EDLG

Xa podemos votar no VIII Concurso de Teatro Lido do Concello de Ames

A partir do 27 de novembro poderemos escoitar en Radio Ames  (107.2 FM) as diversas pezas de teatro lido creadas polo alumnado de ESO dos institutos de Ames. Serán emitidas de luns a venres, de 13:30 a 14: 30 e de 22:00 a 23:00.

Do 27 de novembro ao 4 de decembro podemos votar as nosas pezas favoritas no correo radioteatro@concellodeames.gal ou no teléfono 981 890 452.

Listaxe de grupos participantes do IES do Milladoiro: Aquí

Bases do concurso: Aquí

25 N - Poesía contra a violencia

 O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) deseñou a actividade “Poesía contra a violencia” dentro do marco das actividades do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra as mulleres.

Xornada TEI: xogos populares

 O venres 2 de novembro recibimos no centro a visita do alumnado de cinco anos da escola EEI do Milladoiro. Cada parelliña de infantil foi acollida  por unha parella TEI (Titoría entre iguais) do noso centro, formada por alumnado titor de 3º de ESO e alumnado titorizado de 1º de ESO.

Samaín

Samaín

Constituído o EDLG para o curso 2018/2019

Que é o EDLG?

O EDLG é o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, órgano que debe existir en todos os centros de ensino desde o ano 1991. A lexislación actual (Decreto para o plurilingüismo 79/2010, artigo 15) regula a súa composición e funcionamento.

Obxectivos do EDLG

O EDLG ten como misión organizar actividades para fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa. No IES do Milladoiro deseñamos unha programación con obxectivos a nivel de centro, alumnado, profesorado e familias. Destacamos:

-        Fomentar o uso progresivo da lingua galega na comunidade educativa

-        Dignificar o galego e eliminar prexuízos cara a el

-        Garantir o mantemento do galego para a comunidade galegofalante

-        Ofrecer espazos de aprendizaxe e uso para a comunidade non galegofalante

Quen conforma o EDLG?

Todo EDLG debe estar formado por profesorado, alumnado e persoal non docente.

No IES do Milladoiro, no momento da súa constitución, conta coas seguintes persoas (que poden ir incrementándose conforme avanza o curso):

Profesorado:

Sofía Ardariz (Francés)

Maruxa Fernández (Lingua galega)

Valentina Formoso (Lingua galega)- Coordinadora

Beatriz Otero (Lingua castelá)

Alumnado:

Iago Blanco- 1º ESO C

Marta Méndez- 1º ESO C

Andrea García. 1º ESO C

Paula Quinteiro- 1º ESO C

Iria Ferreiro Castro- 1º ESO B

Damián del Río- 1º ESO D

Sofía Paola Chang Gómez- 1º ESO B

Manuel Caamaño- 3º ESO D

Carolina Montoto- 3º ESO D

Persoal non docente:

Jesús Dono Quintela

 Nota: Calquera persoa que se queira sumar ao EDLG só ten que comunicarllo a calquera das profesoras que integran o Equipo.

Espazo EDLG: O lugar de reunión e traballo co alumnado vai ser a Aula de desdobres 2 (P. 0)

 

Logo do EDLG

Presentámosvos o logo do EDLG. Vaivos axudar a identificar as nosas comunicacións e actividades.

Constituído o EDLG para o curso 2018-2019

Que é o EDLG?

O EDLG é o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, órgano que debe existir en todos os centros de ensino desde o ano 1991. A lexislación actual (Decreto para o plurilingüismo 79/2010, artigo 15) regula a súa composición e funcionamento.

Obxectivos do EDLG

O EDLG ten como misión organizar actividades para fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa. No IES do Milladoiro deseñamos unha programación con obxectivos a nivel de centro, alumnado, profesorado e familias. Destacamos:

-        Fomentar o uso progresivo da lingua galega na comunidade educativa

-        Dignificar o galego e eliminar prexuízos cara a el

-        Garantir o mantemento do galego para a comunidade galegofalante

-        Ofrecer espazos de aprendizaxe e uso para a comunidade non galegofalante

Quen conforma o EDLG?

Todo EDLG debe estar formado por profesorado, alumnado e persoal non docente.

No IES do Milladoiro, no momento da súa constitución, conta coas seguintes persoas (que poden ir incrementándose conforme avanza o curso):

Profesorado:

Ardariz, Sofía (Francés)

Fernández, Maruxa (Lingua galega)

Formoso, Valentina (Lingua galega)- Coordinadora

Otero, Beatriz (Lingua castelá)

Alumnado:

Iago Blanco- 1º ESO C

Marta Méndez- 1º ESO C

Andrea García. 1º ESO C

Paula Quinteiro- 1º ESO C

Iria Ferreiro Castro- 1º ESO B

Damián del Río- 1º ESO D

Sofía Paola Chang Gómez- 1º ESO B

Manuel Caamaño- 3º ESO D

Carolina Montoto- 3º ESO D

 

Persoal non docente:

Jesús Dono Quintela

 

 Nota: Calquera persoa que se queira sumar ao EDLG só ten que comunicarllo a calquera das profesoras que integran o Equipo.

Espazo EDLG: O lugar de reunión e traballo co alumnado vai ser a Aula de desdobres 2 (Planta 0)

 

Correlingua

O pasado luns 7 de maio os/as alumnos/as de 2º de ESO participaron no CORRELINGUA, a carreira polo galego que se iniciou en Bueu o 2 de maio e rematará en Vigo o 16 do mesmo mes, pasando pola Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo, Mondoñedo, Tomiño, Ourense, Monforte de Lemos e Ferrol.

Enquisa sobre a situación sociolingüística do centro

Obradoiro de regueifas para 1º de ESO

O alumnado de 1º de ESO participa no proxecto ENREGUEIFATE que une os concellos de Ames, Carballo, Santiago e Teo.

Día de Rosalía no IES do Milladoiro

Club de debate do Concello de Ames

O luns 5 de febreiro comezaron as actividades de formación dos participantes no Club de debate do Concello de Ames.

Premiados no VII Concurso Radiofónico de Teatro Lido do Concello de Ames

Un dos grupos do IES do Milladoiro participante no VII Concurso Radiofónico de Teatro Lido vén de gañar o Premio do Público na gala organizada polo Concello de Ames o día 20 de decembro na Casa da Cultura de Bertamiráns. Lois Santiago, Hugo López e Isabella Marín, alumnos e alumna de 4º da ESO, recibiron o premio pola peza Lois e os Loisiños, e correspóndelles un agasallo en metálico ademais da satisfacción de ter o recoñecemento do público.

Samaín 2017

VII Concurso radiofónico de Teatro Lido Concello de Ames

O luns 30 de outubro o alumnado do noso centro interesado en participar neste concurso terá unha xornada de formación no pazo da Peregrina de Bertamiráns de 10:25 a 13:30.

CLUB DE DEBATE 2017

O pasado venres 10 de marzo o noso centro participou, en Bertamiráns, na fase comarcal do Club de Debate, con 3 equipos, compostos por alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bach. Non logramos clasificarnos para a fase final, pero fomos o centro que máis equipos presentou, e competimos moi ben nunha actividade na que se investiron horas de preparación (baixo a coordinación do profesorado do EDLG) e que supuxo unha excelente práctica do que é preparar un tema traballando en equipo e o que implica presentarse ante un auditorio para defendelo. Superamos ben esa fase de nervios e quedamos co bo sabor do traballo ben feito. Parabéns ás nosas alumnas e aos nosos alumnos participantes. [Máis información]

Nova en La Voz de Galicia

"RETO DO MANEQUÍN": MÓLLATE POLO GALEGO

 Vídeo "Reto do manequín" sobre o inverno. Actividade do EDLG desenvolvida durante o Festival de Nadal 2016.

OBRADOIRO DE RADIO DO IES DO MILLADOIRO

OBRADOIRO DE MÚSICA E TEATRO CO ALUMNADO DE 1º ESO NO FEIRÓN DAS LETRAS GALEGAS

CORRELINGUA 2016

O I FEIRÓN EN PRENSA

I FEIRÓN DA CULTURA GALEGA

O luns 16 de maio terá lugar dende a 6ª hora o I Feirón das Día das Letras Galegas para o alumnado da ESO. Desenvolveranse ata catorce actividades en diferentes espazos do centro e a 6ª hora todo o alumnado da ESO e 1º BACH.  reunirase no Ximnasio para asistir á actuación do grupo Trópico de Grelos.

CONCURSO "8 MULLERES PARA CELEBRAR O 8 DE MARZO"

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, o equipo de Dinamización Lingüística desenvolveu o Concurso "8 mulleres para o 8 de marzo". Preme na imaxe para acceder á información:

CARTEIS "FÁLAME SEMPRE", EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Dentro das actividades previstas polo Equipo de Dinamización Lingüística para o curso 2015/2016 está unha chamada “Fálame sempre”. O luns 11 de setembro o Instituto apareceu decorado con numerosas mensaxes penduradas de diferentes lugares do centro (entrada, baños, corredores, chanzos...), en forma de globos de texto de banda deseñada con mensaxes positivas que buscan a empatía, o sorriso e a ilusión. Un dos seus obxectivos é provocar a sorpresa con exemplos de palabras ou frases feitas propias da nosa lingua que, nun contexto e formato diferente, fagan reflexionar ou pensar.

GAÑADORES DO V CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES, DESATA A TÚA LINGUA!

Xa temos gañadoras/es do Desata a Lingua 2015:

       Premio ao mellor guión orixinal (200 euros)

Por unanimidade, o xurado acordou outorgarlle o premio ao mellor guión orixinal á peza Somos o que comemos, de Daniel Iglesias Duro, Rafael Tato Penas, Daniel Expósito Patiño e  Jorge Expósito Patiño, de 1º de Bacharelato do IES do Milladoiro.

Premio á mellor interpretación (200 euros)

Por unanimidade, o xurado acordou outorgarlle o premio á mellor interpretación á peza titulada Teleoperadora de Eva López González e Alex Vázquez Senín de 2º de Bacharelato do  IES do Milladoiro.

A entrega de premios é este venres ás 20.30 h na Casa da Cultura de Bertamiráns. Noraboa a todo o alumnado e profesorado participante!!

ACTIVIDADES SAMAÍN

  • O mércores 28 de outubro os alumnos de 3º ESO e 4º PDC asistiron á actuación do contador de contos en galego Celso Sanmartín. Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e polo Equipo da Biblioteca.

Celso Sanmarín

 

  • O xoves 29 de outubro os alumnos de 2º ESO D desprazáronse ás aulas de 1º ESO para facer unha lectura dramatizada de breves fragmentos de terror seleccionados e preparados polos Departamentos de Lingua galega e Lingua Castelá e os alumnos de 1º ESO leron relatos de terror na Biblioteca preparados durante as clases de Lingua galega e Lingua Castelá. Velaquí unhas mostras destas actividades:  

 

 

V CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DO CONCELLO DE AMES, Desata a túa lingua!!!

O departamento de Normalización e Dinamización Lingüística participará no V Concurso  radiofónico de teatro lido de Ames, Desata a Lingua!!!  co seguinte programa:

  • 15 outubro_data límite para formar os grupos
  • 22 outubro_ tres horas de formación no centro para orientar as pezas deses alumnos, a cargo do grupo Ibuprofeno teatro.
  • 26 a 6 novembro_cada grupo achégase un día á radio.
  • 9 novembro_xuntanza no IES do Milladoiro pola tarde para escoitar as pezas.
  • 10 ao 22 novembro_emitirase unha peza por recreo no salón de actos e realizarase a votación da que sairá o premio do público.

 

RECREOS ACTIVOS!! A partir de outubro

 Cubre o modelo de autorización que se xunta neste enlace se queres participar nas actividades de PANKOUR e habilidades ximnásticas.

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

1º recreo

 

 

 

 

 LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

 

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

  LIGA DE DEPORTES (organizado por 1º BACH)

Apuntarse e seguir as ligas no taboleiro do alumnado (planta intermedia)

LUGAR

 

Patio cuberto

Patio cuberto

Patio cuberto

Patio cuberto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2º recreo

 

 XORNALISTAS DO IES DO MILLADOIRO

Quen queira formar parte do Equipo de normalización lingüística e facer unha “revistiña” do ies.

 

 XOGOS DE MESA

Quen queira pasar un bo momento xogando ao xadrez, parchís, cartas, etc.

 PREPARAR ACTUACIÓNS

PARA FESTIVAIS

Quen queira preparar unha coreografía musical para o festival de Nadal

 PARKOUR

XIMNASIA ARTÍSTICA

 

Quen queira practicar saltos, volteos, equilibrios…

LUGAR

 

Aula de informática (Planta baixa)

Desdobre 1 (Planta intermedia)

Ximnasio (Necesario calzado apropiado)

Ximnasio (Necesario calzado apropiado)

Correlingua 2015

Un grupo de 154 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, acompañados por sete profesores/as, mollámonos o día 4 de maio na defensa da nosa lingua. Desafiando a chuvia inclemente que caeu sobre Compostela, participamos no Correlingua e gañamos o concurso de animación.  Regresamos empapados/as, pero contentos e cargados co noso premio: camisetas, atlas, libros, material audiovisual e entradas para o teatro. Fomos os que máis animamos e a nosa canción a que máis se oíu durante a marcha. O curso que vén pensamos repetir! 

Velaquí vos deixamos o noso grito de guerra, que espantou a chuvia de Compostela:

 A CANCIÓN DA TROPA

Tamén saímos na Voz de Galicia

Presume de Lingua

Vídeos gañadores da campaña publicitaria "PRESUME DE LINGUA". Parabéns a todos os participantes.

           
  1º PREMIO   2º PREMIO   3º PREMIO
Distribuir contido