Festa das Letras
Con notivo do Día das Letras Galegas hoxe tivemos festa na EEI Milladoiro.
Contamos coa presenza da Asociación Cultural "Os Castros" que nos trouxo unha fermosa música que fixeron as delicias do alumnado e profesorado. Tivemos a oportunidade de bailar, aprender, e deleitarnos coas pezas musicais tradicionais.
Grazas por compartir con nós a vosa música e facernos emocionar nesta mañán.
A muiñeira Vella muiñeira, alma de Galicia; náscenos no sangue con forza e ledicia. Leda muiñeira, amor e canción, ¡rosa que se abre na nosa paixón! Manuel María "Os soños na gaiola |
|