Act.Complementarias e Extraescolares

XA TEMOS XOGO NO PATIO

Hoxe é un día de ledicia na escola, pois por fin despois de.......algúns anos temos xa instalado no patio un xogo. Unha fermosa construcción con tobogán, ponte: é a nosa illa pirata. E non chega a nada!!!!

Queremos agradecer ao Concello de Ames que fixera posible esta realidade. Tamén queremos agradecer ás ANPAS da escola que nestes anos loitaron e pediron,  e ao final ven o seu esforzo recompensado.

Cartel e felicitación Nadal 2016

  

 

                        

Visita de futbolistas á EEI Milladoiro

O pasado xoves día 12 recibimos a visita na escola de catro futbolistas: Mª Luz Mendoza, xogadora do F.C. Meigas, entrenadora e  árbitro; e os xogadores da S.D. Compostela Ramón Sánchez, Yacine Kasmi e Raúl Marqueta, así como Ramón castro relacións externas do clube.

Faláronos da súa experiencia, e as súas vivencias ao redor deste deporte. Despois compartiron uns momentos de xogo con nós e invitáronnos a visitar un partido da SD Compostela.

FESTA DO ENTROIDO

Este venres para celebrar o Entroido fixemos unha divertida festa na escola. Aínda que o tempo non axudou moito, pasámolo moi ben, e poidemos disfrutar un ano máis da fermosa actuación que nos brindou  a charanga TNT. Grazas pola vosa entrega; é un pracer contar con vos.

OBRADOIROS NADAL

Hoxe comenzamos os nosos obradoiros de Nadal. Aquí vos deixamos as imaxes do primeiro día, para que vexades o moito que se traballou. E moitas grazas ás avoas, mamás e papás que nos viñeron axudar e que van vir nos vindeiros días. Sin a vosa axuda non seríamos quen de facelo.

Visita ao aeródromo de Lavacolla

Nestes días o alumnado de 6º curso ten visitado as instalacións do aeródromo de Lavacolla.

Foi unha visita estupenda, pasámolo xenial  ¡¡.  Dende aquí queremos dar as grazas ao personal que tan amablemente nos guiaron na visita.

Se queredes acceder á galería  preme sobre a imaxe.

Espectáculo de Magín Blanco "A nena e o grilo nun barquiño"

Este venres o alumnado de 5º e 6º curso tivo a oportunidade de disfrutar do espectáculo da compañía Magín Blanco "A nena e o grilo nun barquiño". Felicidades polo voso traballo, pasámolo xenial.

Se queres ver as imaxes da actividade  preme aquí.

 

OBRADOIROS NADAL

Ao longo desta semana estamos a celebrar os obradoiros de Nadal. Así teremos teremos unha xornada de cociña, outra para facer adobíos e unha máis para elaborar felicitacións.

Aquí podedes ver algunhas das imaxes do traballo que fixemos .

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Este ano celebramos o Samáin na escola. Aquí tedes as fermosas cabazas coas que nos agasallastes                               

.    Felicidades ás familias pola vosa colaboración,

Preme aquí para velas.

Distribuir contido