Equipo Dinamización Lingüística
LETRAS GALEGAS 2022 - FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Con motivo do Día das Letras Galegas queremos homenaxear ao autor achegándovos o fermoso traballo feito na escola, " As catro estacións de Florencio" e "Aí ven o Maio", ao que podedes acceder na ligazón: http://coapalabranaboca.blogspot.com/
Festa das Letras
Con notivo do Día das Letras Galegas hoxe tivemos festa na EEI Milladoiro.
Día de Rosalía
Con motivo do Día de Rosalía o alumnado preparou o recitado da poesía "Campanas de Bastaval". O vídeo foi proxectado na Casa da Cultura no acto realizado polo Concello de Ames.
Se premedes aquí podedes acceder ao vídeo.
"Protexendo o Camiño"
O alumnado de 6º curso participou no programa "Protexendo o Camiño", para promover os valores do Camiño de Santiago entre o alumnado de escolas que se atopan nas Rutas Xacobeas.
Contamos coa presenza de Carlos e Quique, ilustrador e narrador do conto no que os seus protagonistas axudarán ao alumnado a descubrir os segredos e o valor económico, social e cultura do Camiño de Santiago. Pincha aquí se queres ver as imaxes da actividade.
Día de Rosalía
O pasado martes conmemoramos o Día de Rosalía. Para elo, o alumnado quixo recitar un fermoso poema, que foi proxectado na Casa da Cultura. Se queredes visionalo, premede neste enlace.
Entroido 2015
Xa chegou o Entroido... Este ano, cos compadres e comadres que poderedes ver o martes día 10 na exposición organizada na escola (pincha aquí se queres ver mais imaxes).
Grazas polos fermosos traballos que fixestes. E ide preparando o disfraz para o venres 13, xa que faremos un desfile e posteriormente unha merenda no pavillón municipal do Milladoiro.
Visita de Anxo Fariña
Recentemente contamos coa presenza do ilustrador Anxo Fariña. Firmounos algúns exemplares da nosa biblioteca e agasallounos con unhas obras recén publicadas. Dende aquí queremos agradecerlle a súa simpatía e implicación. Para nós foi unha experiencia moi enriquecedora. Preme aquí para acceder ás imaxes.
Homenaxe a Rosalía de Castro
Vimos de celebrar o día de Rosalía de Castro e na escola quixemos homenaxeala coa elaboración conxunta do poema "Turra,turra....", actividade organizada polo ENDL da EEI Milladoiro.
Podedes acceder ao vídeo no blog do ENDL "Coa palabra na boca" ou premendo neste enlace.
