Club de Ciencias |
"Onte, o Club de Ciencia, fixo entrega dos premios da actividade realizada o venres para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Para esta entrega tivemos unhas invitadas moi especiais, Laura Rozas e Claudia Bretaña, exalumnas do centro que actuaron como Marie Curie e Marie Lavoisier e fixeron un experimento ante todas e todos os asistentes ao acto. Moitas grazas a todo o alumnado participante e parabéns aos gañadores: Yago Bouzas, Xoel Reinaldo e Sergio Abucide. E moitas grazas a Laura e Claudia por continuar con tanta implicación co centro, coa ciencia e reivindicando o papel da Muller en tódolos ámbitos " |
|||
"Hoxe 11 de Febreiro é o Día da Muller e a Nena na Ciencia e queremos agradecer a implicación do alumnado do noso centro na actividade sobre científicas realizada onte durante os recreos e organizada polo Club de Ciencia.
Recordarvos que o mércores no primeiro recreo, no salón de actos, unhas científicas moi importantes farán a entrega dos tres primeiros premios, ainda que todas e todos que participastes teredes un agasallo.
Desfrutade do día!!!"
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||
|
|||
|
|||
CLUB DE CIENCIA Árbore de Nadal con material de laboratorio Mensaxes navideñas con elementos da Táboa Periódica Fecendo un caleidociclo Formación dunha árbore de Nadal por reacción REDOX do cobre con nitrato de prata |
|||
|
|||
O vindeiro 29 de novembro (martes), o Club de Ciencia do IES do Milladoiro conmemora o mes da Ciencia en galego cuns obradoiros experimentais, nos que os seus integrantes (rapaces e rapazas de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato) explicarán aos máis pequenos do instituto (alumnado de 1º ESO e 2º ESO) curiosidades da ciencia da mellor maneira para entendela, EXPERIMENTANDO!!! |
|||
O club de ciencias presentou o traballo realizado no curso escolar 2021-2022, no que participou alumnado de 1º e 2º de bacharelato. No seguinte vídeo pódense ver as distintas experiencias que levaron a cabo. Os experimentos realizados no presente curso foron:
“A ciencia é unha forma de pensar, moito máis que un corpo de coñecementos”, Carl Sagan |
|||
