames de avaliación final extraordinaria de 1º Bacharelato
  • Exames de avaliación final extraordinaria de 2º Bacharelato

LUNS, 27 DE XUÑO

  • Entrega de boletíns de avaliación final extraordinaria ao alumnado de 1º Bacharelato. A partir das 10:00 h
  • Entrega de boletíns de avaliación final extraordinaria ao alumnado de 2º Bacharelato. A partir das 10:00 h

LUNS, 27 E MARTES, 28 DE XUÑO

Reclamacións avaliación final extraordinaria de 1º e 2º Bacharelato

MARTES. 28 DE XUÑO

Entrega de boletíns de avaliación final ordinaria ao alumnado de ESO

  • 10:00 h. 1º ESO
  • 11:00 h. 2º ESO
  • 12:00 h, 3º ESO
  • 13:00 h. 4º ESO 

MARTES 28, MÉRCORES, 29 E XOVES 30 DE XUÑO

Reclamacións  avaliación final ordinaria ao alumnado de ESO

 

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2022/2023

IMPORTANTE: PRAZO ATA O 22 DE XUÑO INCLUÍDO

Está aberto  o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2022/23.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A asignación de libros de texto farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

 

Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

 

O alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais.

 

Será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou para recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado de ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

 

 

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

PRAZO  DE ENTREGA DE SOLICITUDES

Importante: o prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

O alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia, pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun  mes desde a formalización da matrícula.

 

FORMA DE ENTREGA DAS SOLICITUDES

Ademais da presentación presencial no centro, poderá realizarse  a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberase  gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso imprimiranse a solicitude e o anexo II e presentaranse no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (a aolicitude xa terá asignado un número pola aplicación).
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá directamente un aviso co que xa quedará informado de que se ten a solicitude presentada por esa vía.

En ambos os casos o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para continuar coa tramitación.

Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educatio matriculado en  ESO que, a xuízo do centro docente non poida usar os libros de texto do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine.

DESCARGA DA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022 POLA QUE SE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR

 

ANEXO SOLICITUDE

ANEXO II. COMPROBACIÓN DE DATOS DE MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

COPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU DOCUMENTO EQUIVALENTE, FIGURE O ALUMNO OU ALUMNA E DEMAIS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

  • Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.
  • Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído.
  • Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
  • Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
  • A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.


Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde,achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE DO ALUMNO OU ALUMNA OU CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.

 

DOCUMENTACIÓNXUSTIFICATIVA DA SITUACIACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO FAMILIAR, CANDO O AGRESOR FORME PARTE DA UNIDADE FAMILIAR

 

RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA

 

RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA

 

CERTIFICADO DE CONVIVENCIA, VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOS SOCIAIS OU DO ÓRGANO EQUIVALENTE DO CONCELLO ONDE RESIDA A FAMILIA, NO CASO DE QUE O PAIS E A NAI OU OS TITORES CAREZAN DE DNI E NIE

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa preaentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2020, agás no caso de violencia de xénero

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO. 01/04/2022

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.

3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19)

5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas

                                                                                                                  

1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. 

VER LIGAZÓN

Calendario do mes de maio. Exames de pendentes ESO e Bacharelato e avaliación final ordinaria 2º Bacharelato

MATERIAS PENDENTES, MAIO. ESO E BACHARELATO

  • Do luns 2 maio ao martes 10 de maio, exames de materias pendentes.

     

  • Entrega de cualificacións de materias pendentes: 12 de maio (xoves). Deberán recollerse persoalmente na secretaría do centro. (VER MOI IMPORTANTE 1, 2).

     

  • Revisión de exames e presentación de reclamación: xoves 12 de maio e venres 13 (VER MOI IMPORTANTE 3).

     

  • Comunicación ao titor legal (ou interesado maior de idade) da resolución da reclamación: luns 16 de maio ás 14 horas (VER MOI IMPORTANTE 2).

 

2º BACHARELATO 2021/22, MAIO (AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA)

  • Do venres 6 de maio ao mércores, 10 de maio. Exames 2º bacharelato

     

  • Publicación das cualificacións: 18 de maio (mércores).

     

  • Revisión de exames – presentación de reclamación de materias de 2º bacharelato: xoves 19 e venres 20 (VER MOI IMPORTANTE 3).

     

  • Comunicación ao titor legal (ou interesado maior de idade) da resolución da reclamación: luns 23 de maio ás 14 horas (VER MOI IMPORTANTE 2).

     

  • Segunda reclamación (preséntase no centro dirixida á Consellería): martes 24 de maio e mércores 25 de maio, de 9 a 14 h (só se se fixo anteriormente a primeira reclamación ante o centro (VER MOI IMPORTANTE 3).

 

MOI IMPORTANTE

  1. Os boletíns non recollidos serán enviados por correo postal. Neste caso débese ter en conta que probablemente non se reciban ata despois de pasado o prazo de revisión de exames-reclamación ou de matrícula na ABAU, coas consecuencias que iso poida ter

     

  2. A non recollida puntualmente, nese preciso momento, pode supoñer a prescrición dos prazos posteriores, o que implica o decaemento en todos os sucesivos posibles dereitos.

     

  3. A non presentación nos prazos exactos suporá a automática denegación.

Listaxe provisional de alumnado. Admisión curso 2022/2023

Publicada a listaxe provisional de alumnado: admisión para o curso 2022/2023. A consulta pode facerse no taboleiro do centro.

Redes sociais, videoxogos e apostas entre os adolescentes galegos

Segundo o informe que presentou este martes 8 de febreiro UNICEF Comité Galicia, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática, baixo o título ‘Impacto da tecnoloxía na adolescencia en Galicia. Relacións, riscos e oportunidades’, un de cada catro adolescentes en Galicia usa de forma intensiva e sen supervisión internet e as redes sociais; ademais, un de cada cinco podería “ter un certo enganche” aos videoxogos. Un 97'9% dos adolescentes galegos está rexistrado nalgunha rede social e o 80'5%, de feito, está rexistrado en tres ou máis redes sociais. Cinco de cada dez adolescentes, un 53'6%, contactaron con descoñecidos a través de internet, chats ou redes, e un 54'1% aceptou a descoñecidos en redes sociais. Por outra banda, as prácticas do sexting e o ciberacoso son cada vez máis habituais: catro de cada dez adolescentes asegura recibir algunha vez mensaxes de contido erótico/sexual, un de cada dez recibiu –a través de redes, chats, internet ou videoxogos– unha proposición sexual por parte dun adulto, e dous de cada dez poderían estar a sufrir ciberacoso. No relativo aos videoxogos, para o 60% dos adolescentes é a súa principal canle de lecer e entretemento, pero o 50% recoñecen xogar a xogos non recomendados para a súa idade.

Trátase dun tema cada vez máis preocupante e que precisa de máis coñecemento e datos. Por iso, o IES do Milladoiro desexa colaborar coa Fundación Barrié, que está a promover un estudo sobre redes sociais, videoxogos e apostas entre os adolescentes galegos,  coordinado polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Rial Boubeta.

Este estudo supera xa os 5.000 participantes (arredor de 30 centros educativos das catro provincias) e ten como obxectivo acadar unha mostra de 10.000 escolares para poder contar cun alto grao de representatividade nos resultados.

Trátase dunha actividade que permitirá que o centro poida ter un informe sobre esta temática, que permitirá coñecer en profundidade que está a pasar no noso contorno en relación a estes aspectos. É unha información que se podería utilizar no vindeiro curso para desenvolver actividades coas que se podería contar coa colaboración dos organizadores deste estudo.

A actividade consistirá en que cada grupo, nunha hora previamente establecida, entre os días 19 e 30 de abril, cubra un cuestionario en rede nunha das aulas de informática, previamente reservada. Estímase que a duración da actividade situaríase entre os 20-25 minutos.

Achégase un Manual de procedemento no que se explica esta enquisa.

VACANTES. IES DO MILLADOIRO. CURSO 2022/2023

CURSO

         VACANTES

ESTIMADAS

1º ESO 4
2º ESO 6
3º ESO 5
4º ESO 6
1º BACHARELATO. CIENCIAS E TECNOLOXÍA 3
1º BACHARELATO. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 25
1º BACHARELATO. TOTAL 28
2º BACHARELATO. CIENCIAS 15
2º BACHARELATO. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 26
2º BACHARELATO. TOTAL 41

Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2022/2023. 1º ESO

No taboeiro da Secretaría do instituto xa se pode consultar a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2022/2023. 1º ESO.

Publicación do calendario de exames de materias pendentes, ESO e Bacharelato. Curso 2021/2022

Datas oficiais de exames para as materias que se teñan pendentes dalgún dos cursos anteriores:

INICIO CURSO 2021-2022

Fondo de libros de texto: datas e prazos

- Día 9 de xullo: publicación das listaxes provisionais de  solicitudes  admitidas e excluídas e exposición das mesmas no  interior  do centro. As persoas  solicitantes poderán acceder  por vía  electrónica  ao  seu  expediente  a  través  da  aplicación  fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre.

- Período de alegacións: 12 e 13 de xullo, exclusivamente.

*IMPORTANTEo alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria extraordinaria de setembro ten que entregar os libros prestados o día 6 de  setembro ao seu titor ou titora.

- Publicación das listaxes definitivas15 de setembro

Libros de texto para o curso 2021-2022

INFORMACIÓN SETEMBRO. CURSO 2021/2022

Distribuir contido