Visita ao Parlamento de Galicia

O Departamento de Economía asistiu este xoves co alumnado de 4º de ESO do IES do Milladoiro a unha visita guiada ó Parlamento de Galicia.

Os alumnos/as coñeceron de primeira man a historia deste edificio e dos valores democráticos que representa, así coma as tres funcións que se desenvolven nel: lexislativa, electiva e de control.

Tamén tiveron a oportunidade de contemplar as numerosas obras de arte que se atopan nos diferentes espazos do edificio, para rematar a visita cunha simulación de debate entre os representantes das tres clases que asistiron.