Visita de Anxo Moure

Hai uns días tivemos a sorte de contar de novo coa presenza de Anxo Moure na escola. Este ano veunos presentar á Xacia Luviñas, obra editada por Sotelo Blanco;  e pescando contos descubrimos  grandes segredos dos nosos ríos, dos seus habitantes os peixes e do seu batuxo viaxeiro. Grazas Anxo,  por virnos visitar. Sempre é un pracer escoitar as túas fermosas historias.

Se queredes ver algunhas imaxes da visita premede neste enlace.