Charla divulgativa: "Emprendemento cooperativo: unha opción de futuro"

Sandra Becerra, responsable de proxectos de innovación na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, impartiu o martes 15 de xaneiro unha charla divulgativa ao alumnado de cuarto de ESO. Co nome de “O emprendemento cooperativo: unha opción de futuro”, estas xornadas forman parte do programa de actividades de fomento do espírito emprendedor que a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ofrece ao alumnado dos centros educativos da súa demarcación.

Mediante a análise de casos de emprendemento real, a actividade pretende fomentar os valores empresariais, informar da opción do autoemprego como unha alternativa laboral viable e impulsar os valores cooperativos e vinculados á economía social.

A actividade foi organizada polos departamentos de Economía e Orientación, dentro da orientación laboral do alumnado.