AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR [2016-2017]

Solicitudes ata o 23 de xuño   //    Devolución de libros ata o 22 de xuño

RESUMO FONDO E AXUDAS LIBROS 2016

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Hai un único modelo para todas as solicitudes de axudas, que son as seguintes:

  • Fondo libros (1º e 3º ESO, reciben os libros do fondo solidario).

  • Axudas para a adquisición de libros de texto (2º e 4º ESO, compran libros).

  • Axuda para material escolar.

Prazos para a presentación de solicitudes:

  • Prazo de presentación de solicitudes: 18 de maio a 23 de xuño de 2016.

  • Na solicitude figurarán todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o 2016-17.

  • O alumnado de 1º ESO e o que se incorpora ao centro noutros cursos deberá presentar a solicitude antes de formalizar a matrícula.

Para acollerse a estas convocatorias é imprescindible cumprir coa obriga de devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2015/16. As datas límite para a devolución serán as seguintes:

  • Das materias aprobadas en xuño: 23 de xuño.

  • Das materias que queden pendentes para setembro: 7 de setembro.

 

OR 27-04-16- Convocatoria axudas libros de texto e material escolar [2016-2017] [ver ligazón].

OR 27-04-16 [Extracto]-Convocatoria axudas libros de texto e material escolar [2016-2017] [ver ligazón].

O modelo de solicitude pode cumprimentarse e descargarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia [ver ligazón].