Biblioteca

Guía Nadal 2020

Achegámosvos a Guía de Nadal 2020 con recomendacións de lecturas para estas festas.

 

Visita de Anxo Moure

Hai uns días tivemos a sorte de contar de novo coa presenza de Anxo Moure na escola. Este ano veunos presentar á Xacia Luviñas, obra editada por Sotelo Blanco;  e pescando contos descubrimos  grandes segredos dos nosos ríos, dos seus habitantes os peixes e do seu batuxo viaxeiro. Grazas Anxo,  por virnos visitar. Sempre é un pracer escoitar as túas fermosas historias.

"ILUSTRANDO POESÍAS"

  Para conmemorar o Día da Poesía temos organizada na escola a exposición "Ilustrando Poesías", onde podedes ver as fermosas creacións do noso alumnado e as súas familias.

Felicidades polo voso traballo e as impresionantes obras que nos achegastes.

Para acceder ás imaxes preme na imaxe.

Entroido 2014

   Podedes acceder ás imaxes da festa do entroido dende este enlace

Visita de Anxo Moure

Aquí vos traemos algunhas imaxes da  fermosa visita que nos fixo Anxo Moure.

Foi unha sorte contar coa túa presenza.

Moitas grazas polo teu traballo e os teus contos.

Visita de Anxo Moure

Este venres día 10 imos recibir na escola a visita de Anxo Moure, contacontos que sabe moito de historias, da terra e de moitas cousas máis                                                                             

 

Distribuir contido