Reserva praza para o CEP VENTÍN - Curso 2023-24
Infórmase da apertura do prazo de reserva para o alumnado que vai cursar 1º de primaria no CEP de Ventín. Deberán presentar a solicitude de reserva do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro na secretaría da EEI Milladoiro, ou ben cubrir a instancia a través da Sede electrónica.
Dispoñen de toda a información na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.
No enlace adxunto poden descargar o modelo de solicitude, ou ben solicitalo na conserxería da escola.
Guía Nadal 2022
No documento adxunto achegamos as propostas de lecturas da Rede de Bibliotecas dos centros escolares de Ames para este Nadal
3 de decembro - Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Estimadas familias
Para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade queremos compartir con vós o traballo que estivemos facenda na escola.
Deixámosvos dous enlaces:
Conto " Pepita es especial"
Curta: "La historia real de Pepita"
O "ABC" do consello alimentario na infancia
Estimadas familias
Nestes días podedes ver un cartel no recibidor da escola que invita a formentar hábitos saudables de alimentación. Podedes acceder a máis información descargando o código de barras que aparece no cartel ou a través do seguinte enlace: https://vida-saudable.sergas.gal/cartafol/Consello-alimentario-infancia-Portada/
Xogos tradicionais galegos
O Observatorio do Patrimonio Lúdico presentou unha páxina web e unha aplicación para teléfonos móbiles que teñen por finalidade que se poida poñer en marcha un xogo tradicional galego só con 1 minuto de consulta.
Tamén se pode descargar a aplicación para móbiles desde Google Play ou App Store buscando por "Xogos tradicionais".
Aplicación AbalarMóbil
Infórmase ás familias de novo ingreso que xa poden acceder á aplicación AbalarMóbil. Nos enlaces que se adxuntan ofréceselles toda a información sobre a APP.
Espazo Abalar.
AbalarMóbil: instalación e rexistro
