Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2022/2023

IMPORTANTE: PRAZO ATA O 22 DE XUÑO INCLUÍDO

Está aberto  o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2022/23.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A asignación de libros de texto farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

 

Terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

 

O alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros. Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro manuais.

 

Será requisito fundamental para acceder ao Fondo solidario ou para recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado de ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

 

 

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

PRAZO  DE ENTREGA DE SOLICITUDES

Importante: o prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

O alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia, pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun  mes desde a formalización da matrícula.

 

FORMA DE ENTREGA DAS SOLICITUDES

Ademais da presentación presencial no centro, poderá realizarse  a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberase  gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso imprimiranse a solicitude e o anexo II e presentaranse no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (a aolicitude xa terá asignado un número pola aplicación).
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá directamente un aviso co que xa quedará informado de que se ten a solicitude presentada por esa vía.

En ambos os casos o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para continuar coa tramitación.

Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educatio matriculado en  ESO que, a xuízo do centro docente non poida usar os libros de texto do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine.

DESCARGA DA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022 POLA QUE SE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR

 

ANEXO SOLICITUDE

ANEXO II. COMPROBACIÓN DE DATOS DE MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

COPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU DOCUMENTO EQUIVALENTE, FIGURE O ALUMNO OU ALUMNA E DEMAIS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

  • Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.
  • Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído.
  • Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
  • Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
  • A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.


Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde,achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE DO ALUMNO OU ALUMNA OU CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.

 

DOCUMENTACIÓNXUSTIFICATIVA DA SITUACIACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO FAMILIAR, CANDO O AGRESOR FORME PARTE DA UNIDADE FAMILIAR

 

RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA

 

RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA

 

CERTIFICADO DE CONVIVENCIA, VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOS SOCIAIS OU DO ÓRGANO EQUIVALENTE DO CONCELLO ONDE RESIDA A FAMILIA, NO CASO DE QUE O PAIS E A NAI OU OS TITORES CAREZAN DE DNI E NIE

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa preaentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2020, agás no caso de violencia de xénero