Circulares informativas

6/9/16-REUNIÓN ACOLLIDA ALUMNADO NOVO E REUNIÓN INFORMATIVA AXUDAS

  • O xoves 8 de setembro ás 19:00 horas terá lugar no IES unha  reunión de acollida destinada ao alumnado novo, que cursará 2º, 3º e 4º da ESO ee 2º de BACH, e ás súas familias.
  • O luns 12 de setembro ás 12:30 horas terá lugar no IES unha reunión informativa coa orientadora sobre a tramitación das axudas do curso 2016_2017 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. [Máis información].

FONDO LIBROS-ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROVISIONAIS (13/7/16)

Publicadas as solicitudes de Admitidos e Excluídos provisionais para participar no Fondo de Libros de texto.

Prazo de alegacións 2 días. PRAZO REMATADO.

Admitidos

Excluídos

13/6/16-FIN DE CURSO + SETEMBRO [2015-2016]

25/05/16-REUNIÓN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA-PROFESIONAL PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO E 2º ESO

O próximo martes 31 de maio, no salón de actos do IES do Milladoiro, celebrarase unha reunión informativa e de orientación académica-profesional para o alumnado que remata 1º ESO e 2º ESO.

20/5/16-ENCONTRO PARA AS FAMILIAS SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Unha vez rematado o Obradoiro de "Alimentación e Nutrición" co alumnado de 2º da ESO, o Concello organiza, este mércores 25 de maio de 19:00 a 21:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, un encontro para os pais/nais co obxectivo de reflexionar sobre a saúde e a educación.

LISTAXES DAS AXUDAS PARA A REALIZACION DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2016

Listaxes correspondentes ao disposto no artigo 14.1 da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 28/03/2016).

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR [2016-2017]

Solicitudes ata o 23 de xuño   //    Devolución de libros ata o 22 de xuño

RESUMO FONDO E AXUDAS LIBROS 2016

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

12/5/16-REUNIÓNS INFORMATIVAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

Reunións informativas de orientación académico-profesional, no salón de actos do IES, o mércores 18 de maio:

  • Para os/as pais/nais do alumnado de 3º da ESO ás 18:30 horas.
  • Para os/as pais/nais do alumnado de 4º da ESO ás 19:15 horas.
  • Para os/as pais/nais acompañados/as do alumnado de 1º de Bacharelato ás 20:00 horas.

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2º BACHARELATO [CURSO 2015/16]

DÍAS NON LECTIVOS: XOVES 5 DE MAIO E VENRES 6 DE MAIO

Recordamos que o xoves 5 de maio, festivo local, e o venres 6 de maio, día non lectivo aprobado polo Consello Escolar, non teremos clase.

CONVOCATORIA PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2016

O programa Xuventude Crea é unha convocatoria da Consellería de Política Social que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña. Poden solicitalo os mozos/as a partir dos 16 anos e o prazo de solicitude remata o 30 de xuño.

IV CAMPUS DE VERANO XUVENCIENCIA DE LUGO 2016

Convócase o programa CAMPUS DE VERANO XUVENCIENCIA para o alumnado de 4º ESO e 1º BACH (hasta 2º BACH para os veteranos) que se desenvolverá dende o 27 de xuño até o 1 de xullo de 9:30 h a 20:30 h no Campus Universitario de Lugo.

21/4/16-CHARLA "BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS" PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO

Recordamos ás familias do alumnado que o luns 25 de abril ás 19:30 horas, no salón de actos do IES do Milladoiro, celebrarase a charla informativa "Bo uso das novas tecnoloxías" para as familias do alumnado, impartida por Igaxes3 (Profesionais do Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector).

CONVOCATORIA DE FOLGA DE ESTUDANTES, MÉRCORES 13 DE ABRIL

A folga de estudantes convocada para esta semana desenvolverase nunha única xornada o mércores 13 de abril.

ADMISIÓN PARA O CURSO 2016/2017

Comunícase que resultaron admitidas todas as solicitudes de Reserva do centro adscrito (CEP Ventín); igualmente, todas as solicitudes de Admisión realizadas, coa única excepción dunha delas feita para 2º de bacharelato de Ciencias (por, de momento, falta de prazas vacantes).

As listaxes completas están a disposición no taboleiro de entrada do centro.

 

7/4/16-DETECTADOS CASOS DE PIOLLOS

Detectáronse casos de piollos no Instituto. Solicitámoslles que extremen o coidado das medidas de hixiene para evitar a extensión do problema.

5/4/2016-CHARLA "BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS" PARA TODAS AS FAMILIAS CON ALUMNADO NA ESO

O luns 25 de abril ás 19:30 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha charla informativa para os pais/nais/titores/as legais do alumnado do centro sobre “Bo uso das Novas Tecnoloxías” impartida por Igaxes3.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016 (INGLÉS EN GALICIA)

No DOG do 28/03/2016 publícase a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

17/3/16-INFORMACIÓN DE UTILIDADE PARA AS FAMILIAS: APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

No seguinte enlace remitimos á páxina da Consellería de Educación onde se explica e se ofrecen instrucións sobre as funcionalidades e o uso da aplicación AbalarMóbil, que resulta moi útil para as familias: posibilidade de consultar as cualificacións, aviso diario de faltas de asistencia e puntualidade, etc.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

2/3/16 - CHARLA INFORMATIVA SOBRE A USC PARA AS FAMILIAS DE 2º DE BACHARELATO

O luns 7 de marzo ás 19:00 horas terá lugar unha charla informativa sobre a USC para as familias do alumnado de 2º de Bacharelato impartida polo profesor Antonio Segura Iglesias, Decano da Facultade de Bioloxía da USC. Esta actividade está enmarcada dentro do programa A ponte entre o ensino medio e a USC, e dentro do programa de orientación académico-profesional realizado desde o centro co alumnado de 2º de Bacharelato.

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2016

Ao longo do mes de xullo de 2016 levarase a cabo a sétima edición do Programa Campus Científicos de Verán, iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), xunto coa Fundación Española e co apoio de Obra Social “La Caixa”.

O programa está dirixido ao alumnado de 4º de ESO e de 1º Bacharelato.

22/2/16 - PRAZAS LIBRES NAS CLASES DE REFORZO DO CONCELLO PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO

Os interesados en asistir ás clases de reforzo ofertadas polo Concello de Ames contan aínda con oito prazas para 2º ESO e con catro prazas para 1º ESO. Estas clases impártense no IES do Milladoiro os mércores de 16:30 a 18:30. As persoas interesadas teñen que cubrir unha ficha de inscrición e entregala na Secretaría do Instituto. O derradeiro día de entrega é o martes 1 de marzo. O impreso está dispoñible nesta páxina e na Secretaría do centro.

Preme no enlace para ampliar a información e para acceder á ficha de inscrición:

14/2/16 - INFORMACIÓN SOBRE PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

11/2/2016 - CHARLA INFORMATIVA PARA PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE 1º E 2º ESO: “Internet e Redes Sociais”

O xoves 11 de febreiro ás 19:00 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha charla informativa para os pais/nais/titores/as legais do alumnado de 1º e 2º da ESO sobre “Internet e Redes Sociais” impartida pola Garda Civil dentro do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna”.

COMUNICACIÓN PAIS/NAIS

ENLACES DE INTERESE SOBRE REDES SOCIAIS

PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO (PROA) E MELLORA DA CONVIVENCIA E PROMOCIÓN DA IGUALDADE NOS CENTROS

A solicitude do Instituto do Milladoiro para tomar parte nos Contratos-Programa 2015/2016 da Consellería de Educación foi aceptada. O obxectivo desta iniciativa é acadar a equidade e a excelencia na educación, desenvolvendo as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias.

As dúas actuacións aprobadas son o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) e o de Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

11/11/2015 - CIRCULAR INFORMATIVA: ACTIVIDADE DE XADREZ

12/11/15-CIRCULAR INFORMATIVA: ENQUISA DA CONVIVENCIA ESCOLAR

A administración educativa galega acaba de comunicarnos que xa están dispoñibles as ferramentas coas que se vai levar a cabo unha recollida masiva de datos relativos á convivencia escolar, unha actuación que se enmarca dentro do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Convivencia Escolar 2015-2020, de recente aprobación.

ORDE DO 6 DE NOVEMBRO de 2015: NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

 

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

CONVOCATORIA ERASMUS + 2016

Cómpre destacar as seguintes datas de remate para a solicitude de proxectos:

  • KA1. Mobilidade no ámbito da educación e a formación: 2 de febreiro de 2016 (12:00 h)
  • KA2. Asociacións estratéxicas no ámbito da educación, a formación e xuventude: 31 de marzo de 2016 (12:00 h)

Acceso á convocatoria e guía 2016

BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA 2016-2017

Consulta no enlace a CONVOCATORIA  2016–2017 da Fundación Amancio Ortega.

As inscricións poden realizarse dende o 5 de outubro até o 12 de novembro do 2015 (apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular). Co teu DNI e correo electrónico poderás inscribirte no programa e crear a túa solicitude.

BASES

CALENDARIO

Distribuir contido