Xogos tradicionais galegos

O Observatorio  do Patrimonio Lúdico presentou unha páxina web e unha aplicación para teléfonos móbiles que teñen por finalidade que se poida poñer en marcha un xogo tradicional galego só con 1 minuto de consulta.

 

A web é http://xogospopulares.consellodacultura.gal/, e desde ela pódese descargar a aplicación.

 

Tamén se pode descargar a aplicación para móbiles desde Google Play ou App Store buscando por "Xogos tradicionais".